Etiquetado: Bronce

A nosa Camiseta Viaxeira por Terras Manchegas.

TROFEO NACIONAL E CAMPIONATO REXIONAL DE MARCHA NO CAMPO DE CRIPTANA (CIUDAD REAL). A nosa Camiseta Viaxeira segue de aventureira, pero desta vez dentro das nosas fronteiras e en máns da nosa pequena gran marchosa Lía. Desprazáronse, ata terras manchegas para disputar o pasado sábado día 16 de Xaneiro o Trofeo Nacional de Marcha  “Villa de los Molinos” de Campo Criptana (Cidade Real), ademáis da nosa representante, un nutrido grupo de marchadores integrados en distintos clubs (Escola de Marcha da Diputación de Pontevedra, Atletismo Cuntis, Escola de Caldas, Vila de Cangas, Comesaña, Friol, Beade, Sekulebedarra Kirol Club, Celta, Lucus, Altletismo...

Coas zapatillas postas no Nadal.

Había que rematar o ano da mellor maneira posible e, os que temos afección polo running, ben sabemos como facelo. No medio de tódolos festexos, quen non atopou un oco para calzar as zapatillas? Inmersos en pleno Nadal, moitos seguirían coas súas saidiñas diarias para contrarestar as comilonas desas datas mantendo os entrenos, namentres outros non dubidaron en participar nalgunha que outra competición. Na derradeira fin de semana do mes pasado, alguns dos nosos atletas participaron en distintos eventos tales como …. V CARREIRA POPULAR DO NADAL 2015 “CAMPO A TRAVES” – RIVEIRA. Nombre Pto Dorsal Categ. Prueba T.Oficial Ritmo...

Campionato de Campo a Través en Idade Escolar – Fase Zonal.

O pasado sábado 12 de Decembro tivo lugar, en xornada de mañá, a 1ª Fase do “Campionato de Campo a Través en Idade Escolar”. Os nosos pequenos acudiron a esta cita disputada no parque da Alameda de Santiago de Compostela, que reuniu ó redor de 400 rapaces da zona. A proba deu comezo en torno ás 11:00 disputando distintas carreiras nun circuito marcado na mesma Alameda, enchendo así de vida o entorno e despertando o asombro dos demáis paseantes da zona. Destacou a gran participación da nosa Escola :   Benxamín Feminino (500 m) : Equipo A (2º) Equipo B...

11 Podiums para o Fontes do Sar na “Gala CorreSan 2015”.

Como xa ben sabedes, o pasado mércores día 2 de Decembro celebrouse no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela a “Gala Circuito CorreSan 2015” que puxo o broche de ouro á “IV Edición do Circuito de Carreiras Saudables CorreSan”, onde se procedeu á entrega de premios, chegando así a súa fin. E como non podía ser doutro modo, o noso Clube subiu a Podium en once ocasións en máns de : CON MEDALLA DE OURO: Iago (Bennxamín Masculino) Sofi D. (Bennxamín Feminino) Mate (Alevín Masculino) Iago P. (Cadete Masculino)   CON MEDALLA DE PRATA: Xiana (Alevín Feminino) Isa Quireza (Veterana B Feminina) Equipo...

Pero non todo vai ser Pista

Como non todo vai ser Pista, vámonos centrar noutros tipos de competicións que se disputaron nas pasadas fins de semana e que son propias desta época do ano. Tales son os Trails, os Cross, ademáis das Carreiras Populares que sempre están presentes no calendario de tódolos corredores e en calquera época do ano: 2º TRAIL SAN ANDRÉS DE TEIXIDO 21K- CEDEIRA. Disputado o domingo 22 de Novembro en xornada de mañá, na que estivo presente o frío. E que mellor maneira de combatilo facéndolle fronte a este tipo de probas de largo percorrido e ademáis en montaña. 21 km que discurriron...

Boa actuación a dos nosos rapaces e rapazas no “XIV Trofeo Cidade de Narón”.

  Os nosos pequenos, non tan pequenos, desprazáronse este sábado 28 de Novembro ata Narón, acompañados polo seu entrenador Luis e o presidente do Clube José Antonio Juanatey, para participar no “XIV Trofeo Cidade de Narón”, que se disputou en xornada de mañá no Estadio de Río Seco, co fin de obter novas marcas ou mellorar as existentes que lles permitirán acadar os seus obxectivos cara a tempada de Pista Cuberta. E así foi, non hai máis que ver os resultados, onde sí se melloraron moitas marcas e estableceron novos Recors do Clube : 60 ml Infantil Masculino Pto. Cat. Nombre MM...

Fin de Semana en Pista coa “Liga Escolar Federada” e o “Campionato Galego de Marcha de Inverno”.

  Fin de semana complicada en canto a condicións meteorolóxicas se refire. O tempo estival acompañou aos nosos pequenos que acudiron, o pasado sábado 21 de Novembro, á cita coa Fase Clasificatoria da Liga Escolar Federada, que tivo lugar, en xornada de mañá, no Estadio Municipal de A Malata en Ferrol e reuniu ás categorías Benxamín, Alevín e Infantil da Zona Norte (Coruña e Lugo). Pese ó mal tempo, os nosos pequenos puxeron tódalas súas ganas para acadar os mellores postos, polo que valoraremos dobremente o seu esforzó, quedando a clasificación da seguinte maneira : 1º Posto, o Equipo Alevín...

Primeira toma de contacto coas pistas co “III Trofeo Atletismo Millaraio”.

Primeira toma de contacto da tempada coas pistas. O Clube de Atletismo Millaraio organizou, coa colaboración do Comité de Xuices da Federación Galega de Atletismo da Delegación de Santiago e da Universidade de Santiago de Compostela, a “III Edición do Trofeo Atletismo Millaraio” que se celebrou o pasado sábado día 7 de Novembro nas pistas do Estadio Universitario de Santiago e que reuniu preto de 500 atletas de tódalas categorías, achegados dende diversos puntos de Galicia para participar en diversas probas de velocidade, medio fondo, fondo e concursos de salto e lanzamento. A Anticipación da data do evento, permitiu una primeira toma de contacto con...

As primeiras carreiras de Novembro.

Unha fin de semana longa, a primeira de Novembro, que permitiu compaxinar a festividade de Tódolos Santos con Samaín, magostos e, como non, algunha que outra carreiriña …… DOMINGO 1 DE NOVEMBRO II CARRERA CENTRO RICARDO BARÓ, OLEIROS. O Centro Ricardo Baró, residencia de persoas con discapacidade intelectual pertencente a Aspronaga, organizou, o pasado domingo 1 de Novembro en Oleiros, este evento no que se disputaron carreiras para tódalas categorías, incluso houbo una proba adaptada pensada para persoas con movilidade reducida. Ata alí foi Xabi, o noso pequeño benxamin, que participou non só na súa correspondente carreira completando una distancia...

Despois dun pequeno paréntese, volvemos de novo repasando o mes de Outubro.

Despois dun pequeno paréntese, volvemos. Antes de nada, pedir desculpas aos nosos seguidores; estamos nun período de virus ó axexo e non só as persoas nos vemos afectados, pois se ve que as tomaron tamén cos equipos informáticos. Pero xa estamos aquí. Agora toca porse ao día. Vexamos que deu de sí o pasado mes de Outubro, pois aínda que o tempo ameazou nalgunha ocasión coa chuvia, foi quen de respetar aos nosos atletas para poder disfrutar na medida do posible, das distintas carreiras que tiveron lugar ao longo do mes; outras, namentres, foron pasadas por auga ou disputadas baixo...