Etiquetado: Campo a través

XULLO 2017

XULLO DE 2017 Este xullo foi o mes dos “montunos”, o trail foi a especialidade na que máis se participou . Un par deles, o de Quiroga e o de Boborás nocturno, pensados para os máis atrevidos, para os que non lle da medo perderse no monte  de noite. Unha media maratón, a do Camiño, carreira que gustou moito aos que participaron, un cross  e uns cantos dez miles, foron as participacións dos nosos nun mes na que a meirande parte da xente está en modo vacacións. Facemos resumo do acontecido. CARREIRA IV CARREIRA POPULAR CONCELLO DE CURTIS. CTO DE...

SUBCAMPIONAS no Galego de Campo a Través Escolar – Xogade

O pasado sábado 11 de Marzo, disputabase en Vilalba o Campionato Galego de Campo a Través en Idade Escolar – Xogade, no que o clube estivo representado polo Equipo Infantil Feminino  formado por: Xiana Brea, Candela Cesar, Ainoa Gontán, Carmen Juanatey, Lea Mota e Candela Pereira, Así como por Pablo Rey competindo individualmente na categoría Cadete Masculino. Ata alí desprazaronse acompados polo seus adestrador Diego Pazos e polas súas familias que estiveron animando en todo momento. Comenzou Pablo Rey ás 11:30 horas cunha carreira de 4.400 mentros por un circuito duro, no que reservar forzas na primeira parte da proba...

CROSS, TRAIL, MEDIAS…

  Febreiro dou comezo forte, as dúas primeiras semanas deron para facer cross, trail , medias… Visitamos Cataluña da man de Moure, a Portugal leváronnos Pumi, Saky e Fon. Cada vez as nosas cores vanse máis lonxe!. O trail e as medias foron as disciplinas estrela desta quincena; será que a xente sabe que se achega o entroido e anda a facerlle sitio ás filloas, ás orellas e aos cocidos no bandullo. Pois a queimar que toca. Imos co resumo: CROSS DE A  BAÑA LUGAR: CONCELLO DE A BAÑA DATA: 05 DE FEBREIRO DE 2017 O Concello de A Baña...

Poñemos fin á tempada de Cross-Campo a Través.

CAMPIONATO DE GALICIA DE CAMPO A TRAVÉS VETERÁNS. Na maña do pasado domingo día 6 de Marzo  disputouse en  Fene o Campionato de Galicia de Campo a través de Veteráns. A proba desenvolveuse  nun circuito marcado no barrio de San Valentín. Acudiron á cita atletas dende 35 anos en diante que se atoparon cun terreo moi brando convertido pola choiva en intransitable. Pero iso non foi impedimento para o noso atleta Mario R. … Nombre Pto Dorsal Categ. Prueba T.Oficial Pto Cat. MARIO R. 32 1093 M-35  7.300 m 34.19 16 … capaz de superar calquera obstáculo que atopaba no...

V Cross Río Liñares 2016-A Estrada.

Outra modalidade que está próxima a chegar ao seu fin nas vindeiras fins de semana coa disputa do Campionato Provincial e do Campionato Galego nas categorías Escolares, e do Campionato Galego para os Veteráns, é o Cross-Campo a Través. Pero xa antes houbo algunha competición deste tipo como foi o caso da fin de semana pasada co  “V Cross Río Liñares 2016” que tivo lugar o sábado 27 de Febreiro nunha desapracible tarde e nun terreo enchoupado case intransitable de terra e de herba dentro do recinto da Sociedade Deportiva Rio Ulla.   Carreira incluída e coa que deu comezo...

Santi coa Selección Galega no Campionato de España de Campo a Través Escolar.

Felicitar a un dos nosos adestradores, Santi López Canicoba (Amobla), que foi escollido pola FGA para acompañar á Selección Galega de Campo a Través Escolar (Cadetes e Xuvenís) a Burgos, onde se disputou o Campionato de España desta modalidade, o pasado domingo día 21 de Febreiro, acadando o Bronce co Equipo Cadete Masculino. ¡¡NORABOA!!    

Unha fin de semana entre Campionatos Galegos.

Pódese dicir que no noso Clube hai verdadeira paixón por este deporte,  pois as inclemencias do tempo que azoutou a  pasada fin de semana toda a nosa xeografía, non foi quen de botar atrás aos nosos atletas. Non houbo proba que non estivese acompañada polo vento, pola choiva, auga neve, saraiba e moito, moito frío. Pero como di o refrán “ó mal tempo boa cara”, e así o fixeron tanto grandes coma pequenos  facendolle fronte a tódalas adversidades, sobre todo disfrutando e que dicir dos logros obtidos, e senon vexan ….   CAMPIONATO DE GALICIA DE CAMPO A TRAVÉS POR...

Xornada dedicada ao Campo a Través.

Xornada dedicada ao Campo a Través, a da mañá do domingo día 31 de Xaneiro na localidade de Friol, onde se celebrou o Campionato de Galicia de Cross Corto por Clubes, así como o Campionato de Galicia Cadete e Xuvenil de Campo a Través Individual e por Equipos e o Memorial Alejandro Lorenzo de Campo a Través. En representación do noso Clube  acudiron, a estas citas, cinco atletas da nosa Escola que participaron no … CPTO. DE GALICIA CADETE/XUVENIL INDIV. E CLUBES DE CROSS. Nombre Prueba Categ. Posición MM Ant. Marca MMP Rec. Club SANTISKY 5000 m Xuv-M 32 20.06...

Outras actuacións do Fontes do Sar nas pasadas fins de semana.

Aínda que xa pasaron algúns días, non podíamos deixar no tinteiro a Nova da participación dun dos nosos atletas na … CARREIRA POPULAR BENÉFICA DE REIS – BARREIROS. Tal foi o caso de Pumi que, o pasado domingo 3 de Xaneiro, se desprazou ata esta localidade para tomar parte desta carreira xunto con outros 52 corredores nunha edición benéfica a prol de UNICEF, completando un percorrido de 12km nun circuito que combinou pistas asfaltadas e camiños de terra compacta. Nombre Pto Dorsal Categ. Prueba T.Oficial Pto Cat. PUMI 35 125 Sen-M 12000 m 1:00.33 12 Páxina Web Regulamento Resultados Fotos...

Os máis pequenos na Pista Cuberta e no Campo a Través.

Seguindo cos nosos pequenos de protagonistas, imos ver que deu de sí as dúas derradeiras  fins de semana nas que participaron en dúas modalidades ben distintas pero de plena tempada, como son a Pista Cuberta e o Campo a Través : FINAL DA LIGA GALEGA ESCOLAR FEDERADA EN PISTA CUBERTA. Celebrado o pasado sábado 16 de Xaneiro nas Pistas Cubertas do Pazo dos Deportes de Riazor en A Coruña en xornada de mañá para as categorías Benxamín e Alevín, e en xornada de tarde para a categoría Infantil. Ata alí desprazouse un numeroso grupo da nosa escola, xa que tivemos...