Categoría: Montaña

ATRÁS DEIXAMOS XANEIRO.

Atrás deixamos o mes de xaneiro, Peterhansel gañou o Dakar en coches, a liga de fútbol pechou  o mercado de inverno, Federer gañoulle a Nadal o Open de Australia, e os do Fontes do Sar cada día dan máis guerra, porque cada día son máis e mellores. Este xaneiro deixounos quilómetros de asfalto de pista e de monte, deixounos podios, mellores marcas, clasificacións,… deixounos éxitos e derrotas , algunhas pequenas lesións que de seguro non serán nada. Imos co resumo: CARREIRA:VI CROSS DOS MENHIRES DATA: 21 DE XANEIRO DE 2017 .12:30H DISTANCIA:  6,15 km. LUGAR:  SAÍDA PRAZA DE ESPAÑA Os...

GALA CIRCUITO TRAIL GALAICA 2016

NON HAI COMO TER ALMA DE CABRA MONTESIÑA. O pasado sábado 21 de xaneiro celebrouse a Gala do I Circuíto de Carreiras de Montaña Trail Galaica 2016, O Concello da Pobra do Caramiñal acolleu  esta festa do deporte ,que tivo lugar no Teatro Elma, ás 20.00h. Un circuíto que pechou a súa andaina o pasado mes de decembro no Concello de Noia. Sete Concellos foron os integrantes nesta edición de 2016: Ames, Sanxenxo, A Pobra, Muros, Boborás, A Baña e Noia. Na Gala,  entregáronse os galardóns aos mellores atletas do Circuíto, tanto absolutos, como das categorías establecidas no regulamento do...

ÚLTIMAS DO 2016 PRIMEIRAS DO 2017.

  Pechamos o 2016 cargadiño de quilómetros, e comezamos o 2017 co propósito de cargalo aínda máis. Moitos foron os que quixeron comer o turrón para logo sualo correndo; entre celebración e celebración ben cabe unha carreiriña . Xaneiro empeza con forza …. QUE SE PREPARE ESTE 2017 PORQUE NON LLAS IMOS PERDOAR!   24 DE DECEMBRO DE 2016 VII CARREIRA POPULAR SOLIDARIA RUNFOZRUN – 5K DISTANCIAS:  5KM, 1,5 KM, 1KM, 0,5KM, 0,3KM.   A carreira tivo lugar o sábado 24 de decembro de 2016, onde  as diferentes probas deron comezo a partir das 16:00 h da tarde, sobre un...

AVANZA DECEMBRO

Seguimos sumando quilómetros, esforzo, alegrías, podiums… A pasada semana algúns quixeron celebrar a xornada festiva do día 8 correndo en Pontecesures, o sábado tocou Forcarei e o domingo os traileros fóronse a zoquear os montes de Noia. XVII CARREIRA POPULAR DE PONTECESURES Xoves 08 de decembro de 2016 O Concello de Pontecesures organizou a XVII edición da súa carreira popular, o pasado  xoves 8 de decembro. A pesar de se tratar dunha data un tanto peculiar foron moitos os que quixeron competir entre semana e, a xulgar pola cantidade de participantes,  a cita foi todo un éxito . Os atletas...

REMATAMOS NOVEMBRO.

Rematamos novembro. A derradeira fin de semana de novembro dou para moito, para correr cos vikingos de Catoira, coas animas de San Andrés ou colaborar coa causa na We are ready. Remata o mes de San Martiño que foi ben completiño de quilometros.   III CARREIRA POPULAR ROMARIA VIKINGA 10K DE CATOIRA. 27 DE NOBEMBRO DE 2016 10KM//2KM// 800 m // 400m // 100m. CATOIRA   Esta foi a terceira edición da Carreira romería Vikinga 10k, que se celebrou en Catoira o pasado dia 27 de novembro. A proba bateu record de asistencia. Con alguna modificación no trazado, pasando a...

POLO SAN MARTIÑO FAI O MAGOSTO, MATA O PORQUIÑO E CORRE MOITO POLO CAMIÑO

ADIANTO NOVEMBRO POLO SAN MARTIÑO FAI O MAGOSTO, MATA O PORQUIÑO E CORRE MOITO POLO CAMIÑO Agora si que a cousa vai en serio, isto é inverno: xeadas, brétemas, frío, auga e vento. Que máis se pode pedir? Pois, ganiñas de seguir zoqueando! E como non nos faltan facemos resumo das primeiras carreiras do mes de San Martiño. Para tódolos gustos; os máis ansiosos correron o día un na Popular de Rianxo, algúns fóronse ao país veciño, a de Negreira a pesares da dureza foi moi concurrida e a San Martiño pasada por auga; os pisaterróns tamén fixeron lama, como...

“OUTONO, OUTOÑÁN, MES DA SAN LUCAS E MÁIS SAN FROILÁN.”

  “OUTONO, OUTOÑÁN, MES DE SAN LUCAS E MÁIS SAN FROILÁN.”   Chegou o outono, mudou o tempo, vai frío, chove, os días son curtos… quen quere correr co ben que se está na casa quentiño? Pois, nós! Co fin de rabuñarlle décimas ao crono vou dar unha receita dunha apócema máxica-galega e veredes que si a aproveitades as vosas marcas han mellorar moito. 1º Colles as castañas que previamente fuches apañar ao souto. 2º Dáslle unha esnacadela, para que non estoure. 3º Bótalas nun castañeiro, tixola ou directamente arriba da prancha da cociña. 4º Cando xa estean tostadiñas por...

SETEMBRO CHEGOU FORTE!

Alá vai o verán, rematan as vacacións e chega setembro coa súa inevitable volta a rutina. Escola, libros, uniformes, zapatos, roupa de deporte, que  se os pantalóns do ano pasado quedaron pequenos,… Isto si que é unha verdadeira COSTA! E como a subimos? Correndo! Pois non o sabemos facer de outro xeito. Coas perniñas ben descansadas dun longo verán, agora toca poñelas a proba. Primeiras carreiras da tempada, moitas e variadas. As cabriñas tiráronse ao monte a facer trail, os morriñentos quixeron correr pola praia, os atrevidos fixeron duatlón e os arroutados empezaron cunha media maratón. Para todos os gustos:...

QUEN DIXO QUE EN AGOSTO HABÍA VACACIÓNS?

  Quen dixo que en agosto había vacacións? Pois algúns dos nosos atletas quixeron desafiar as temperaturas estivais e botáronse á rúa a facer quilómetro. De seguido resumimos algunhas das carreiras nas que houbo participación do club ao longo do mes de agosto.     DATA  06 DE AGOSTO DE 2016 CARREIRA  VI NIGRÁN AREAS DISTANCIA  6 KM LUGAR  PRAIA AMÉRICA – NIGRÁN A Sociedade Atlética Val Miñor e o Concello de Nigrán, organizaron o pasado día 6 de agosto do 2016 o VI Nigrán Area de atletismo pola area. O control da carreira estivo a cargo dos Xuíces da...

CARREIRAS XUÑO 2016

  DATA 04 DE XUÑO DE 2016 CARREIRA TRAIL DE VILATUXE 2016 DISTANCIA 17 Km e 34 Km LUGAR LALIN     Esta é a filosofía da organización deste trail “Buscamos a sensación de liberdade correndo polo monte e disfrutando da natureza.” E así o fixeron  un grupo de “traileros”  do Fontes que non se quixeron perder o embruxo de correr por estes montes cheos de lendas. Bea Amado acadou o primeiro posto da xeral  no trail curto , Emma Veiga foi a primeira veterana  e Montse Veiga  a terceira  veterana  en cruzar a liña de meta. Pto Dorsal Nome...