Categoría: Veteranos

“V TROFEO ATLETISMO FONTES DO SAR”

Xa tivemos ocasión de estrear a tempada de Pista A.L. Sumerxidos de pleno no PROGRAMA XOGADE, tanto a modo individual como en combinadas, e do que xa levamos unha xornada, dedicarémoslle unha nova ó seu remate.   Namentres, centrarémonos nun dos eventos que nos caracteriza e tan esperado polos nosos atletas. Estamos a falar do Trofeo en Pista que leva o noso nome e organizado polo noso Clube, o “TROFEO ATLETISMO FONTES DO SAR”. Disputouse o pasado domingo 18 de marzo nun día que desluciu pola chuvia que nos acompañou ó longo de toda a xornada. Regulamento (Horario) Nesta edición,...

12th European Masters Athletics Championships Indoor Madrid, 19-24 March 2018

O NOSO PASO POLO EUROPEO Dúas novas máis para rematar coa Pista Cuberta antes de pasar á Pista Aire Libre. Como xa mencionamos na noticia anterior, dous dos nosos atletas veteráns participaron no 12TH EUROPEAN MASTERS ATHLETICS CHAMPIONSHIPS INDOOR (Campionato Europeo Máster de PC) que se estivo a desenvolver estes días (do 19 ó 24) en Gallur, Madrid. Unha oportunidade que non podían deixar escapar… Referencias Páxina Oficial Estamos a falar de SILVIA BARREIRO e XAVI LLOPIS que foron, ámbo-los dous, para disputar o 60ml co único obxectivo de disfrutar desta nova experiencia.     E non cabe duda de que...

Concluímos a tempada de Pista Cuberta.

Concluímos a tempada de Pista Cuberta. Pero para rememorar todo o que deu de sí, votamos unha vista atrás, porque os nosos recordos seguen sumerxidos nos Campionatos aínda moi recentes. Continuando coa nosa labor de mantelos informados … Desta vez é o turno dos MÁSTERS, categoría na que tivemos representación no Nacional nos M40 con XAVI LLOPIS. Foi a antesala do EUROPEO que se aveciña e no que tamén contaremos coa presenza de SILVIA BARREIROS nestes días 19-24 de Marzo en Madrid. CAMPIONATO DE EUROPA Referencias Páxina Oficial Pero agardando ese gran acontecemento, namentres, centrarémonos no xa acontecido, repasando a...

TROFEO CLUBE – CPTO. GALEGO

O domingo 18 de Marzo, no Estadio Universitario de Santiago de Compostela, celebrarase o V Trofeo Atletismo Fontes do Sar, e o Campionato Galego de: 5000 ml Sub18 (Xuvenil) Masculino e Feminino 5000ml Sub20 (Junior) Feminino 10000ml Junior, Promesa, Absoluto e Master Masculino e Feminino En horario de mañan dende as 10 horas.  Esperasmote REGULAMENTO E HORARIO TROFEO CIRCULAR CPTO. GALEGO HORARIO DEFINITIVO  

Os maiores na procura das mínimas en Narón.

Seguimos estreando pista, pero desta vez damos paso as categorías superiores da escola así como a algún veterán. Foi o pasado domingo día 26 de Novembro que se desprazaron ata Narón, acompañados polos seus adestradores Luis e Diego, ás pistas do Estadio Municipal de Río Seco para participar no XVI Trofeo Cidade de Narón organizado polo Club de Atletismo Narón, coa colaboración do Comité de Xuices da Federación Galega de Atletismo da Delegación de Ferrol así como do Excmo. Concello desta localidade. A xornada desenvolveuse nunha fría pero soleada mañá. O fin, para algúns deles, era o de obter as marcas que lles permitirán meterse...

AGOSTO 2017

AGOSTO 2017 Agosto foi un mes de descanso, poucas foron as participacións en carreiras, tocaba outro tipo de adestramento, festas populares, praia, viaxes, papatorias variadas ou estar deitado á sombra e así se fixo. Facemos un repaso das probas nas que se viu participación dos Sareiros, poucas e curtas.   CARREIRA XXVI Milla Urbana Concello de Ares DATA 05 de agosto de 2017 LUGAR Concello de Ares DISTANCIA Prebiberón: 50m // Biberón:100m // Prebenxamín:250m //Benxamín: 500m // Alevín:800m // Infantil:1000 // Cadete:-Xuvenís-Promesa-Senior e Veteráns: 1600m   A proba denominada XXVI Milla Urbana Concello de Ares tivo lugar o sábado 5...

XULLO 2017

XULLO DE 2017 Este xullo foi o mes dos “montunos”, o trail foi a especialidade na que máis se participou . Un par deles, o de Quiroga e o de Boborás nocturno, pensados para os máis atrevidos, para os que non lle da medo perderse no monte  de noite. Unha media maratón, a do Camiño, carreira que gustou moito aos que participaron, un cross  e uns cantos dez miles, foron as participacións dos nosos nun mes na que a meirande parte da xente está en modo vacacións. Facemos resumo do acontecido. CARREIRA IV CARREIRA POPULAR CONCELLO DE CURTIS. CTO DE...

INFORMACIÓN TEMPADA 2017/2018

¿ANDAS NA PROCURA DUN NOVO DEPORTE? Achégate ás nosas instalacións e proba sen compromiso !! Aquí che deixamos un enlace para descargar o tríptico informativo en PDF Ou podes ver a información máis salientable no noso cartel:                   Tamén atoparás os documentos para realizar a inscripción na nosa páxina web: Para atletas en idade Escolar: http://www.atletismofontesdosar.es/escolar/inscripcion/ Para atletas Adultos (Veteráns (Pista e Ruta), Montaña, Escola de Pais/Nais): http://www.atletismofontesdosar.es/veteranos/inscripcion/

Remata a tempada: Nerea Iglesias Campiona Galega Absoluta, entre outras novas

Cando está rematando a tempada antes das vacacións do verán, temos e damos constancia das probas que tivemos nos ultimos días: Campionato Galego Absoluto – 15 de Xullo                    O sábado 15 de Xullo, celebrouse no Estadio do Centro de Tecnficación Deportiva de Pontevedra, o Campionato Galego Absoluto masculino e feminino.               Con dereito a participar por acadar a marcar mínima correspondente, foron Carlos Manso e Nerea Iglesias, que competirán na proba de 100ml               Carlos fará unha boa marca...