Categoría: Club

Bo Nadal!!

Xa chegou o Nadal, esas entrañables datas cheas de festexos que se celebran na compaña de familiares, amigos, … En Fontes do Sar non queríamos ser menos, porque formamos unha gran familia e porque, entre todos os que formamos este Clube, existe un gran vínculo que nos une que non só se limita ó gusto polo mesmo deporte. Por iso, tanto nenos como maiores, fixeron cadanseu a súa festa para celebrar cos seus amigos estas datas, porque no noso Clube Non Todo é Correr. Os rapaces, coa tradicional Merenda de Nadal …     … acompañada de moita diversión e sobre todo bo...

Completado o “VI Circuíto de Carreiras Saudables CorreSAN 2017”.

O pasado 16 de Septembro deu comezo o “VI Circuíto de Carreiras Saudables CorreSAN 2017”; un conxunto de 4 probas organizadas pola Federación Galega de Atletismo e patrocinadas polo Concello de Santiago de Compostela, que trata de achegar este multitudinario deporte ata os diferentes recunchos da cidade de Compostela para incentivar a práctica do exercicio físico, dando cabida a case tóda-las idades ofrecendo, para elo, carreiras con trazados adaptados a cada categoría, establecendo, deste xeito, 3 carreiras: Categorías Benxamín e Alevín Categorías Infantil e Cadete Categoría Absoluta (de Xuvenil en adiante) É unha cita case obriga para os nosos atletas...

Os maiores na procura das mínimas en Narón.

Seguimos estreando pista, pero desta vez damos paso as categorías superiores da escola así como a algún veterán. Foi o pasado domingo día 26 de Novembro que se desprazaron ata Narón, acompañados polos seus adestradores Luis e Diego, ás pistas do Estadio Municipal de Río Seco para participar no XVI Trofeo Cidade de Narón organizado polo Club de Atletismo Narón, coa colaboración do Comité de Xuices da Federación Galega de Atletismo da Delegación de Ferrol así como do Excmo. Concello desta localidade. A xornada desenvolveuse nunha fría pero soleada mañá. O fin, para algúns deles, era o de obter as marcas que lles permitirán meterse...

LÍA no “Campionato Galego de Marcha de Inverno”.

O pasado sábado 25 de Novembro,  o Estadio Gregorio Pérez Rivera en Lugo acolleu a  importantes figuras do panorama galego de Marcha para disputar o “XXIX Campionato de Galicia de Marcha de Inverno”. Como non podía ser doutra maneira, a nosa destacada atleta nesta modalidade, LÍA PEREIRA SEIJO (LÍA) estaba presente neste gran evento, que reuniu aos mellores especialistas desta disciplina, para seguir defendendo o seu posto entre os mellores marchadores, disputando a súa categoría de Sub14 (Infantil) na que acadou un noveno posto tras completar unha distancia de 3000m.   Os resultados reflicten a súa boa actuación non só mellorando a...

Estreando pista coa “Liga Escolar Federada”.

Quenes se estrearon coas Pistas esta tempada foron os pequeneiros do noso Clube participando na primeira competición que abre o calendario de Pista Cuberta. Fixéronno o pasado sábado día 18 nas Pistas do Estadio Universitario de Santiago de Compostela, onde se reuniron xunto con outros atletas da contorna, para disputar a fase previa clasificatoria da “VI Liga Galega de Inverno Categoría de Menores – ABANCA” na que participaron, por Equipos, as categorías Benxamín (Sub10), Alevín (Sub12) e Infantil (Sub14). Neste día, disputábase tamén en Pontevedra (zona provincial Pontevedra) e en O Barco de Valdeorras (zona provincial Lugo e Ourense), loitando todos, deste xeito, polo...

 BENVIDOS A TODOS!!

AQUÍ ESTAMOS DE NOVO!! O Club Atletismo Fontes do Sar  recibimos oficialmente esta nova tempada cheos de ilusións con ganas de facer moitas cousas. Acollemos deste xeito, coas mans abertas, a todo-los nosos atletas así como ás novas incorporacións como novos membros da nosa gran familia, desexando que disfruten, non só de todo o que poida aportar este deporte, senon do bo ambiente e compañerismo, porque non só compartimos afección, senon eventos, desafíos, logros, amizades, risas, inquietudes,…, o que fai que teñamos un compromiso non só cun mesmo, senon tamén co Clube aportando dalgunha maneira o noso graniño de area....

AGOSTO 2017

AGOSTO 2017 Agosto foi un mes de descanso, poucas foron as participacións en carreiras, tocaba outro tipo de adestramento, festas populares, praia, viaxes, papatorias variadas ou estar deitado á sombra e así se fixo. Facemos un repaso das probas nas que se viu participación dos Sareiros, poucas e curtas.   CARREIRA XXVI Milla Urbana Concello de Ares DATA 05 de agosto de 2017 LUGAR Concello de Ares DISTANCIA Prebiberón: 50m // Biberón:100m // Prebenxamín:250m //Benxamín: 500m // Alevín:800m // Infantil:1000 // Cadete:-Xuvenís-Promesa-Senior e Veteráns: 1600m   A proba denominada XXVI Milla Urbana Concello de Ares tivo lugar o sábado 5...

CAMPUS DE VERÁN

  CAMPUS DE VERÁN Dende o luns 4 de setembro ata o venres 8 de Setembro (ámbolos dous incluídos). LUGAR Estadio de San Lázaro: Nas pistas de atletismo, na sala cuberta de usos múltiples ou nos arredores do estadio. Chegada: De 09:15h a 09:30h, na porta 1 do estadio de San Lázaro. Saída: De 13:15h a 13:30h, no mesmo lugar. ASISTENTES Calquera neno ou nena nados entre o 2003 e 2011 (ámbolos dous incluídos). PREZOS O prezo total, para os 5 días, será de: 30 € cota xeral. 20 € para socios do Club Atletismo Fontes do Sar. ADESTRADORES O...

XULLO 2017

XULLO DE 2017 Este xullo foi o mes dos “montunos”, o trail foi a especialidade na que máis se participou . Un par deles, o de Quiroga e o de Boborás nocturno, pensados para os máis atrevidos, para os que non lle da medo perderse no monte  de noite. Unha media maratón, a do Camiño, carreira que gustou moito aos que participaron, un cross  e uns cantos dez miles, foron as participacións dos nosos nun mes na que a meirande parte da xente está en modo vacacións. Facemos resumo do acontecido. CARREIRA IV CARREIRA POPULAR CONCELLO DE CURTIS. CTO DE...