Etiquetado: 10K

AGOSTO 2017

AGOSTO 2017 Agosto foi un mes de descanso, poucas foron as participacións en carreiras, tocaba outro tipo de adestramento, festas populares, praia, viaxes, papatorias variadas ou estar deitado á sombra e así se fixo. Facemos un repaso das probas nas que se viu participación dos Sareiros, poucas e curtas.   CARREIRA XXVI Milla Urbana Concello de Ares DATA 05 de agosto de 2017 LUGAR Concello de Ares DISTANCIA Prebiberón: 50m // Biberón:100m // Prebenxamín:250m //Benxamín: 500m // Alevín:800m // Infantil:1000 // Cadete:-Xuvenís-Promesa-Senior e Veteráns: 1600m   A proba denominada XXVI Milla Urbana Concello de Ares tivo lugar o sábado 5...

XULLO 2017

XULLO DE 2017 Este xullo foi o mes dos “montunos”, o trail foi a especialidade na que máis se participou . Un par deles, o de Quiroga e o de Boborás nocturno, pensados para os máis atrevidos, para os que non lle da medo perderse no monte  de noite. Unha media maratón, a do Camiño, carreira que gustou moito aos que participaron, un cross  e uns cantos dez miles, foron as participacións dos nosos nun mes na que a meirande parte da xente está en modo vacacións. Facemos resumo do acontecido. CARREIRA IV CARREIRA POPULAR CONCELLO DE CURTIS. CTO DE...

XUNO DE 2017

Xuño de 2017 Atrás quedou o mes do solsticio de verán, con tempo solleiro e temperaturas en demasía, rematou o colexio, as actividades extraescolares e os adestramentos; demos a benvida a estación pola que agardamos todo o ano. Gozamos da noite máis máxica, a do san Xoán, e tamén corremos moito, quilómetros a gusto de todos, ben feitos, pouco feitos, volta e volta … imos ver.   IV CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE ZAS . V CIRCUÍTO DEP. PROVINCIAL DE A CORUÑA. IV CIRCUÍTO CORRENDO POLA COSTA DA MORTE SÁBADO, 03 DE XUÑO DE 2017. Concello de Zas Distancia: alevín 1000m...

MAIO 2017

 Foi un mes cheo de emocións e, a III edición da Santyago foi sin dubida o máis salientable deste mes que xa rematou. Pero moitos foron os quilómetros que os nosos atletas acumularon a longo deste maio solleiro. Quilómetros de asfalto, en Arteixo, en Frades, en Mazaricos, en Outes, en Lugo… Quilómetros de monte, no Ultra de Cerveira, no Galaica da Pobra, nos Picos de Europa… Quilómetros solidarios, no Campus na Nube, ou na carreira pola Esclerosis Múltiple. Quilómetros pola lingua na carreira das letras. Quilómetros costa arriba, moi costa arriba na subida a Covadonga. Quilómetros pola area na carreira...

UN ABRIL PARA O RECORDO.

Cando xa maio vai polo seu ecuador  poñemos resumo do feito en abril. Temos que pedir desculpas polo retraso pero os frontes abertos son moitos e as horas poucas. Non son tan poucas as  que empregan os nosos  corredores, que non paran: maratóns, medias, carreiras infinitas, e as cabras montesiñas que desta volta chegaron hasta o europeo. Todas e cada unha das participacións teñen moito mérito pero, ás veces abráiamonos porque a nosa xente fai cousa grandiosas. Mención especial para Mario R. que nos representou no europeo de Montaña, acadando un resultado espectacular. E como non, tamén mención para as...

COMENZA O INVERNO

3º SEMANA DE DECEMBRO Entre ceas, carreiras, quedadas, adestramentos e eventos varios case nin nos decatamos que deixamos atrás o ecuador de Decembro. Esta fin de semana os miúdos correron o sábado no Campionato Escolar de Campo a través na Alameda de Santiago de Compostela e algúns fixeron dobre e foron a Touro pola tarde. O domingo unha das citas máis agardadas da tempada a SIN- SON e pola tarde cross en Ordes para os que aínda lles quedaban folgos na faltriqueira. Unha semana de emocións e divertimento, 0 venres 16 celebrouse a cea “ da empresa” no Restaurante Castro,...

ARRANCAMOS DECEMBRO.

ARRANCAMOS DECEMBRO   A media maratón foi a distancia preferida para este primeiro fin de semana de Nadal. Algúns fóronse ao sur da comunidade para correr pola cidade Olívica e outros ao norte para patear pola comarca de Ferrol Terra. No medio e medio quedáronse os que foron ao mar de Boiro.   XII CARREIRA POPULAR “MAR DE BOIRO” 10º Memorial Pepe Buceta. 04 DE DECEMBRO DE 2016 Distancias: 10 km absoluta // escolares 2,5 km // minis 200 metros. BOIRO – A CORUÑA Organizada polo departamento de deportes do Concello de Boiro. O pasado 4 de decembro realizouse en...

REMATAMOS NOVEMBRO.

Rematamos novembro. A derradeira fin de semana de novembro dou para moito, para correr cos vikingos de Catoira, coas animas de San Andrés ou colaborar coa causa na We are ready. Remata o mes de San Martiño que foi ben completiño de quilometros.   III CARREIRA POPULAR ROMARIA VIKINGA 10K DE CATOIRA. 27 DE NOBEMBRO DE 2016 10KM//2KM// 800 m // 400m // 100m. CATOIRA   Esta foi a terceira edición da Carreira romería Vikinga 10k, que se celebrou en Catoira o pasado dia 27 de novembro. A proba bateu record de asistencia. Con alguna modificación no trazado, pasando a...

2ª CARREIRA NOCTURNA SANTYAGO10K.

O pasado sábado 21 de Maio celebrouse esta gran festa deportiva na nosa cidade, a Segunda Edición da Carreira Nocturna de Santiago de Compostela “SantYaGo 10K” organizada e impulsada polo Club Atletismo Fontes do Sar coa colaboración do Multiusos Fontes do Sar – Complexo Deportivo Santa Isabel e do Concello de Santiago, así como dos numerosos Patrocinadores e Entidades Colaboradoras. Despois duns longos meses de traballo para que todo estivera a punto para esa gran noite, especialmente por parte da Directiva do noso Club, chegou a recompensa co éxito ó gran esforzo. Este ano, pese a que as condicións meteorolóxicas non acompañaron moito,...

As últimas citas do Fontes do Sar.

As pasadas fins de semana estiveron repletas de carreiras que non deixaron indiferentes aos atletas do noso Club. Así, iniciamos un breve resumo por todas nas que corredores do Fontes do Sar estiveron presentes: II CARREIRA UNIVERSITARIA SOLIDARIA CAMPUS NA NUBE-RUNFORMED. Manténdonos fiel a un dos nosos lemas “Non Todo é Correr”, o Club Atletismo Fontes do Sar quiso aportar o seu graniño de area e participar nesta carreira solidaria que se disputou na tarde do pasado  xoves 21 de Abril no Campus Sur e Alameda de Santiago de Compostela, coa finalidade de recaudar fondos para a Fundación Andrea (de...