Rematamos a tempada de Campo a Través e de Marcha de Inverno.

Aquí estamos de novo!!! Pregamos disculpas aos nosos seguidores.

Retomando a nosa función de mantervos informados, faremos un reconto do acontecido na nosa Escola repasando todas aquelas competicións nas que os nosos atletas foron protagonistas, que non foron poucas, tanto en Pista como en Campo a Través.

 

A nosa derradeira nova facía referencia a unha das modalidades que estivo en pleno auxe nestas datas, referímonos ó Campo a Través que, mediante o PROGRAMA XOGADE quere achegar aos máis pequenos esta disciplina dentro do atletismo.

Disputadas as Fases previas …

ZONAL (click aquí para ver a Nova Referida)

e

INTERCOMARCAL (click aquí para ver Resultados)

deste Campionato de Campo a Través en Idade Escolar no Parque Eugenio Granell de Santiago, tivemos unha ampla participación dos nosos pequenos no CAMPIONATO PROVINCIAL que se disputo na mañán do sábado día 3 de Febreiro nas inmediacións da Universidade Laboral, no circuito do Parque de Acea da Ma en Culleredo.

Situábanse na grella de saída …

  • Benxamíns Masculino
  • Benxamíns Feminino
  • Antón Romar (Alevín Masculino)
  • Infantís Masculino
  • Infantís Feminino
  • Pablo Rey (Cadete Masculino)
  • Xiana Brea (Cadete Feminino)

Mailo frío e a choiva que acompañou o longo de toda a xornada, foron moi competitivos …

vexan os resultados (Click aquí)  finalizadas as diferentes probas:

  • Benxamíns Masculino SUBCAMPIÓNS PROVINCIAIS, MEDALLA DE PRATA
  • Benxamíns Feminino cun moi disputado 5º Posto

(categoría que se despide con esta fantástica participación ata a vindeira tempada)

 

  • Infantís Masculino SUBCAMPIÓNS PROVINCIAIS, MEDALLA DE BRONCE
  • Infantís Feminino SUBCAMPIOAS PROVINCIAIS, MEDALLA DE BRONCE
  • Antón Romar (Alevín Masculino) tamén cun moi disputado 6º Posto
  • Xiana Brea (Cadete Feminino) cun 11º Posto
  • Pablo Rey (Cadete Masculino) CAMPIÓN PROVINCIAL, MEDALLA DOURO

 

Pasaban para a seguinte rolda, os dous mellores equipos de cada categoría e de forma individual, os oito primeiros da clasificación xeral que non formaban parte dos equipos clasificados  …

Deste xeito clasificaban para o CAMPIONATO GALEGO DE CROSS :

  • Antón Romar (Alevín Masculino)
  • Brais Picón (Infantil Masculino)
  • Carmen Juanatey (Infantil Feminino)
  • Pablo Rey (Cadete Masculino)

 

… derradeira Fase do Campionato que se disputou o sábado 17 de Febreiro na Praia de Cabío da Pobra do Caramiñal, quedando os nosos representantes clasificados deste xeito:

  • Antón Romar (Alevín Masculino), cun tempo de 8.10 entrou en Meta no 19º Posto
  • Brais Picón (Infantil Masculino), cun tempo de 8.13 entrou en Meta no 1º Posto
  • Carmen Juanatey (Infantil Feminino), cun tempo de 8.22 entrou en Meta no 21º Posto
  • Pablo Rey (Cadete Masculino), cun tempo de 17.42 entrou en Meta no 7º Posto

 

 

A modo individual, tamén tivemos a actuación de dous dos nosos atletas noutras probas desta modalidade …

XIII CAMPIONATO DE GALICIA SUB16 (CAD) DE CAMPO A TRAVÉS.

Disputouse o pasado domingo día 28 de Xaneiro en A Rúa (O Barco de Valdeorras).

Entre os atletas participantes estaba Pablo Rey cubrindo unha distancia de 3.900m, entrando en Meta no posto Nº 13 cun tempo de 13.39

 

XXXVI TROFEO DE CROSS “VILLA DE LOS MOLINOS”.

Tivo lugar na mañán do domingo 14 de Xaneiro en terras manchegas, concretamente en Sierra de los Molinos en Campo de Criptana (Ciudad Real). Ata alí desprazouse Candela Pereira, iniciando deste xeito a primeira aventura da nosa Camiseta Viaxeira, para completar un percorrido de 1.500m cruzando Linea de Meta nun 18º posto cun tempo de 6.58

 

Nesta mesma localidade, o día anterior, tiñamos a Lía Pereira, a nosa gran marchosa, no …

TROFEO NACIONAL DE MARCHA  “VILLA DE LOS MOLINOS” DE CAMPO CRIPTANA (CIDADE REAL)

Sen dúbida, unha fantástica actuación. Demostrouno subindo ó 2º caixón na categoría Infantil Feminina cun tempo de 18.00 minutos, despois de percorrer 3 km nun circuito urbano homologado pola Real Federación Española de Atletismo.

Ésta non foi máis ca súa primeira toma de contacto. Onde de verdade demostou a súa destreza, foi no …

XXIX CAMPIONATO DE GALICIA DE MARCHA EN RUTA

que se disputou o 11 de Febreiro en Porto de Aldán (Cangas do Morrazo).

Na súa proba tiña que completar unha distancia de 3.000m, e así o fixo, entrando en Meta no 3º posto  cun tempo de 16.51 proclamándose SUBCAMPIOA GALEGA da categoría Sub14 con MEDALLA DE BRONCE.

 

Deste xeito rematamos a tempada de Campo a Través e de Marcha de Inverno habendo feito un gran traballo.

NORABOA RAPACES!!