12th European Masters Athletics Championships Indoor Madrid, 19-24 March 2018

O NOSO PASO POLO EUROPEO

Dúas novas máis para rematar coa Pista Cuberta antes de pasar á Pista Aire Libre.

Como xa mencionamos na noticia anterior, dous dos nosos atletas veteráns participaron no 12TH EUROPEAN MASTERS ATHLETICS CHAMPIONSHIPS INDOOR (Campionato Europeo Máster de PC) que se estivo a desenvolver estes días (do 19 ó 24) en Gallur, Madrid.

Unha oportunidade que non podían deixar escapar…

Estamos a falar de SILVIA BARREIRO e XAVI LLOPIS que foron, ámbo-los dous, para disputar o 60ml co único obxectivo de disfrutar desta nova experiencia.

 

Fotos de JJ Vico

 

E non cabe duda de que sasí foi, verse envoltos nun campionato desas magnitudes é moi motivador, non hai máis que ver os resultados …

SILVIA  -> sétima da súa serie cun tempo de 9.25 , posto 27º da xeral

XAVI -> quinto da súa serie cun tempo de 7.76 , posto 25º da xeral

… mellorando así os dous as súas marcas en 12 centésimas.

Moi bos postos e excelente participación. Unha boa motivación para seguir adestrando e loitando, e quén sabe se volver a participar noutro campionato desta envergadura.

Aí vos queremos … Noraboa os dous!!