¿Qué somos? ... Un Club, una Escuela, un Equipo, una Familia

A ALIANZA DAS CORES.

  O pasado domingo, 15 DE XANEIRO, un grupo de sareiros acompañados por representantes do Club Vagalume Energía  e do Club Noitebra C.F  fixeron a penúltima etapa do camiño  nun  adestramento conxunto que serviu para reforzar os lazos entre as tres agrupacións. Arzúa – Arca, quilómetros que compartiron  e se gozaron a partes iguales polas tres bancadas. Aínda que a mañá se prevía fría o certo e que a temperatura foi ideal para correr. Logo dun café o grupo saíu de Arzúa ás 10:30 da mañá,  algúns corredores aos que a  distancia se lles facía moita sumáronse a comitiva a...

ÚLTIMAS DO 2016 PRIMEIRAS DO 2017.

  Pechamos o 2016 cargadiño de quilómetros, e comezamos o 2017 co propósito de cargalo aínda máis. Moitos foron os que quixeron comer o turrón para logo sualo correndo; entre celebración e celebración ben cabe unha carreiriña . Xaneiro empeza con forza …. QUE SE PREPARE ESTE 2017 PORQUE NON LLAS IMOS PERDOAR!   24 DE DECEMBRO DE 2016 VII CARREIRA POPULAR SOLIDARIA RUNFOZRUN – 5K DISTANCIAS:  5KM, 1,5 KM, 1KM, 0,5KM, 0,3KM.   A carreira tivo lugar o sábado 24 de decembro de 2016, onde  as diferentes probas deron comezo a partir das 16:00 h da tarde, sobre un...

NTéC : Charla sobre alimentación para deportistas de fondo

Non Todo É Correr (NTéC) !!  Por eso el próximo Miércoles 25 de Enero a las 18:00, en la Sala de Conferencias de la Oficina de CaixaBank de General Pardiñas 4, contaremos con la visita del especialista en Dietética y Nutrición -SANTI CARRO-, que nos asesorará sobre alimentación en la conferencia “Tácticas nutricias para runners y deportistas de fondo“. Podéis conocer más información del ponente escuchando la entrevista que le realizaron hace unos días en Cadena SER: https://goo.gl/RqN5Iz La sala de conferencias da cabida a 40 personas, por lo que se dará acceso por riguroso orden de inscripción y se...

FELICES FESTAS ABELLIÑAS¡

Estamos no momento de pasear polo 2016, de mirar cara atrás e facer balance. Foi un ano grandioso para o noso club, a familia medrou, cada día somos máis e, non é soberbia dicilo, mellores. A camiseta viaxeira saíu do país, percorreu a península de norte a sur e deixouse ver nas illas. Os nosos adestradores (os mellores do mundo mundial) foron recoñecidos con importantes colaboracións, os veteranos en pista acadaron mínimas para o campionato de España, os pequenos triunfaron alí onde foron, somos campións en risas, en emocións e en compañeirismo. Corréronse tres maratóns, unha manchea de medias, centos...

COMENZA O INVERNO

3º SEMANA DE DECEMBRO Entre ceas, carreiras, quedadas, adestramentos e eventos varios case nin nos decatamos que deixamos atrás o ecuador de Decembro. Esta fin de semana os miúdos correron o sábado no Campionato Escolar de Campo a través na Alameda de Santiago de Compostela e algúns fixeron dobre e foron a Touro pola tarde. O domingo unha das citas máis agardadas da tempada a SIN- SON e pola tarde cross en Ordes para os que aínda lles quedaban folgos na faltriqueira. Unha semana de emocións e divertimento, 0 venres 16 celebrouse a cea “ da empresa” no Restaurante Castro,...

Na busca das Mínimas para os Campionatos que se aveciñan.

XV TROFEO CIDADE DE NARON Boa actuación a dos nosos rapaces e rapazas nunha fría e soleada mañá. O máis grandes da Escola, acompañados por algún veterán e respaldados polo seu adestrador Luis, desprazáronse ata Narón co fin de obter novas marcas ou mellorar as existentes que lles permitirán acadar os seus obxectivos cara a tempada de Pista Cuberta.     Alí, o Clube de Atletismo Narón organizou, coa colaboración do Comité de Xuices da Federación Galega de Atletismo da Delegación de Ferrol, o “XV Trofeo Cidade de Narón” que tivo lugar o pasado sábado 26 de Novembro nas pistas do Estadio Municipal...

AVANZA DECEMBRO

Seguimos sumando quilómetros, esforzo, alegrías, podiums… A pasada semana algúns quixeron celebrar a xornada festiva do día 8 correndo en Pontecesures, o sábado tocou Forcarei e o domingo os traileros fóronse a zoquear os montes de Noia. XVII CARREIRA POPULAR DE PONTECESURES Xoves 08 de decembro de 2016 O Concello de Pontecesures organizou a XVII edición da súa carreira popular, o pasado  xoves 8 de decembro. A pesar de se tratar dunha data un tanto peculiar foron moitos os que quixeron competir entre semana e, a xulgar pola cantidade de participantes,  a cita foi todo un éxito . Os atletas...

V LIGA GALEGA ESCOLAR FEDERADA-ABANCA e XXVIII CAMPIONATO DE GALICIA DE MARCHA DE INVERNO.

Se os maiores do noso Clube son magníficos, que dicir dos máis pequeneiros … V LIGA GALEGA ESCOLAR FEDERADA-ABANCA. De seguro saberedes que os nosos pequenos xa tiveron o seu primeiro contacto da tempada coas Pistas participando na fase clasificatoria da “V Liga Galega Escolar Federada-ABANCA”, que tivo lugar o pasado sábado día 19 nas Pistas de Atletismo do Estadio Municipal de A Malata, en Ferrol. Presaxiaban un temporal que afectaría ás nosas costas e todos estabamos pendentes de sí se suspenderían as probas, pero non foi así, o tempo foi quen de respetar aos nosos pequenos atletas que sí...

ARRANCAMOS DECEMBRO.

ARRANCAMOS DECEMBRO   A media maratón foi a distancia preferida para este primeiro fin de semana de Nadal. Algúns fóronse ao sur da comunidade para correr pola cidade Olívica e outros ao norte para patear pola comarca de Ferrol Terra. No medio e medio quedáronse os que foron ao mar de Boiro.   XII CARREIRA POPULAR “MAR DE BOIRO” 10º Memorial Pepe Buceta. 04 DE DECEMBRO DE 2016 Distancias: 10 km absoluta // escolares 2,5 km // minis 200 metros. BOIRO – A CORUÑA Organizada polo departamento de deportes do Concello de Boiro. O pasado 4 de decembro realizouse en...

REMATAMOS NOVEMBRO.

Rematamos novembro. A derradeira fin de semana de novembro dou para moito, para correr cos vikingos de Catoira, coas animas de San Andrés ou colaborar coa causa na We are ready. Remata o mes de San Martiño que foi ben completiño de quilometros.   III CARREIRA POPULAR ROMARIA VIKINGA 10K DE CATOIRA. 27 DE NOBEMBRO DE 2016 10KM//2KM// 800 m // 400m // 100m. CATOIRA   Esta foi a terceira edición da Carreira romería Vikinga 10k, que se celebrou en Catoira o pasado dia 27 de novembro. A proba bateu record de asistencia. Con alguna modificación no trazado, pasando a...