Categoría: Absoluto

Os maiores na procura das mínimas en Narón.

Seguimos estreando pista, pero desta vez damos paso as categorías superiores da escola así como a algún veterán. Foi o pasado domingo día 26 de Novembro que se desprazaron ata Narón, acompañados polos seus adestradores Luis e Diego, ás pistas do Estadio Municipal de Río Seco para participar no XVI Trofeo Cidade de Narón organizado polo Club de Atletismo Narón, coa colaboración do Comité de Xuices da Federación Galega de Atletismo da Delegación de Ferrol así como do Excmo. Concello desta localidade. A xornada desenvolveuse nunha fría pero soleada mañá. O fin, para algúns deles, era o de obter as marcas que lles permitirán meterse...

NERE convocada pola FGA para participar na “Concentración do Sector de Velocidade”.

Xa levamos algo máis dun mes que comezaron os adestramentos e os nosos peques, e xa non tan peques, están a pleno gas preparando as competicións que se aveciñan. Namentres, NEREA IGLESIAS (NERE), sumando unha experiencia máis no seu historial deportivo, tivo a honra, un ano máis, de poder participar durante tres xornadas nunha Concentración do Sector de Velocidade á cal foi convocada por José Carlos Tuñas, Seleccionador Galego desta especialidade, que en todo momento estivo interesado na súa presenza dada a gran actuación da nosa atleta na tempada pasada, na que coroou ó máximo nivel na nosa comunidade, tanto...

INFORMACIÓN TEMPADA 2017/2018

¿ANDAS NA PROCURA DUN NOVO DEPORTE? Achégate ás nosas instalacións e proba sen compromiso !! Aquí che deixamos un enlace para descargar o tríptico informativo en PDF Ou podes ver a información máis salientable no noso cartel:                   Tamén atoparás os documentos para realizar a inscripción na nosa páxina web: Para atletas en idade Escolar: http://www.atletismofontesdosar.es/escolar/inscripcion/ Para atletas Adultos (Veteráns (Pista e Ruta), Montaña, Escola de Pais/Nais): http://www.atletismofontesdosar.es/veteranos/inscripcion/

Remata a tempada: Nerea Iglesias Campiona Galega Absoluta, entre outras novas

Cando está rematando a tempada antes das vacacións do verán, temos e damos constancia das probas que tivemos nos ultimos días: Campionato Galego Absoluto – 15 de Xullo                    O sábado 15 de Xullo, celebrouse no Estadio do Centro de Tecnficación Deportiva de Pontevedra, o Campionato Galego Absoluto masculino e feminino.               Con dereito a participar por acadar a marcar mínima correspondente, foron Carlos Manso e Nerea Iglesias, que competirán na proba de 100ml               Carlos fará unha boa marca...

XUNO DE 2017

Xuño de 2017 Atrás quedou o mes do solsticio de verán, con tempo solleiro e temperaturas en demasía, rematou o colexio, as actividades extraescolares e os adestramentos; demos a benvida a estación pola que agardamos todo o ano. Gozamos da noite máis máxica, a do san Xoán, e tamén corremos moito, quilómetros a gusto de todos, ben feitos, pouco feitos, volta e volta … imos ver.   IV CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE ZAS . V CIRCUÍTO DEP. PROVINCIAL DE A CORUÑA. IV CIRCUÍTO CORRENDO POLA COSTA DA MORTE SÁBADO, 03 DE XUÑO DE 2017. Concello de Zas Distancia: alevín 1000m...

MAIO 2017

 Foi un mes cheo de emocións e, a III edición da Santyago foi sin dubida o máis salientable deste mes que xa rematou. Pero moitos foron os quilómetros que os nosos atletas acumularon a longo deste maio solleiro. Quilómetros de asfalto, en Arteixo, en Frades, en Mazaricos, en Outes, en Lugo… Quilómetros de monte, no Ultra de Cerveira, no Galaica da Pobra, nos Picos de Europa… Quilómetros solidarios, no Campus na Nube, ou na carreira pola Esclerosis Múltiple. Quilómetros pola lingua na carreira das letras. Quilómetros costa arriba, moi costa arriba na subida a Covadonga. Quilómetros pola area na carreira...

CAMPIONATOS GALEGOS PARA TÓDALAS IDADES

O último fin de semán de Maio, celebraronse varios campionatos galegos nos que houbo participación do clube:   O sábado celebrouse no Estadio Municipal de Cabalagueiros en O Barco de Valdeorras, o Campionato Galego Benxamín, Alevín e Infantil por Equipos, competición na que participaron os equipos Alevín e Infantil masculino así como o Infantil feminino. O Equipo alevín masculino composto por Roi Rial, Iago Cao, Marco Mota, Jacobo Salgado, Carlos Mira, Jorge Iglesias, Noé Novoa, Antón Romar, Mateo Sánchez e Noel Ferraces, competiron en 60ml, 500ml, 1000ml, altura, lonxitude, xavelina, peso, marcha e relevos 4x60m; acadando 84 puntos e quedando cuartos na clasificación...

UN ABRIL PARA O RECORDO.

Cando xa maio vai polo seu ecuador  poñemos resumo do feito en abril. Temos que pedir desculpas polo retraso pero os frontes abertos son moitos e as horas poucas. Non son tan poucas as  que empregan os nosos  corredores, que non paran: maratóns, medias, carreiras infinitas, e as cabras montesiñas que desta volta chegaron hasta o europeo. Todas e cada unha das participacións teñen moito mérito pero, ás veces abráiamonos porque a nosa xente fai cousa grandiosas. Mención especial para Mario R. que nos representou no europeo de Montaña, acadando un resultado espectacular. E como non, tamén mención para as...

ADEUS FEBREIRO.

Atrás queda febreiro, atrás queda o Entroido, peliqueiros e cigarróns, felos e boteiros, xenerais e folións ;xa descansan nas súas caixas arroupados polo cheiro do alcanfor, agardando pola festa do  vindeiro ano. Co sabor das filloas e das orellas no padal  dicimos adeus ao inverno e recibimos a primavera que xa ben petando a porta. Estes días dounos para moito o que máis, monte. Mandamos xente a un dos trail máis completos e difíciles  do que hai no calendario  ao Quiroga Trail Challenger, xente Valente  Saky e LlorenÇ. Deixámonoss ver polo trail de San Isidro e polo Trail Galica de...