Categoría: Club

LÍA no “Campionato Galego de Marcha de Inverno”.

O pasado sábado 25 de Novembro,  o Estadio Gregorio Pérez Rivera en Lugo acolleu a  importantes figuras do panorama galego de Marcha para disputar o “XXIX Campionato de Galicia de Marcha de Inverno”. Como non podía ser doutra maneira, a nosa destacada atleta nesta modalidade, LÍA PEREIRA SEIJO (LÍA) estaba presente neste gran evento, que reuniu aos mellores especialistas desta disciplina, para seguir defendendo o seu posto entre os mellores marchadores, disputando a súa categoría de Sub14 (Infantil) na que acadou un noveno posto tras completar unha distancia de 3000m.   Os resultados reflicten a súa boa actuación non só mellorando a...

Estreando pista coa “Liga Escolar Federada”.

Quenes se estrearon coas Pistas esta tempada foron os pequeneiros do noso Clube participando na primeira competición que abre o calendario de Pista Cuberta. Fixéronno o pasado sábado día 18 nas Pistas do Estadio Universitario de Santiago de Compostela, onde se reuniron xunto con outros atletas da contorna, para disputar a fase previa clasificatoria da “VI Liga Galega de Inverno Categoría de Menores – ABANCA” na que participaron, por Equipos, as categorías Benxamín (Sub10), Alevín (Sub12) e Infantil (Sub14). Neste día, disputábase tamén en Pontevedra (zona provincial Pontevedra) e en O Barco de Valdeorras (zona provincial Lugo e Ourense), loitando todos, deste xeito, polo...

 BENVIDOS A TODOS!!

AQUÍ ESTAMOS DE NOVO!! O Club Atletismo Fontes do Sar  recibimos oficialmente esta nova tempada cheos de ilusións con ganas de facer moitas cousas. Acollemos deste xeito, coas mans abertas, a todo-los nosos atletas así como ás novas incorporacións como novos membros da nosa gran familia, desexando que disfruten, non só de todo o que poida aportar este deporte, senon do bo ambiente e compañerismo, porque non só compartimos afección, senon eventos, desafíos, logros, amizades, risas, inquietudes,…, o que fai que teñamos un compromiso non só cun mesmo, senon tamén co Clube aportando dalgunha maneira o noso graniño de area....

AGOSTO 2017

AGOSTO 2017 Agosto foi un mes de descanso, poucas foron as participacións en carreiras, tocaba outro tipo de adestramento, festas populares, praia, viaxes, papatorias variadas ou estar deitado á sombra e así se fixo. Facemos un repaso das probas nas que se viu participación dos Sareiros, poucas e curtas.   CARREIRA XXVI Milla Urbana Concello de Ares DATA 05 de agosto de 2017 LUGAR Concello de Ares DISTANCIA Prebiberón: 50m // Biberón:100m // Prebenxamín:250m //Benxamín: 500m // Alevín:800m // Infantil:1000 // Cadete:-Xuvenís-Promesa-Senior e Veteráns: 1600m   A proba denominada XXVI Milla Urbana Concello de Ares tivo lugar o sábado 5...

CAMPUS DE VERÁN

  CAMPUS DE VERÁN Dende o luns 4 de setembro ata o venres 8 de Setembro (ámbolos dous incluídos). LUGAR Estadio de San Lázaro: Nas pistas de atletismo, na sala cuberta de usos múltiples ou nos arredores do estadio. Chegada: De 09:15h a 09:30h, na porta 1 do estadio de San Lázaro. Saída: De 13:15h a 13:30h, no mesmo lugar. ASISTENTES Calquera neno ou nena nados entre o 2003 e 2011 (ámbolos dous incluídos). PREZOS O prezo total, para os 5 días, será de: 30 € cota xeral. 20 € para socios do Club Atletismo Fontes do Sar. ADESTRADORES O...

XULLO 2017

XULLO DE 2017 Este xullo foi o mes dos “montunos”, o trail foi a especialidade na que máis se participou . Un par deles, o de Quiroga e o de Boborás nocturno, pensados para os máis atrevidos, para os que non lle da medo perderse no monte  de noite. Unha media maratón, a do Camiño, carreira que gustou moito aos que participaron, un cross  e uns cantos dez miles, foron as participacións dos nosos nun mes na que a meirande parte da xente está en modo vacacións. Facemos resumo do acontecido. CARREIRA IV CARREIRA POPULAR CONCELLO DE CURTIS. CTO DE...

INFORMACIÓN TEMPADA 2017/2018

¿ANDAS NA PROCURA DUN NOVO DEPORTE? Achégate ás nosas instalacións e proba sen compromiso !! Aquí che deixamos un enlace para descargar o tríptico informativo en PDF Ou podes ver a información máis salientable no noso cartel:                   Tamén atoparás os documentos para realizar a inscripción na nosa páxina web: Para atletas en idade Escolar: http://www.atletismofontesdosar.es/escolar/inscripcion/ Para atletas Adultos (Veteráns (Pista e Ruta), Montaña, Escola de Pais/Nais): http://www.atletismofontesdosar.es/veteranos/inscripcion/

Remata a tempada: Nerea Iglesias Campiona Galega Absoluta, entre outras novas

Cando está rematando a tempada antes das vacacións do verán, temos e damos constancia das probas que tivemos nos ultimos días: Campionato Galego Absoluto – 15 de Xullo                    O sábado 15 de Xullo, celebrouse no Estadio do Centro de Tecnficación Deportiva de Pontevedra, o Campionato Galego Absoluto masculino e feminino.               Con dereito a participar por acadar a marcar mínima correspondente, foron Carlos Manso e Nerea Iglesias, que competirán na proba de 100ml               Carlos fará unha boa marca...

XUNO DE 2017

Xuño de 2017 Atrás quedou o mes do solsticio de verán, con tempo solleiro e temperaturas en demasía, rematou o colexio, as actividades extraescolares e os adestramentos; demos a benvida a estación pola que agardamos todo o ano. Gozamos da noite máis máxica, a do san Xoán, e tamén corremos moito, quilómetros a gusto de todos, ben feitos, pouco feitos, volta e volta … imos ver.   IV CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE ZAS . V CIRCUÍTO DEP. PROVINCIAL DE A CORUÑA. IV CIRCUÍTO CORRENDO POLA COSTA DA MORTE SÁBADO, 03 DE XUÑO DE 2017. Concello de Zas Distancia: alevín 1000m...