LÍA no “Campionato Galego de Marcha de Inverno”.

O pasado sábado 25 de Novembro,  o Estadio Gregorio Pérez Rivera en Lugo acolleu a  importantes figuras do panorama galego de Marcha para disputar o “XXIX Campionato de Galicia de Marcha de Inverno”.

Como non podía ser doutra maneira, a nosa destacada atleta nesta modalidade, LÍA PEREIRA SEIJO (LÍA) estaba presente neste gran evento, que reuniu aos mellores especialistas desta disciplina, para seguir defendendo o seu posto entre os mellores marchadores, disputando a súa categoría de Sub14 (Infantil) na que acadou un noveno posto tras completar unha distancia de 3000m.

 

Os resultados reflicten a súa boa actuación non só mellorando a súa MMP senón establecendo un novo Récord do Clube:

Nombre MM Ant. Pto.Serie Marca Pto. Cat. MMP Rec. Club
Lía 19.25.45 9 18.36.38 9 MMP RC

 

BEN FEITO CAMPIONA!!