Categoría: Escolar

Os maiores na procura das mínimas en Narón.

Seguimos estreando pista, pero desta vez damos paso as categorías superiores da escola así como a algún veterán. Foi o pasado domingo día 26 de Novembro que se desprazaron ata Narón, acompañados polos seus adestradores Luis e Diego, ás pistas do Estadio Municipal de Río Seco para participar no XVI Trofeo Cidade de Narón organizado polo Club de Atletismo Narón, coa colaboración do Comité de Xuices da Federación Galega de Atletismo da Delegación de Ferrol así como do Excmo. Concello desta localidade. A xornada desenvolveuse nunha fría pero soleada mañá. O fin, para algúns deles, era o de obter as marcas que lles permitirán meterse...

LÍA no “Campionato Galego de Marcha de Inverno”.

O pasado sábado 25 de Novembro,  o Estadio Gregorio Pérez Rivera en Lugo acolleu a  importantes figuras do panorama galego de Marcha para disputar o “XXIX Campionato de Galicia de Marcha de Inverno”. Como non podía ser doutra maneira, a nosa destacada atleta nesta modalidade, LÍA PEREIRA SEIJO (LÍA) estaba presente neste gran evento, que reuniu aos mellores especialistas desta disciplina, para seguir defendendo o seu posto entre os mellores marchadores, disputando a súa categoría de Sub14 (Infantil) na que acadou un noveno posto tras completar unha distancia de 3000m.   Os resultados reflicten a súa boa actuación non só mellorando a...

Estreando pista coa “Liga Escolar Federada”.

Quenes se estrearon coas Pistas esta tempada foron os pequeneiros do noso Clube participando na primeira competición que abre o calendario de Pista Cuberta. Fixéronno o pasado sábado día 18 nas Pistas do Estadio Universitario de Santiago de Compostela, onde se reuniron xunto con outros atletas da contorna, para disputar a fase previa clasificatoria da “VI Liga Galega de Inverno Categoría de Menores – ABANCA” na que participaron, por Equipos, as categorías Benxamín (Sub10), Alevín (Sub12) e Infantil (Sub14). Neste día, disputábase tamén en Pontevedra (zona provincial Pontevedra) e en O Barco de Valdeorras (zona provincial Lugo e Ourense), loitando todos, deste xeito, polo...

NERE convocada pola FGA para participar na “Concentración do Sector de Velocidade”.

Xa levamos algo máis dun mes que comezaron os adestramentos e os nosos peques, e xa non tan peques, están a pleno gas preparando as competicións que se aveciñan. Namentres, NEREA IGLESIAS (NERE), sumando unha experiencia máis no seu historial deportivo, tivo a honra, un ano máis, de poder participar durante tres xornadas nunha Concentración do Sector de Velocidade á cal foi convocada por José Carlos Tuñas, Seleccionador Galego desta especialidade, que en todo momento estivo interesado na súa presenza dada a gran actuación da nosa atleta na tempada pasada, na que coroou ó máximo nivel na nosa comunidade, tanto...

CAMPUS DE VERÁN

  CAMPUS DE VERÁN Dende o luns 4 de setembro ata o venres 8 de Setembro (ámbolos dous incluídos). LUGAR Estadio de San Lázaro: Nas pistas de atletismo, na sala cuberta de usos múltiples ou nos arredores do estadio. Chegada: De 09:15h a 09:30h, na porta 1 do estadio de San Lázaro. Saída: De 13:15h a 13:30h, no mesmo lugar. ASISTENTES Calquera neno ou nena nados entre o 2003 e 2011 (ámbolos dous incluídos). PREZOS O prezo total, para os 5 días, será de: 30 € cota xeral. 20 € para socios do Club Atletismo Fontes do Sar. ADESTRADORES O...

INFORMACIÓN TEMPADA 2017/2018

¿ANDAS NA PROCURA DUN NOVO DEPORTE? Achégate ás nosas instalacións e proba sen compromiso !! Aquí che deixamos un enlace para descargar o tríptico informativo en PDF Ou podes ver a información máis salientable no noso cartel:                   Tamén atoparás os documentos para realizar a inscripción na nosa páxina web: Para atletas en idade Escolar: http://www.atletismofontesdosar.es/escolar/inscripcion/ Para atletas Adultos (Veteráns (Pista e Ruta), Montaña, Escola de Pais/Nais): http://www.atletismofontesdosar.es/veteranos/inscripcion/

Remata a tempada: Nerea Iglesias Campiona Galega Absoluta, entre outras novas

Cando está rematando a tempada antes das vacacións do verán, temos e damos constancia das probas que tivemos nos ultimos días: Campionato Galego Absoluto – 15 de Xullo                    O sábado 15 de Xullo, celebrouse no Estadio do Centro de Tecnficación Deportiva de Pontevedra, o Campionato Galego Absoluto masculino e feminino.               Con dereito a participar por acadar a marcar mínima correspondente, foron Carlos Manso e Nerea Iglesias, que competirán na proba de 100ml               Carlos fará unha boa marca...

2 OUROS, 1 PRATA, 4 BRONCES, CUARTOS POSTOS, MOITAS MMP E RC: RESULTADOS DO GALEGO BENXAMÍN, ALEVÍN E INFANTIL

                O domingo 11 de Xuño, celebrouse nas pistas de Atletismo de Balaídos, en Vigo, o Campionato Galego Individual das categorías Benxamín, Alevín e Infantil, en dúas xornadas de mañán e tarde, baixo un sol e unha calor agobiante, e onde @s atletas do clube demostraron o que aprenderon o longo de todo un ano de adestramento. Estiveron acompañados polos adestradores Simón, Gonzalo e Diego, así como o noso Delegado Pedrito. Tamén se desprazaron pais e nais para estar cos atletas en estos momentos.                  ...

FIN DE SEMÁN COMPLETIÑO: CPTO. ESPAÑA INFANTIL / CPTO. GALEGO CADETE E XUVENIL / GRAN PREMIO DE MARCHA

O primeiro fin de semán do mes de San Xoán, estivo moi cargado de competicións para os atletas do clube, sobre todo das categorías escolares: CAMPIONATO DE ESPAÑA INFANTIL INDIVIDUAL                       O sábado 3 e o domingo 4, celebrouse en Valladolid, no Estadio de Atletismo do Río Esgueva, unha nova edición do Campionato de España Infantil, recientemente creado. E este ano participamos por primeira vez, con dous grandes atletas, clasificados entre os 36 mellores de toda España.                       Alá se...