NERE convocada pola FGA para participar na “Concentración do Sector de Velocidade”.

Xa levamos algo máis dun mes que comezaron os adestramentos e os nosos peques, e xa non tan peques, están a pleno gas preparando as competicións que se aveciñan.

Namentres, NEREA IGLESIAS (NERE), sumando unha experiencia máis no seu historial deportivo, tivo a honra, un ano máis, de poder participar durante tres xornadas nunha Concentración do Sector de Velocidade á cal foi convocada por José Carlos Tuñas, Seleccionador Galego desta especialidade, que en todo momento estivo interesado na súa presenza dada a gran actuación da nosa atleta na tempada pasada, na que coroou ó máximo nivel na nosa comunidade, tanto na súa categoría (Cadete) como na absoluta, converténdose deste xeito na “raiña da velocidade galega”.

Alí reuniuse con outros atletas do panorama galego que despuntan nesta especialidade para seguir uns adestramentos especiais así como distintas charlas. Para elo contaron coa presenza e consellos do noso atleta internacional Óscar Husillos, campión e plusmarquista de España dos 400 m.l. tanto en Aire Libre como en Pista Cuberta, así como coa colaboración de distintos especialistas que aportaron os seus coñecementos e pautas como a Doutora en Psicoloxía e Directora Técnica da  F.G.A. Madó González, o Xuíz Nacional Manuel Garrido e o fisioterapeuta Pablo Lourido.

Foto FGA

 

A modo de resumo, dipoñemos duns vídeos que dan conta dalgunhas das actividades na que participaron os atletas e que se poden ver no canal de YouTube Sector de Velocidad de la Federación Gallega de Atletismo” (Click aquí)

 

 

Unha boa maneira de dar comezo a esta tempada para o noso Clube e en especial para NERE,

e toda unha motivación para seguir cultivando e sumando máis logros.

 

  • Outras novas relacionadas:

–  Federación Galega de Atletismo

–  Deporte Campeón