Etiquetado: Campeonato de España

NERE pon o broche douro.

Uns días atrás falabamos dos Campionatos Galegos de Pista A.L. que pecharon a tempada e nos que moitos dos nosos atletas foron partícipes conseguindo un bo posto no Ránking e colgándose algún metal.   Cando para moitos concluía a súa tempada, para NERE non facía máis ca comezar. Como ben sabemos, A súa boa actuación e traxectoria deportiva ó longo da tempada, non pasou desapercibida. No Campionato Galego, no que se proclamou Subcampiona Galega con Medalla de Prata no 300 ml e Subcampiona Galega con Medalla de Bronce no 100 ml, estivo presente O Seleccionador da Federación Galega de Atletismo que non perdeu...

NERE leva ó Fontes do Sar ó Nacional de Pista Cuberta.

  Un grandioso 10º posto para Nere no seu primeiro Campionato de España Cadete Pista Cuberta. Quen puso a guinda para rematar a tempada de Pista Cuberta por todo o alto foi Nere coa súa participación no Campionato de España Cadete que se celebrou a pasada fin de semana no Pazo Municipal dos Deportes de Oviedo (Asturias), o seu primeiro Campionato de este calibre. Ata alí levou a nosa Camiseta Viaxeira acompañada polo adestrador Luis e familiares, puidendo gozar deste evento que se desenvolveu ó longo das dúas xornadas (sábado 12 e domingo 13 de Marzo). Foi notable a súa...

Un oco para a Ruta coa Carreira Popular de Padrón e o Cpto. de España de Maratón.

No medio de tanto Trail, Pista Cuberta, Campo a Través,… , tamén temos os que se inclinan máis pola Ruta, ben sexa nas distancias curtas das Carreiras Populares ou nas longas das Medias Maratóns, Maratóns,… Tal foi a fin de semana pasada, onde algúns atletas do noso Clube optaron polo asfalto …   XIV CARREIRA POPULAR CONCELLO DE PADRÓN 2016. Evento organizado pola Concellería de Deportes de Padrón e que tivo lugar na tarde do sábado 20 de Febreiro. Disputáronse carreiras para tódalas categorías con circuitos que percorreron as rúas e a contorna desta vila e nas que puidemos ver...

Santi coa Selección Galega no Campionato de España de Campo a Través Escolar.

Felicitar a un dos nosos adestradores, Santi López Canicoba (Amobla), que foi escollido pola FGA para acompañar á Selección Galega de Campo a Través Escolar (Cadetes e Xuvenís) a Burgos, onde se disputou o Campionato de España desta modalidade, o pasado domingo día 21 de Febreiro, acadando o Bronce co Equipo Cadete Masculino. ¡¡NORABOA!!    

Pero non todo vai ser Pista

Como non todo vai ser Pista, vámonos centrar noutros tipos de competicións que se disputaron nas pasadas fins de semana e que son propias desta época do ano. Tales son os Trails, os Cross, ademáis das Carreiras Populares que sempre están presentes no calendario de tódolos corredores e en calquera época do ano: 2º TRAIL SAN ANDRÉS DE TEIXIDO 21K- CEDEIRA. Disputado o domingo 22 de Novembro en xornada de mañá, na que estivo presente o frío. E que mellor maneira de combatilo facéndolle fronte a este tipo de probas de largo percorrido e ademáis en montaña. 21 km que discurriron...