Categoría: Absoluto

SETEMBRO CHEGOU FORTE!

Alá vai o verán, rematan as vacacións e chega setembro coa súa inevitable volta a rutina. Escola, libros, uniformes, zapatos, roupa de deporte, que  se os pantalóns do ano pasado quedaron pequenos,… Isto si que é unha verdadeira COSTA! E como a subimos? Correndo! Pois non o sabemos facer de outro xeito. Coas perniñas ben descansadas dun longo verán, agora toca poñelas a proba. Primeiras carreiras da tempada, moitas e variadas. As cabriñas tiráronse ao monte a facer trail, os morriñentos quixeron correr pola praia, os atrevidos fixeron duatlón e os arroutados empezaron cunha media maratón. Para todos os gustos:...

QUEN DIXO QUE EN AGOSTO HABÍA VACACIÓNS?

  Quen dixo que en agosto había vacacións? Pois algúns dos nosos atletas quixeron desafiar as temperaturas estivais e botáronse á rúa a facer quilómetro. De seguido resumimos algunhas das carreiras nas que houbo participación do club ao longo do mes de agosto.     DATA  06 DE AGOSTO DE 2016 CARREIRA  VI NIGRÁN AREAS DISTANCIA  6 KM LUGAR  PRAIA AMÉRICA – NIGRÁN A Sociedade Atlética Val Miñor e o Concello de Nigrán, organizaron o pasado día 6 de agosto do 2016 o VI Nigrán Area de atletismo pola area. O control da carreira estivo a cargo dos Xuíces da...

39ª CARREIRA PEDESTRE POPULAR DE SANTIAGO – EL CORREO GALLEGO

O día amañecía con brétema a pesares de que o home do tempo anunciara una baixada das temperaturas, abofé que esta vez tamén se enganara. A xornada pintaba ben, estreabamos hora e presidente do goberno. Como cada ano a carreira Pedestre  de Santiago traía un algo especial,  aquilo de correr en Compostela, que te animen polo nome, de pisar terreo coñecido  de querer facelo mellor que o ano pasado,  ou non! Vaia panda!  As rúas estaban cheíñas  das nosas cores por todas partes. A pesares de que a calorosa mañá foi de xustiza, un total de 57 membros do Fontes...

QUE NON… QUE NON?

QUE NON… QUE NON? Foi unha tarde calquera que se xuntaron un grupo de amigos diante dunhas cervexas. Un toleirán tiña unha idea,  e queríalla propoñer ao resto do grupo: ” Facer un cóete e ir a lúa” Boas foron as risas, pero a idea de ir á lúa non gustou moito, este toleirán enfadado dixo: – Sodes ben galiñas abondo, nin que a miña proposta fose subir ao Ézaro en bicicleta! Fíxose o silencio, miraron uns para os outros e o máis intrépido dixo: -A  que non tendes o que hai que ter! -QUE NON, QUE NON! Un dos...

SUPERMÁN TAMÉN É DO FONTES¡

Alá polo 1974 nunha Universidade de San Diego  un grupo de estudantes zarralleiros,  a modo de novatada, deseñaron unha combinación de  tres deportes (natación, ciclismo e carreira) e, sen sabelo, estaban a crear unha  nova disciplina que resultou ser das  máis cobizadas, admiradas e sufridas, “O TRIATLÓN”. Douse un paso máis e de ahí xurdiu o IROMAN. Deporte de superhomes e supermulleres. No Fontes do Sar temos a fortuna de contar nas nosas filas con SUPERMÁN FANDIÑO. O pasado 25 de xuño este atleta retouse a si mesmo lanzándose a facer un MEDIO IRONMAN.  Nadar os 1,9 km,  no lago artificial...

CARREIRAS XUÑO 2016

  DATA 04 DE XUÑO DE 2016 CARREIRA TRAIL DE VILATUXE 2016 DISTANCIA 17 Km e 34 Km LUGAR LALIN     Esta é a filosofía da organización deste trail “Buscamos a sensación de liberdade correndo polo monte e disfrutando da natureza.” E así o fixeron  un grupo de “traileros”  do Fontes que non se quixeron perder o embruxo de correr por estes montes cheos de lendas. Bea Amado acadou o primeiro posto da xeral  no trail curto , Emma Veiga foi a primeira veterana  e Montse Veiga  a terceira  veterana  en cruzar a liña de meta. Pto Dorsal Nome...

CIRCUITO CORRE-SAN 2016

NON DEIXES QUE O MAÑAN SE CONVIRTA EN NUNCA. CORRE Un ano máis moitos foron os membros do Clube que disfrutaron do circuíto de carreiras saudables   CORRESAN , programa de carreiras a pé organizadas pola Federación Galega de Atletismo e patrocinadas polo Concello de Santiago de Compostela a través do seu Departamento de Deportes. O fin deste circuíto é o de  concienciar sobre os beneficios  que a actividade física regular provoca na mellora da calidade de vida de todos aqueles que se animen a practicar. O circuíto constou de catro probas. •             30 de XULLO : CORRESAN RUTA DA PRATA- ANGROIS....

NERE pon o broche douro.

Uns días atrás falabamos dos Campionatos Galegos de Pista A.L. que pecharon a tempada e nos que moitos dos nosos atletas foron partícipes conseguindo un bo posto no Ránking e colgándose algún metal.   Cando para moitos concluía a súa tempada, para NERE non facía máis ca comezar. Como ben sabemos, A súa boa actuación e traxectoria deportiva ó longo da tempada, non pasou desapercibida. No Campionato Galego, no que se proclamou Subcampiona Galega con Medalla de Prata no 300 ml e Subcampiona Galega con Medalla de Bronce no 100 ml, estivo presente O Seleccionador da Federación Galega de Atletismo que non perdeu...

Excelente actuación de NERE e CARLITOS no Campionato Galego de Pista A.L.

Volvemos ás competicións de plena tempada, concretamente a Pista A.L. Despois duns meses de duro traballo e intensos entrenos, participando en diversa probas e controis de marcas loitando por una mínima e melloras nas marcas persoais, chegou o momento, para aqueles atletas da nosa Escola que conseguiron meterse no Campionato Galego de Pista A.L e de loitar por un título. CAMPIONATO DE GALICIA CADETE PISTA A.L. Campionato Galego Individual que se disputou o pasado sábado 4 de Xuño nas Pistas do Estadio Municipal de A Malata, en Ferrol. Ata alí desprazouse NERE acompañada polo seu adestrador Luis e arroupada por familiares...

2ª CARREIRA NOCTURNA SANTYAGO10K.

O pasado sábado 21 de Maio celebrouse esta gran festa deportiva na nosa cidade, a Segunda Edición da Carreira Nocturna de Santiago de Compostela “SantYaGo 10K” organizada e impulsada polo Club Atletismo Fontes do Sar coa colaboración do Multiusos Fontes do Sar – Complexo Deportivo Santa Isabel e do Concello de Santiago, así como dos numerosos Patrocinadores e Entidades Colaboradoras. Despois duns longos meses de traballo para que todo estivera a punto para esa gran noite, especialmente por parte da Directiva do noso Club, chegou a recompensa co éxito ó gran esforzo. Este ano, pese a que as condicións meteorolóxicas non acompañaron moito,...