Etiquetado: circuitos de carreras

LÍA e NERE, dúas atletas destacables en dúas modalidades diferentes.

Tras a gran sobredose de competicións en Ruta, que tal un pouco de Pista? Como ben sabedes os nosos peques xa están a pleno gas preparando as competicións que se aveciñan. Cando uns xa se estrearon, como é o caso de NERE e LÍA , outros están a puntiño coa “V Liga Galega Escolar Federada-ABANCA” que se iniciará esta fin de semana en Ferrol e á que acudirán numerosos atletas do noso Clube das categorías Benxamín, Alevín e Infantil. Pero deixando de lado o que está por vir, ímonos a centrar nos dous acontecementos que si tiveron lugar:   CONCENTRACIÓN...

CIRCUITO CORRE-SAN 2016

NON DEIXES QUE O MAÑAN SE CONVIRTA EN NUNCA. CORRE Un ano máis moitos foron os membros do Clube que disfrutaron do circuíto de carreiras saudables   CORRESAN , programa de carreiras a pé organizadas pola Federación Galega de Atletismo e patrocinadas polo Concello de Santiago de Compostela a través do seu Departamento de Deportes. O fin deste circuíto é o de  concienciar sobre os beneficios  que a actividade física regular provoca na mellora da calidade de vida de todos aqueles que se animen a practicar. O circuíto constou de catro probas. •             30 de XULLO : CORRESAN RUTA DA PRATA- ANGROIS....

As últimas citas do Fontes do Sar.

As pasadas fins de semana estiveron repletas de carreiras que non deixaron indiferentes aos atletas do noso Club. Así, iniciamos un breve resumo por todas nas que corredores do Fontes do Sar estiveron presentes: II CARREIRA UNIVERSITARIA SOLIDARIA CAMPUS NA NUBE-RUNFORMED. Manténdonos fiel a un dos nosos lemas “Non Todo é Correr”, o Club Atletismo Fontes do Sar quiso aportar o seu graniño de area e participar nesta carreira solidaria que se disputou na tarde do pasado  xoves 21 de Abril no Campus Sur e Alameda de Santiago de Compostela, coa finalidade de recaudar fondos para a Fundación Andrea (de...

Semana Santa entre Carreiras.

Tras unha breve pausa, procedemos a actualizar a información retomando, pola nosa parte, o pracer de mantelos ó día con todo aquilo que ocorre en relación co atletismo e o noso Clube. Algunhas desas citas xa quedaron algo atrás, pero terémolas en conta de tódolos xeitos. Remontámonos á Semana Santa, que a pesares de ser datas festivas de carácter relixioso (para moitos vacacións), sempre atopamos un bó momento para calzar as zapatillas ben sexa para saír a rodar un anaco como para participar nas diversas citas que atopamos no calendario. Para celebrar o día de San Xosé, nada menos que...

Un oco para a Ruta.

Deixando un pouco os Trails a un lado, ímoslles dedicar tamén un pouco de tempo a aqueles que se decantan pola Ruta, que aínda que non sexan as competicións máis abundantes nestes intres, algunha sempre hai … IV MEDIA MARATÓN DE O CARBALLIÑO. O pasado domingo 6 de Marzo  disputouse de forma simultánea no concello de Carballiño a “IV Media Maratón do Carballiño” e a “I Carreira Corta de 7 Km”. En torno ás 10:30h, con saida na Avenida Balneario, atopábamos a Neme disputando a Media Maratón dando tres voltas a un circuito ata completar os 21,097 km da proba,...

A nosa participación nos Trails dos últimos 15 días.

Como ben sabemos tod@s, o trail é unha modalidade do running que ten a particularidade de que o trazado discorre por zonas de monte combinando a dureza do percorrido coa natureza e coa beleza paisaxística. E coas últimas referencias que xa fixemos desta modalidade, é evidente que xa comezamos a tempada dos Trails e que cada vez son máis os que enchen os calendarios dos afeccionados a esta modalidade habéndoos para tódolos gustos, tanto en diversidade paisaxística como en dureza. Son tantos os eventos que xorden deste tipo que ás veces dificulta a decisión por cal decantarse, pero quenes sí...

V Cross Río Liñares 2016-A Estrada.

Outra modalidade que está próxima a chegar ao seu fin nas vindeiras fins de semana coa disputa do Campionato Provincial e do Campionato Galego nas categorías Escolares, e do Campionato Galego para os Veteráns, é o Cross-Campo a Través. Pero xa antes houbo algunha competición deste tipo como foi o caso da fin de semana pasada co  “V Cross Río Liñares 2016” que tivo lugar o sábado 27 de Febreiro nunha desapracible tarde e nun terreo enchoupado case intransitable de terra e de herba dentro do recinto da Sociedade Deportiva Rio Ulla.   Carreira incluída e coa que deu comezo...

Fontes do Sar na Gala do III Circuito Provincial De Carreiras Populares da Deputación de A Couña.

Na tarde do pasado venres 26 de Febreiro celebrouse na Sala de Prensa Juanjo Gallo da Deputación de A Coruña, sita na Cidade Herculina, a “Gala do III Circuito Provincial De Carreiras Populares da Deputación de A Couña”. Acto ao que asistiron atletas do noso Clube que foron premiados pola súa participación nas distintas carreiras que compoñen o circuito obtendo os seguintes resultados : Clasificación Final Individual Nombre Pto Categ. Puntos SOFI D. 1 Benx-F 117 ÁNGELA 3 Alev-F 88 IAGO P. 3 Cad-M 129   Clasificación Final por Clubes Nombre Pto Puntos Cat. Esc. Fem. 1 4.991 Cat. Esc. Masc....

O bo tempo permitiu ós Montañeiros do Fontes do Sar gozar da natureza.

Dada a gran afección que está a ter esta modalidade, o Club Atletismo Fontes do Sar abriu unha nova sección dedicada á Montaña e que cada vez reune a máis adeptos. Será porque en Galicia se hai algo do que sí podemos presumir, é dunha gran variedade de paisaxes dentro do noso perfil xeográfico que permite á práctica deste deporte que está en pleno auxe e de disfrutar de todo o que nos ofrece. Deste xeito os nosos Montañeiros Aventureiros atrevéronse con ….   TRAIL DE SAN ISIDRO. AROUSA-REVOLUTRION TRAIL SERIES 2016. O Trail de San Isidro é a segunda proba do...

IV Trail de San Alberte – Ribeira.

Unha edición máis que, con esta proba, consegue consolidarse como cita obrigada no calendario dos Trails. Esta edición apareceu con novo percorrido, novo perfil, novos sendeiros, novos camiños, novos recunchos achados e cos atletas atoparon no trazado para darlle ese puntiño de dureza que o fai máis atractivo para o disfrute dos amantes desta modalidade. Disputada na mañá do pasado domingo día 31 de Xaneiro no Monte de San Alberte sito na comarca barbancesa. Entorno ás 11:00 horas, reuníanse 337 deportistas na Liña de Saída, entre eles seis do noso Clube, que a pesares da chuvia, do frio e da néboa que estivo...