Concluímos a tempada de Pista Cuberta.

Concluímos a tempada de Pista Cuberta. Pero para rememorar todo o que deu de sí, votamos unha vista atrás, porque os nosos recordos seguen sumerxidos nos Campionatos aínda moi recentes.

Continuando coa nosa labor de mantelos informados …

Desta vez é o turno dos MÁSTERS, categoría na que tivemos representación no Nacional nos M40 con XAVI LLOPIS.

Foi a antesala do EUROPEO que se aveciña e no que tamén contaremos coa presenza de SILVIA BARREIROS nestes días 19-24 de Marzo en Madrid.

CAMPIONATO DE EUROPA

Pero agardando ese gran acontecemento, namentres, centrarémonos no xa acontecido, repasando a súa actuación no XXIV CAMPIONATO DE ESPAÑA en PISTA CUBERTA que se disputou nas xornadas do 2,3 e 4 na Pista Cuberta de ”Carlos Gil Pérez” sita na Ciudad Deportiva de la Aldehuela (Salamanca).

Participou nos 60ml cruzando línea de Meta no 4º Posto da súa serie cun rexistro de 7.88 , nada mal tendo en conta o tempo que estivo afastado recuperándose dunha lesión.

Para chegar ata aquí, tivo que pasar polo autonómico, CAMPIONATO DE GALICIA MÁSTER de PISTA CUBERTA 2017-2018

… que se disputou o 14 Xaneiro na Pista Cuberta de Ourense. Non estivo só. Acompañáronno outros atletas do clube que tamén participaron …

SILVIA  –  60ML a primeira da súa Serie cun tempo de 9.37

200ML a primeira da súa Serie cun tempo de 32.21

 

Proclamándose SUBCAMPIONA GALEGA con MEDALLA de BRONCE en ámba-las dúas probas.

XAVI  –  60ML o segundo da súa Serie cun tempo de 8.07

200ML o cuarto da súa Serie cun tempo de 26.66

SUSO  – 200ML o segundo da súa Serie cun tempo de 28.27

400ML o segundo da súa Serie cun tempo de 01.02.49

MOISÉS  – 800ML no Posto Nº12 da súa Serie cun tempo de 02.32.35

Un gran traballo por parte dos nosos veteráns!!

E xa posto, seguiremos rememorando outros campionatos xa acontecidos. Témonos que remontar ao mes de Decembro, no que se disputaba en xornada de mañán do día 16, a …

FINAL AUTONÓMICA da LIGA ESCOLAR coincidindo coa cerimonia inaugural da nova instalación deportiva de Pazo Dos Deportes Paco Paz – Expourense, en Ourense, recentemente construída na nosa Comunidade.

Chegaron ata alí dous dos nosos equipos, os Benxamíns Masculino…

(Fiz, Alvarecho, Iván L., Pablo I., Martín F., Martín M., Noé F., Xaquín e Ale)

e as Infantís Feminino…

(Lía, Ana, Carmen, Candela C.R., Ainoa G., Cande, Valentina, Olimpia e Sabela)

Despois de participar en diferentes probas nas que tiveron que puntuar, quedaron deste xeito …

  • 2º Posto, o Equipo Benxamín Masculino (Sub10) con 129 Ptos. , subindo ó segundo caixón como SUBCAMPIÓNS GALEGOS.

  • 7º Posto, o Equipo Infantil Feminino (Sub14) con 126 Ptos.

 

 

Xa en xornada de tarde, no mesmo recinto, tiña lugar o …

TROFEO INAUGURAL EXPOURENSE, no que tamén tivemos representación …

NERE  –  60ML a primeira da súa Serie cun tempo de 7.88

MANUEL  –  60MV o segundo da súa Serie cun tempo de 10.01

XIANA  –  1000ML a sexta da súa Serie cun tempo de 3.23.41

PABLO R.  –  1000ML o sexto da súa Serie cun tempo de 2.53.36

 

 

Xa no mes de Xaneiro, tivemos tres grandes citas …

XXXIII CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO DE PC.

As grandes figuras do altetismo galego reuníanse neste gran acontecemento anual o día 13 na Pista Cuberta de Expourense.

 

 

 

 

 

 

 

 

Entre eles os nosos velocistas NERE e CARLOS que, acadando as mínimas esixidas, fixéronse un oco entre eles.

NERE  –  60ML a primeira das súas Series cuns tempos de 7.937.89 7.93  cos que revalida o seu título de CAMPIONA GALEGA ABSOLUTA de PC dos 60ML.

CARLOS  –  60ML o sexto da súa Serie cun tempo de 7.51

400ML o quinto da súa Serie cun tempo de 54.28

 

O día 21 era o turno da categoría Sub23, a nosa Promesa INÉS reuníase no Pazo dos Deportes de Riazor en A Coruña con outros atletas para participar no…

CAMPIONATO DE GALICIA SUB23 (PRO) DE PISTA CUBERTA 2017/2018.

Saíu na segunda serie do 400ml, pero unha indisposición non lle permitiu rematar a súa proba.

ÁNIMO INÉS, ESTAMOS TOD@S CONTIGO!!

E para rematar o mes, para aqueles que lles gusta probar un pouco de todo, tiveron o seu oco no…

XXIX CAMPIONATO DE GALICIA DE PROBAS COMBINADAS.

Tivo lugar no Módulo Cuberto de Gregorio Pérez Rivera de Lugo os días 27 e 28.

Ata alí desprazáronse catro atletas da nosa escola da categoría Sub16 que tiveron que mostrar as súas habilidades en distintas probas.

Para as nosas rapazas, o PENTATHLON composto por 60mv-Altura-Peso-Lonxitude- 600ml.

ÁNGELA no 17º Posto cun total de 1.474 Ptos.

XIANA no 18º Posto cun total de 1.395 Ptos.

E para os rapaces, o EXATHLON composto por 60ml-Lonxitude-Peso- Altura-60mv-1000ml, rozando o podium …

XURXO no 4º Posto cun total de 1.893 Ptos.

PABLO no 5º Posto cun total de 1.787 Ptos.

de seguro que na próxima, non se lles escapa.

Das categorías Sub18/Sub20, das que vos deixamos aquí o enlace das fotos e vídeos da xornada,

… e das Sub10/Sub12/Sub14 xa fixemos mención na anterior nova

Só nos falta para poñérmonos ó día e para rematar a tempada de Pista Cuberta dos autonómicos o …

XXXI CAMPIONATO DE GALICIA SUB16 (CAD) DE PISTA CUBERTA.

No que tivemos catro representantes XIANA, PABLO R., NICOLÁS e XURXO, que se desprazaron, a pasada fin de semana do día 10, ata a Pista Cuberta de Expourense para disputar o seu autonómico.

 

NICO  –  60ML  segundo e quinto das súas Series cuns tempos de 7.77 e 7.89

300ML  segundo e quinto das súas Series cuns tempos de 40.94  e 42.23

XURXO  – 60ML quinto da súa Serie cun tempo de 8.26

300ML  terceiro da súa Serie cun tempo de 42.18

PABLO R.  – 1000ML  Posto Nº 7 da súa Serie cun tempo de 02.50.48

XIANA  – 1000ML  terceira da súa Serie cun tempo de 03.20.23

 

Sen dúbida un gran traballo, moito dado e máis por dar!!

NORABOA A TOD@S!!