Fase Zonal do Campo a Través en Idade Escolar – XOGADE (Santiago).

Outra modalidade do atletismo que está en plena tempada é a do Campo a Través.

Para elo, a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e a AGRUPACIÓN DEPORTIVA “LA PARRA”, en colaboración co Concello e coa Delegación de Atletismo da FGA en Santiago, organizan esta disciplina de CAMPO A TRAVÉS para iniciar aos máis pequenos nesta modalidade a través do programa de XOGADE.

O pasado sábado 2 de Decembro os nosos pequenos acudiron á cita para disputar, en xornada de mañá, a 1ª Fase do “Campionato de Campo a Través en Idade Escolar – Xogade” no Parque Eugenio Granell de Santiago, participando en distintas carreiras nun circuito marcado no mesmo parque.

Mailo frío que facía, alí se reuniron, en torno ás 11:00, con outros rapaces destacando deste xeito a gran participación da nosa Escola.

Finalizada esta Primeira Fase, as clasificacións quedan da seguinte maneira :

Pasan para a seguinte rolda, os tres mellores equipos de cada categoría e os oito primeiros clasificados individualmente que non formen parte dos equipos clasificados  …

clasificacións para a seguinte ronda :

 

  • Clasifícanse de forma Individual :

– Sara Noya (Alevín)

– Pablo R. (Cadete)

  • Clasifícanse por Equipos :

– Benxamín Feminino (Sub10)

– Benxamín Masculino (Sub10)

– Alevín Masculino (Sub12)

– Infantil Feminino (Sub14)

– Infantil Masculino A (Sub14)

– Infantil Masculino B (Sub14)

– Cadete Feminino (Sub16)

 

¡¡NORABOA A TOD@S!!

Vémonos na próxima Fase do Campionato de Zona que se disputará o vindeiro sábado 20 de Xaneiro neste mesmo circuito.

¡¡ÁNIMO RAPACES!!