Etiquetado: Carrera popular

As últimas citas do Fontes do Sar.

As pasadas fins de semana estiveron repletas de carreiras que non deixaron indiferentes aos atletas do noso Club. Así, iniciamos un breve resumo por todas nas que corredores do Fontes do Sar estiveron presentes: II CARREIRA UNIVERSITARIA SOLIDARIA CAMPUS NA NUBE-RUNFORMED. Manténdonos fiel a un dos nosos lemas “Non Todo é Correr”, o Club Atletismo Fontes do Sar quiso aportar o seu graniño de area e participar nesta carreira solidaria que se disputou na tarde do pasado  xoves 21 de Abril no Campus Sur e Alameda de Santiago de Compostela, coa finalidade de recaudar fondos para a Fundación Andrea (de...

Disfrutando coa Corta, Media e Larga distancia en Ruta.

No noso Clube sabemos disfrutar deste deporte. Non pasa unha fin de semana en que non sintamos a necesidade de correr, de brincar, de andar, de calquera xeito, de mover o corpo, no importa se por pista, por monte, por asfalto, simplemente eso, CORRER e, sobre todo, disfrutar …. XVII MEDIO MARATÓN GRAN BAHÍA VIG-BAY. Seis dos nosos atletas desprazáronse o pasado domingo día 10 de Abril a Vigo para participar no “XVII Medio Maratón Gran Bahía Vig-Bay”; proba en ruta cun traxecto de 21,097 km homologados pola RFEA que discurren paralelo á costa entre Vigo e Bayona. Un total de...

Semana Santa entre Carreiras.

Tras unha breve pausa, procedemos a actualizar a información retomando, pola nosa parte, o pracer de mantelos ó día con todo aquilo que ocorre en relación co atletismo e o noso Clube. Algunhas desas citas xa quedaron algo atrás, pero terémolas en conta de tódolos xeitos. Remontámonos á Semana Santa, que a pesares de ser datas festivas de carácter relixioso (para moitos vacacións), sempre atopamos un bó momento para calzar as zapatillas ben sexa para saír a rodar un anaco como para participar nas diversas citas que atopamos no calendario. Para celebrar o día de San Xosé, nada menos que...

Un oco para a Ruta.

Deixando un pouco os Trails a un lado, ímoslles dedicar tamén un pouco de tempo a aqueles que se decantan pola Ruta, que aínda que non sexan as competicións máis abundantes nestes intres, algunha sempre hai … IV MEDIA MARATÓN DE O CARBALLIÑO. O pasado domingo 6 de Marzo  disputouse de forma simultánea no concello de Carballiño a “IV Media Maratón do Carballiño” e a “I Carreira Corta de 7 Km”. En torno ás 10:30h, con saida na Avenida Balneario, atopábamos a Neme disputando a Media Maratón dando tres voltas a un circuito ata completar os 21,097 km da proba,...

Un oco para a Ruta coa Carreira Popular de Padrón e o Cpto. de España de Maratón.

No medio de tanto Trail, Pista Cuberta, Campo a Través,… , tamén temos os que se inclinan máis pola Ruta, ben sexa nas distancias curtas das Carreiras Populares ou nas longas das Medias Maratóns, Maratóns,… Tal foi a fin de semana pasada, onde algúns atletas do noso Clube optaron polo asfalto …   XIV CARREIRA POPULAR CONCELLO DE PADRÓN 2016. Evento organizado pola Concellería de Deportes de Padrón e que tivo lugar na tarde do sábado 20 de Febreiro. Disputáronse carreiras para tódalas categorías con circuitos que percorreron as rúas e a contorna desta vila e nas que puidemos ver...

Fin de semana disfrutando nas alturas a pesares do mal tempo.

E se os nosos pequenos a semana pasada o tiveron complicado coa climatoloxía, que dicir dos nosos Correcamiños …. IV CARREIRA DA FILLOA DE LESTEDO-SUBIDA Ó PICO SACRO que sen importarlles o tempo,  aventuráronse ás alturas transcurrindo por corredoiras e camiños embarrados e cheos de fochangas, e con fortes pendentes, a máis de ter que loitar contra a chuvia, o vento e o frío, que fixo dela unha proba moi dura. Proba dilo témolo neste  VÍDEO pero aínda con esas, non se renderon e fixéronlle fronte aos 9500 m de percorrido … Nombre Pto Dorsal Categ. Prueba T.Oficial LUIS 65 1266...

Outras actuacións do Fontes do Sar nas pasadas fins de semana.

Aínda que xa pasaron algúns días, non podíamos deixar no tinteiro a Nova da participación dun dos nosos atletas na … CARREIRA POPULAR BENÉFICA DE REIS – BARREIROS. Tal foi o caso de Pumi que, o pasado domingo 3 de Xaneiro, se desprazou ata esta localidade para tomar parte desta carreira xunto con outros 52 corredores nunha edición benéfica a prol de UNICEF, completando un percorrido de 12km nun circuito que combinou pistas asfaltadas e camiños de terra compacta. Nombre Pto Dorsal Categ. Prueba T.Oficial Pto Cat. PUMI 35 125 Sen-M 12000 m 1:00.33 12 Páxina Web Regulamento Resultados Fotos...

Coas zapatillas postas no Nadal.

Había que rematar o ano da mellor maneira posible e, os que temos afección polo running, ben sabemos como facelo. No medio de tódolos festexos, quen non atopou un oco para calzar as zapatillas? Inmersos en pleno Nadal, moitos seguirían coas súas saidiñas diarias para contrarestar as comilonas desas datas mantendo os entrenos, namentres outros non dubidaron en participar nalgunha que outra competición. Na derradeira fin de semana do mes pasado, alguns dos nosos atletas participaron en distintos eventos tales como …. V CARREIRA POPULAR DO NADAL 2015 “CAMPO A TRAVES” – RIVEIRA. Nombre Pto Dorsal Categ. Prueba T.Oficial Ritmo...

Fontes do Sar en Sada e Boiro.

Porque no noso Clube non podemos deixar unha fin de semana sen ir correr, ben sexa entrenando ou competindo … I CARREIRA NOCTURNA DE SADA-CRUZ ROJA. O pasado venres 18 de Decembro ás 19:15 horas arrancou esta proda, a “I Carreira Nocturna de Sada-Cruz Roja”que se disputou no casco urbano desta localidade. A cita para os maiores foi a partir das 21:00 horas, situándose en línea de saída para percorrer, tra-lo pistoletazo, un circuito de 5Km, como foi o caso do noso atleta Mario R. (Por) : Nombre Pto Dorsal Categ. Prueba T.Oficial Pto Cat. MARIO R.(POR) 42 314 VetA-M...

Percorrendo a nosa xeografía coa “Subida á Curota”, “C.P. San Cibrao das Viñas”, “Memorial Adolfo Ros” e a “Sin-Son 10K”.

Non hai fin de semana na que os nosos atletas non poñan as zapatillas para ir correr, e que mellor se é competindo … Comezamos o noso percorrido polas Terras do Barbanza …   III SUBIDA Á CUROTA, A POBRA DO CARAMIÑAL. Día da Inmaculada Concepción celebrado por todo o alto, nunca mellor dito, con este evento deportivo ao que acudiron catro dos nosos atletas a pesares de ser un día festivo. Tratábase de subir ata o alto do “Miradoiro da Curota” despois de  completar un traxecto de 7200 m disfrutando ao mesmo tempo dunhas vistas espectaculares; (dende a cima...