“V TROFEO ATLETISMO FONTES DO SAR”

Xa tivemos ocasión de estrear a tempada de Pista A.L.

Sumerxidos de pleno no PROGRAMA XOGADE, tanto a modo individual como en combinadas, e do que xa levamos unha xornada, dedicarémoslle unha nova ó seu remate.

 

Namentres, centrarémonos nun dos eventos que nos caracteriza e tan esperado polos nosos atletas. Estamos a falar do Trofeo en Pista que leva o noso nome e organizado polo noso Clube, o “TROFEO ATLETISMO FONTES DO SAR”. Disputouse o pasado domingo 18 de marzo nun día que desluciu pola chuvia que nos acompañou ó longo de toda a xornada.

Nesta edición, e xa van cinco, acollíanos o Estadio Universitario de Santiago de Compostela, que habría as súas cancelas en torno ás 9:00 da mañá para dar comezo ás 10:00 coas probas de 500ml e Lonxitude.

Disputáronse diversas probas de Velocidade, Medio-fondo, Concursos de Salto e Lanzamento que deron cita a atletas de tódalas categorías, facendo partícipe tamén aos máis pequeneiros, á categoría Sub-8 (Prebenxamíns e Pitufos).

Pero o máis salientable nesta edición foi a celebración do CAMPIONATO GALEGO DE 5000ML SUB-20 FEM/SUB-18 MASC E DE 10000ML SUB-20/SUB-23/ABSOLUTO/MÁSTER PISTA A.L.

Este ano, xa acostumados a adestrar e competir con frío e choiva, fixo que non supuxera un impedimento para saír á pista e pelexar por unha boa marca, unha boa posición e por qué non, unha boa medalla. Deste xeito, quedaron na casa un total de 15 medallas : 5 Ouros, 7 Pratas e 3 Bronces, así como, sumando o esforzo de tódolos integrantes do noso Clube, o 1º Premio ó Mellor Equipo, que demostra, unha vez máis, que somos un gran Equipo, unha gran familia.

 

OUROS:

  • CARLITOS  –  100ML Abs.Masc. cun tempo de 12.07
  • PABLO I.  –  500ML Sub10 Masc. cun tempo de 01.45.39
  • CARMEN  –  500ML Sub14 Fem. cun tempo de 01.23.94
  • LARA  –  500ML Sub10 Fem. cun tempo de 01.51.54
  • VALENTINA  –  Peso 3KG Sub14 Fem. cun lanzamento de 06.80

 

PRATAS:

  • XIANA  –  300ML Sub16 Fem. cun tempo de 46.12
  • NICOLÁS  –  300ML Sub16 Masc. cun tempo de 40.69
  • MARTA  –  500ML Sub10 Fem. cun tempo de 01.52.36
  • ANTÓN  –  500ML Sub12 Masc. cun tempo de 01.35
  • PABLO  –  Altura Sub16 Masc. cun salto de 01.44

No Campionato galego de 10000ML:

  • JUANATEY  –  cun tempo de 38.05.62
  • J. BRANDÓN  –  cun tempo de 39.25.70

 

BRONCES:

  • XURXO R.  –  300ML Sub16 Masc. cun tempo de 41.72
  • DANIELA  –  500ML Sub10 Fem. cun tempo de 01.54.42
  • CARMEN  –  Peso 3KG Sub14 Fem. cun lanzamento de 06.62

 

A clasificación dos Equipos, dos que levan premio en metálico por cortesía do Centro Deportivo de Santiago de Compostela os tres primeiros clasificados, queda do seguinte modo:

  • 1º Clasificado  –  Club Atletismo Fontes do Sar
  • 2º Clasificado  –  Club Atletismo Millaraio
  • 3º Clasificado  –  Club Atletismo Noia

Despedimos así, ata o ano que ven, unha edición máis do noso Trofeo, non antes sen agradecer a gran labor realizada por tódolos que aportáchedes a vosa axuda antes e ó longo da competición e que fixo posible levar a cabo o desenrolo do evento, así como a colaboración do Comité de Xuíces da FGA da Delegación de Santiago e da Universidade de Santiago.

Gracias novamente a todos vós, membros e atletas da nosa gran familia por facer posible este gran acontecemento e NORABOA!!