Categoría: Trail

XULLO 2017

XULLO DE 2017 Este xullo foi o mes dos “montunos”, o trail foi a especialidade na que máis se participou . Un par deles, o de Quiroga e o de Boborás nocturno, pensados para os máis atrevidos, para os que non lle da medo perderse no monte  de noite. Unha media maratón, a do Camiño, carreira que gustou moito aos que participaron, un cross  e uns cantos dez miles, foron as participacións dos nosos nun mes na que a meirande parte da xente está en modo vacacións. Facemos resumo do acontecido. CARREIRA IV CARREIRA POPULAR CONCELLO DE CURTIS. CTO DE...

INFORMACIÓN TEMPADA 2017/2018

¿ANDAS NA PROCURA DUN NOVO DEPORTE? Achégate ás nosas instalacións e proba sen compromiso !! Aquí che deixamos un enlace para descargar o tríptico informativo en PDF Ou podes ver a información máis salientable no noso cartel:                   Tamén atoparás os documentos para realizar a inscripción na nosa páxina web: Para atletas en idade Escolar: http://www.atletismofontesdosar.es/escolar/inscripcion/ Para atletas Adultos (Veteráns (Pista e Ruta), Montaña, Escola de Pais/Nais): http://www.atletismofontesdosar.es/veteranos/inscripcion/

Remata a tempada: Nerea Iglesias Campiona Galega Absoluta, entre outras novas

Cando está rematando a tempada antes das vacacións do verán, temos e damos constancia das probas que tivemos nos ultimos días: Campionato Galego Absoluto – 15 de Xullo                    O sábado 15 de Xullo, celebrouse no Estadio do Centro de Tecnficación Deportiva de Pontevedra, o Campionato Galego Absoluto masculino e feminino.               Con dereito a participar por acadar a marcar mínima correspondente, foron Carlos Manso e Nerea Iglesias, que competirán na proba de 100ml               Carlos fará unha boa marca...

XUNO DE 2017

Xuño de 2017 Atrás quedou o mes do solsticio de verán, con tempo solleiro e temperaturas en demasía, rematou o colexio, as actividades extraescolares e os adestramentos; demos a benvida a estación pola que agardamos todo o ano. Gozamos da noite máis máxica, a do san Xoán, e tamén corremos moito, quilómetros a gusto de todos, ben feitos, pouco feitos, volta e volta … imos ver.   IV CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE ZAS . V CIRCUÍTO DEP. PROVINCIAL DE A CORUÑA. IV CIRCUÍTO CORRENDO POLA COSTA DA MORTE SÁBADO, 03 DE XUÑO DE 2017. Concello de Zas Distancia: alevín 1000m...

MAIO 2017

 Foi un mes cheo de emocións e, a III edición da Santyago foi sin dubida o máis salientable deste mes que xa rematou. Pero moitos foron os quilómetros que os nosos atletas acumularon a longo deste maio solleiro. Quilómetros de asfalto, en Arteixo, en Frades, en Mazaricos, en Outes, en Lugo… Quilómetros de monte, no Ultra de Cerveira, no Galaica da Pobra, nos Picos de Europa… Quilómetros solidarios, no Campus na Nube, ou na carreira pola Esclerosis Múltiple. Quilómetros pola lingua na carreira das letras. Quilómetros costa arriba, moi costa arriba na subida a Covadonga. Quilómetros pola area na carreira...

UN ABRIL PARA O RECORDO.

Cando xa maio vai polo seu ecuador  poñemos resumo do feito en abril. Temos que pedir desculpas polo retraso pero os frontes abertos son moitos e as horas poucas. Non son tan poucas as  que empregan os nosos  corredores, que non paran: maratóns, medias, carreiras infinitas, e as cabras montesiñas que desta volta chegaron hasta o europeo. Todas e cada unha das participacións teñen moito mérito pero, ás veces abráiamonos porque a nosa xente fai cousa grandiosas. Mención especial para Mario R. que nos representou no europeo de Montaña, acadando un resultado espectacular. E como non, tamén mención para as...

DESPEDIMOS MARZO.

Marzo despide o inverno que se vai a descansar hasta que lle toque nova quenda; a Primavera avanza facéndose oco,  xa nos chega o arrecendo as mimosas e ás flores do cereixo, saen fungando do chan os narcisos e as calas. Medran os días e muda a hora . Se algún preguiceiro se quedou aletargado no inverno que se vai espabilando porque agora xa non hai escusas. Despedimos marzo  cargadiño de quilómetros, moitos por monte onde a nosa xente se está atopando moi a gusto, iso de mollar os pes deixou de ser escusa e pasou a ser preciso. Tamén...

ADEUS FEBREIRO.

Atrás queda febreiro, atrás queda o Entroido, peliqueiros e cigarróns, felos e boteiros, xenerais e folións ;xa descansan nas súas caixas arroupados polo cheiro do alcanfor, agardando pola festa do  vindeiro ano. Co sabor das filloas e das orellas no padal  dicimos adeus ao inverno e recibimos a primavera que xa ben petando a porta. Estes días dounos para moito o que máis, monte. Mandamos xente a un dos trail máis completos e difíciles  do que hai no calendario  ao Quiroga Trail Challenger, xente Valente  Saky e LlorenÇ. Deixámonoss ver polo trail de San Isidro e polo Trail Galica de...

CROSS, TRAIL, MEDIAS…

  Febreiro dou comezo forte, as dúas primeiras semanas deron para facer cross, trail , medias… Visitamos Cataluña da man de Moure, a Portugal leváronnos Pumi, Saky e Fon. Cada vez as nosas cores vanse máis lonxe!. O trail e as medias foron as disciplinas estrela desta quincena; será que a xente sabe que se achega o entroido e anda a facerlle sitio ás filloas, ás orellas e aos cocidos no bandullo. Pois a queimar que toca. Imos co resumo: CROSS DE A  BAÑA LUGAR: CONCELLO DE A BAÑA DATA: 05 DE FEBREIRO DE 2017 O Concello de A Baña...

ATRÁS DEIXAMOS XANEIRO.

Atrás deixamos o mes de xaneiro, Peterhansel gañou o Dakar en coches, a liga de fútbol pechou  o mercado de inverno, Federer gañoulle a Nadal o Open de Australia, e os do Fontes do Sar cada día dan máis guerra, porque cada día son máis e mellores. Este xaneiro deixounos quilómetros de asfalto de pista e de monte, deixounos podios, mellores marcas, clasificacións,… deixounos éxitos e derrotas , algunhas pequenas lesións que de seguro non serán nada. Imos co resumo: CARREIRA:VI CROSS DOS MENHIRES DATA: 21 DE XANEIRO DE 2017 .12:30H DISTANCIA:  6,15 km. LUGAR:  SAÍDA PRAZA DE ESPAÑA Os...