A nosa raíña da velocidade bate UN NOVO RÉCORD GALEGO no seu Campionato de España de PC … e xa van seis !!

Quen se encargou de por o broche douro, e con isto xa pechamos a tempada de Pista Cuberta, …

 

…  foi a nosa velocista NEREA IGLESIAS, que cumpliu tódalas súas expectativas da tempada, impoñéndose no autonómico ás súas rivais e consolidando así os seus títulos de CAMPIOA GALEGA  dos 60ml e 200ml  SUB18  e  de CAMPIOA GALEGA ABSOLUTA dos 60ml, facendo referencia, deste xeito, ó seu alcume de “a Raiña da velocidade galega” e logrando, con moito esforzo e moito traballo, a marca mínima esixida pola RFEA para o…

 

 

XLI CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB18 DE PC que se celebrou na fin de semana do 10-11 de Marzo no Centro de Tecnificación de Atletismo de antequera (Málaga).

 

Ata alí levou a nosa Camiseta Viaxeira acompañada polo seu adestrador Luis e familiares para disputar a súa proba de 60ml.

Na primeira xornada, nas series eliminatorias, chegaríanos a gran sorpresa deste campionato, cruzar línea de meta nunha segunda posición da súa serie, que lle dou o pase a Semifinal cun tempo de 7.83, rebaixando así a súa MMP e establecendo un novo RÉCORD GALEGO!! (e xa van seis as súas costas)

e sendo o 8º meior tempo de 49 rapazas que se presentaron ás clasificatorias.

Xa na segunda xornada, con saída nunha segunda serie moi disputada e loitando ata o último metro, meteu cabeza  cun tempo de 7.91, a nada de entrar na Final; non obstante logrou o 10º posto do Campionato, que non está nada mal tendo en conta o alto nivel que houbo.

 

 

Non logrou meterse na final, pero sí alcanzar un dos seus retos, fixar un NOVO RÉCORD GALEGO, un dos seus grandes obxetivos, entre outros, por conseguir este ano.

 

NORABOA CAMPIONA!!