Categoría: Podium

NERE, Campiona Galega Absoluta no 60 ml.

O pasado sábado 21 tivo lugar no Módulo Cuberto de Gregorio Pérez Rivera de Lugo unha nova edición do Campionato Absoluto de Galicia PC dos 60 ml. e 60 m. valados contando cunha importante participación de atletas destas disciplinas achegados dende varios recunchos da nosa Comunidade que se verían na loita polo título galego. A gran cita da velocidade galega, que se disputou en xornada de tarde, contou coa presenza dalgúns dos millores especialistas galegos como Jean Marie Okutu, Pablo Comendador, José Ignacio Tomás, Teresa Rodríguez Miguelez, …. entre outros, e como cabía esperar, os nosos velocistas CARLOS e NERE...

ÚLTIMAS DO 2016 PRIMEIRAS DO 2017.

  Pechamos o 2016 cargadiño de quilómetros, e comezamos o 2017 co propósito de cargalo aínda máis. Moitos foron os que quixeron comer o turrón para logo sualo correndo; entre celebración e celebración ben cabe unha carreiriña . Xaneiro empeza con forza …. QUE SE PREPARE ESTE 2017 PORQUE NON LLAS IMOS PERDOAR!   24 DE DECEMBRO DE 2016 VII CARREIRA POPULAR SOLIDARIA RUNFOZRUN – 5K DISTANCIAS:  5KM, 1,5 KM, 1KM, 0,5KM, 0,3KM.   A carreira tivo lugar o sábado 24 de decembro de 2016, onde  as diferentes probas deron comezo a partir das 16:00 h da tarde, sobre un...

COMENZA O INVERNO

3º SEMANA DE DECEMBRO Entre ceas, carreiras, quedadas, adestramentos e eventos varios case nin nos decatamos que deixamos atrás o ecuador de Decembro. Esta fin de semana os miúdos correron o sábado no Campionato Escolar de Campo a través na Alameda de Santiago de Compostela e algúns fixeron dobre e foron a Touro pola tarde. O domingo unha das citas máis agardadas da tempada a SIN- SON e pola tarde cross en Ordes para os que aínda lles quedaban folgos na faltriqueira. Unha semana de emocións e divertimento, 0 venres 16 celebrouse a cea “ da empresa” no Restaurante Castro,...

Na busca das Mínimas para os Campionatos que se aveciñan.

XV TROFEO CIDADE DE NARON Boa actuación a dos nosos rapaces e rapazas nunha fría e soleada mañá. O máis grandes da Escola, acompañados por algún veterán e respaldados polo seu adestrador Luis, desprazáronse ata Narón co fin de obter novas marcas ou mellorar as existentes que lles permitirán acadar os seus obxectivos cara a tempada de Pista Cuberta.     Alí, o Clube de Atletismo Narón organizou, coa colaboración do Comité de Xuices da Federación Galega de Atletismo da Delegación de Ferrol, o “XV Trofeo Cidade de Narón” que tivo lugar o pasado sábado 26 de Novembro nas pistas do Estadio Municipal...

AVANZA DECEMBRO

Seguimos sumando quilómetros, esforzo, alegrías, podiums… A pasada semana algúns quixeron celebrar a xornada festiva do día 8 correndo en Pontecesures, o sábado tocou Forcarei e o domingo os traileros fóronse a zoquear os montes de Noia. XVII CARREIRA POPULAR DE PONTECESURES Xoves 08 de decembro de 2016 O Concello de Pontecesures organizou a XVII edición da súa carreira popular, o pasado  xoves 8 de decembro. A pesar de se tratar dunha data un tanto peculiar foron moitos os que quixeron competir entre semana e, a xulgar pola cantidade de participantes,  a cita foi todo un éxito . Os atletas...

V LIGA GALEGA ESCOLAR FEDERADA-ABANCA e XXVIII CAMPIONATO DE GALICIA DE MARCHA DE INVERNO.

Se os maiores do noso Clube son magníficos, que dicir dos máis pequeneiros … V LIGA GALEGA ESCOLAR FEDERADA-ABANCA. De seguro saberedes que os nosos pequenos xa tiveron o seu primeiro contacto da tempada coas Pistas participando na fase clasificatoria da “V Liga Galega Escolar Federada-ABANCA”, que tivo lugar o pasado sábado día 19 nas Pistas de Atletismo do Estadio Municipal de A Malata, en Ferrol. Presaxiaban un temporal que afectaría ás nosas costas e todos estabamos pendentes de sí se suspenderían as probas, pero non foi así, o tempo foi quen de respetar aos nosos pequenos atletas que sí...

ARRANCAMOS DECEMBRO.

ARRANCAMOS DECEMBRO   A media maratón foi a distancia preferida para este primeiro fin de semana de Nadal. Algúns fóronse ao sur da comunidade para correr pola cidade Olívica e outros ao norte para patear pola comarca de Ferrol Terra. No medio e medio quedáronse os que foron ao mar de Boiro.   XII CARREIRA POPULAR “MAR DE BOIRO” 10º Memorial Pepe Buceta. 04 DE DECEMBRO DE 2016 Distancias: 10 km absoluta // escolares 2,5 km // minis 200 metros. BOIRO – A CORUÑA Organizada polo departamento de deportes do Concello de Boiro. O pasado 4 de decembro realizouse en...

REMATAMOS NOVEMBRO.

Rematamos novembro. A derradeira fin de semana de novembro dou para moito, para correr cos vikingos de Catoira, coas animas de San Andrés ou colaborar coa causa na We are ready. Remata o mes de San Martiño que foi ben completiño de quilometros.   III CARREIRA POPULAR ROMARIA VIKINGA 10K DE CATOIRA. 27 DE NOBEMBRO DE 2016 10KM//2KM// 800 m // 400m // 100m. CATOIRA   Esta foi a terceira edición da Carreira romería Vikinga 10k, que se celebrou en Catoira o pasado dia 27 de novembro. A proba bateu record de asistencia. Con alguna modificación no trazado, pasando a...

LÍA e NERE, dúas atletas destacables en dúas modalidades diferentes.

Tras a gran sobredose de competicións en Ruta, que tal un pouco de Pista? Como ben sabedes os nosos peques xa están a pleno gas preparando as competicións que se aveciñan. Cando uns xa se estrearon, como é o caso de NERE e LÍA , outros están a puntiño coa “V Liga Galega Escolar Federada-ABANCA” que se iniciará esta fin de semana en Ferrol e á que acudirán numerosos atletas do noso Clube das categorías Benxamín, Alevín e Infantil. Pero deixando de lado o que está por vir, ímonos a centrar nos dous acontecementos que si tiveron lugar:   CONCENTRACIÓN...

“OUTONO, OUTOÑÁN, MES DA SAN LUCAS E MÁIS SAN FROILÁN.”

  “OUTONO, OUTOÑÁN, MES DE SAN LUCAS E MÁIS SAN FROILÁN.”   Chegou o outono, mudou o tempo, vai frío, chove, os días son curtos… quen quere correr co ben que se está na casa quentiño? Pois, nós! Co fin de rabuñarlle décimas ao crono vou dar unha receita dunha apócema máxica-galega e veredes que si a aproveitades as vosas marcas han mellorar moito. 1º Colles as castañas que previamente fuches apañar ao souto. 2º Dáslle unha esnacadela, para que non estoure. 3º Bótalas nun castañeiro, tixola ou directamente arriba da prancha da cociña. 4º Cando xa estean tostadiñas por...