En Setembro….VOLTAMOS !!!

Nova tempada de Adestramentos…..

Xa estamos de cheo preparando unha nova tempada de adestramentos.
INSCRICIÓNS / RENOVACIÓNS

*Formalización da renovación*

Co fin de axilizar o proceso, as renovacións dunha tempada a seguinte, faranse automaticamente sen que sexa necesario presentar ningunha ficha de renovación.

A licencia da FGA, que se ten que tramitar tódolos anos, neste novo inicio de adestramentos, non será preciso, xa que este ano, a tempada federativa é coincidente co ano natural, polo tanto vixente ata o 31 de Decembro de 2019.
En Xaneiro, para facilitar a súa sinatura, os membros da directiva a achegarán aos pais nos adestramentos a documentación precisa de cara ao inicio da nova tempada 2020.N

*Novas inscriciòns*

Se tes algún cativo na casa que queiras que comece na nosa escola, algún amigo ou familiar, dispoñemos de un formulario de preinscripciòn co cal reserva-la túa praza.

Se estás interesado en formar parte do noso club cumprimenta o seguinte formulario:

https://forms.gle/VbzdGsnVVs3amy9PA

Membros da directiva, ou o noso coordinador deportivo, poranse en contacto contigo para coñecer as túas motivacións, e darte a coñecer os principais aspectos do noso club. O prazo de preinscrición de novos atletas permanece aberto ata cubrir as prazas dispoñibles para cada categoría.

Formalización da alta

Para formalizar a alta dun novo atleta, unha vez enviado o formulario de preinscrición, farase chegar e/ou publicarase no mes de setembro o documento correspondente para cubrir os datos da ficha federativa e a domiciliación bancaria dos recibos.

Mais información na dirección de correo:

escola@atletismofontesdosar.es

Estamos a traballar con moita ilusión na procura dos recursos, para este ano contar cunha nova colchoneta de salto de altura, de maiores prestacións, coa cal seguir os progresos d@s nos@s atletas.O ano pasado poidemos dispoñer de balados novos, así coma material de inicio a traballos de forza e coordinación, e ano a ano tentamos continuar co mesmo esforzo.

Xa vos estamos a agardar !!!!!!!