Etiquetado: Bronce

Seguimos colleitando Logros e Títulos en Pista A.L.

Se a semana pasada falábamos do noso Equipo Alevín Feminino como Campionas Galegas de Clubes, nesta ocasión ímolles dedicar un oco ós demáis participantes desta competición así como ós que participaron en distintos Controis de Marcas e no Campionato Provincial de Pista A.L. de XOGADE que se disputaron nas pasadas fins de semana. I TROFEO ATLETISMO BARBANZA – DIA DAS LETRAS GALEGAS. Disputado na tarde do pasado martes 17 de Maio no Estadio Municipal de A Alta da Pobra do Caramiñal. Ata alí desprazáronse algúns dos nosos rapaces acompañados polo seu adestrador Luis na procura de mellores marcas e facerse un oco nos vindeiros campionatos. A súa participación foi notable, vexan...

As últimas citas do Fontes do Sar.

As pasadas fins de semana estiveron repletas de carreiras que non deixaron indiferentes aos atletas do noso Club. Así, iniciamos un breve resumo por todas nas que corredores do Fontes do Sar estiveron presentes: II CARREIRA UNIVERSITARIA SOLIDARIA CAMPUS NA NUBE-RUNFORMED. Manténdonos fiel a un dos nosos lemas “Non Todo é Correr”, o Club Atletismo Fontes do Sar quiso aportar o seu graniño de area e participar nesta carreira solidaria que se disputou na tarde do pasado  xoves 21 de Abril no Campus Sur e Alameda de Santiago de Compostela, coa finalidade de recaudar fondos para a Fundación Andrea (de...

Disfrutando coa Corta, Media e Larga distancia en Ruta.

No noso Clube sabemos disfrutar deste deporte. Non pasa unha fin de semana en que non sintamos a necesidade de correr, de brincar, de andar, de calquera xeito, de mover o corpo, no importa se por pista, por monte, por asfalto, simplemente eso, CORRER e, sobre todo, disfrutar …. XVII MEDIO MARATÓN GRAN BAHÍA VIG-BAY. Seis dos nosos atletas desprazáronse o pasado domingo día 10 de Abril a Vigo para participar no “XVII Medio Maratón Gran Bahía Vig-Bay”; proba en ruta cun traxecto de 21,097 km homologados pola RFEA que discurren paralelo á costa entre Vigo e Bayona. Un total de...

Semana Santa entre Carreiras.

Tras unha breve pausa, procedemos a actualizar a información retomando, pola nosa parte, o pracer de mantelos ó día con todo aquilo que ocorre en relación co atletismo e o noso Clube. Algunhas desas citas xa quedaron algo atrás, pero terémolas en conta de tódolos xeitos. Remontámonos á Semana Santa, que a pesares de ser datas festivas de carácter relixioso (para moitos vacacións), sempre atopamos un bó momento para calzar as zapatillas ben sexa para saír a rodar un anaco como para participar nas diversas citas que atopamos no calendario. Para celebrar o día de San Xosé, nada menos que...

Seis metais no Campionato de Galicia de Pista Cuberta para o Atletismo Fontes do Sar.

  Os nosos atletas Xabi e Carlitos que na última fin de semana do mes de Febreiro disputaron o Campionato Galego de Pista Cuberta, cedíanlle o testigo ás categorías inferiores dándolle paso así a numeros@s atletas da nosa Escola que conseguiron meterse no Campionato Galego de Pista Cuberta despois duns meses de duro traballo e de obter as mínimas en diversas probas e controis de marcas  que se disputaron ata o momento. Excelente actuación a dos atletas do Fontes do Sar neste Campionato para as categorías Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete que se disputaron a fin de semana  do 5 e...

A nosa participación nos Trails dos últimos 15 días.

Como ben sabemos tod@s, o trail é unha modalidade do running que ten a particularidade de que o trazado discorre por zonas de monte combinando a dureza do percorrido coa natureza e coa beleza paisaxística. E coas últimas referencias que xa fixemos desta modalidade, é evidente que xa comezamos a tempada dos Trails e que cada vez son máis os que enchen os calendarios dos afeccionados a esta modalidade habéndoos para tódolos gustos, tanto en diversidade paisaxística como en dureza. Son tantos os eventos que xorden deste tipo que ás veces dificulta a decisión por cal decantarse, pero quenes sí...

Fontes do Sar na Gala do III Circuito Provincial De Carreiras Populares da Deputación de A Couña.

Na tarde do pasado venres 26 de Febreiro celebrouse na Sala de Prensa Juanjo Gallo da Deputación de A Coruña, sita na Cidade Herculina, a “Gala do III Circuito Provincial De Carreiras Populares da Deputación de A Couña”. Acto ao que asistiron atletas do noso Clube que foron premiados pola súa participación nas distintas carreiras que compoñen o circuito obtendo os seguintes resultados : Clasificación Final Individual Nombre Pto Categ. Puntos SOFI D. 1 Benx-F 117 ÁNGELA 3 Alev-F 88 IAGO P. 3 Cad-M 129   Clasificación Final por Clubes Nombre Pto Puntos Cat. Esc. Fem. 1 4.991 Cat. Esc. Masc....

Santi coa Selección Galega no Campionato de España de Campo a Través Escolar.

Felicitar a un dos nosos adestradores, Santi López Canicoba (Amobla), que foi escollido pola FGA para acompañar á Selección Galega de Campo a Través Escolar (Cadetes e Xuvenís) a Burgos, onde se disputou o Campionato de España desta modalidade, o pasado domingo día 21 de Febreiro, acadando o Bronce co Equipo Cadete Masculino. ¡¡NORABOA!!    

Fin de semana disfrutando nas alturas a pesares do mal tempo.

E se os nosos pequenos a semana pasada o tiveron complicado coa climatoloxía, que dicir dos nosos Correcamiños …. IV CARREIRA DA FILLOA DE LESTEDO-SUBIDA Ó PICO SACRO que sen importarlles o tempo,  aventuráronse ás alturas transcurrindo por corredoiras e camiños embarrados e cheos de fochangas, e con fortes pendentes, a máis de ter que loitar contra a chuvia, o vento e o frío, que fixo dela unha proba moi dura. Proba dilo témolo neste  VÍDEO pero aínda con esas, non se renderon e fixéronlle fronte aos 9500 m de percorrido … Nombre Pto Dorsal Categ. Prueba T.Oficial LUIS 65 1266...

Os máis pequenos na Pista Cuberta e no Campo a Través.

Seguindo cos nosos pequenos de protagonistas, imos ver que deu de sí as dúas derradeiras  fins de semana nas que participaron en dúas modalidades ben distintas pero de plena tempada, como son a Pista Cuberta e o Campo a Través : FINAL DA LIGA GALEGA ESCOLAR FEDERADA EN PISTA CUBERTA. Celebrado o pasado sábado 16 de Xaneiro nas Pistas Cubertas do Pazo dos Deportes de Riazor en A Coruña en xornada de mañá para as categorías Benxamín e Alevín, e en xornada de tarde para a categoría Infantil. Ata alí desprazouse un numeroso grupo da nosa escola, xa que tivemos...