ÚLTIMAS NOVAS – NOVEMBRO 2018


COMPOSTELA EN NEGRO


Hoxe foi unha tarde moi #positiva para tod@s nós. Dende o noso clube sumámosnos hoxe, e tódolos días do ano, á campaña do Concello de Santiago de Compostela.

Grazas á Concellería de Deportes de Santiago de Compostela por permitirnos desfrutar do noso #Estadio, por facilitarnos facer deporte e poder reivindicar os nosos valores, que son en definitiva, os de tod@s !!!.

Club de Atletismo Fontes do Sar #ContrasAsViolencias

 

LIGA ESCOLAR ABANCA – CATEGORÍAS MENORES

(1 Decembro 2018)

Esta fin de semana, parte da nosa #Escola disputou a fase Provincial da Coruña da Liga #Abanca ♥️.

Conseguimos acudir cos equipos Sub-12 e Sub-14 Masculino, ainda que un pouco mermados, e na categoría sub-14 non pudemos cubrir tódalas probas. A axenda dos nen@s é máis complicada ca dos adultos, .

Pero cómo se divirten !!!!☺️

CROS NACIONAL PONTE ROMANA

(25 Novembro 2018)

Que boa organización a do Cross Nacional Ponte Romana que se disputou este Domingo en #Lugo
Gracias por calendar probas así !!!

Proba homenaxe ao gran Tito Margaride. A ela asistiron grandes atletas da nosa historia, con varios Campeonatos de Europa e finalistas #Olímpicos.

A disciplina do Cross é marabillosa. Dende o clube, nos pensamos que os atletas da nosa escola teñen que “vivir” e sentir esta disciplina, e como non, tamén algunha #mamá xa que hai a oprtunidade !!! 

Non o dubidamos, Voltaremos !!!!!

https://atletismo.gal/wp-content/uploads/2018/08/Resultados-III-CROSS-PONTE-ROMANA-2018.pdf

 

 

 

 

 

 

 

MEDIA MARATÓN DE VILAGARCÍA

(25 Novembro 2018)

Outra finde #competitiva para o noso Clube. Boa representación na Media Maratón de Vilagarcía.

Parabéns a tódolos nosos compañeir@s !!! 

Felicitamos de modo particular a Nemesio pola Victoria na súa categoría, e por ese excepcional posto xeral, e tamén a Brandón polo seu podium de categoría.

 

CARREIRA SAN MARTIÑO OURENSE

(18 Novembro 2018)

Unha #SanMartiño máis tendo presentes a membros do noso Clube. Séguese a notar as diferenetes maratóns das derradeiras datas, e moit@s están de #BlackFriday.

Felicitamos a tódolos que desfrutaron das rúas de Ourense, A Bráis Picón e a Daniela polos seus podiums en tan multitudinaria carreira…
Pero especialmente felicitamos a Montserrat Veiga Blanco.,que estaba de cumpreanos.

Estar nun clube coma o noso non quere decir que todo sexa correr. Fórmase amizade… vínculos que non se esquecerán. Sorpresas así dunha compañeira fan que todo mereza a pena !!!!

https://atletismo.gal/wp-content/uploads/2018/07/Resultados-XLII-CARREIRA-PEDESTRE-POPULAR-DO-SAN-MARTI%C3%91O-2018-2.pdf

 

REUNIÓN NACIONAL DE ADESTRADORES – MADRID

(17-18 Novembro 2018)

Esta fin de semana estase a celebrar a II Reuniòn Nacional de Adestradores no #CAR de Madrid.

 

Ampla #formaciòn. Distintos ponentes e estudos de diferentes modelos de adestramento.

Un dos máis esperados, era o Fisòlogo dos Irmáns Ingebritgsen. Os cales están a revolucionar o medio fondo nos últimos anos

Entre a representaciòn Galega que acudiu, da que se

 fixo eco a #Fga, estaba un dos nosos, Santi Canicoba.