BENVIDOS A TODOS!!

AQUÍ ESTAMOS DE NOVO!!

O Club Atletismo Fontes do Sar  recibimos oficialmente esta nova tempada cheos de ilusións con ganas de facer moitas cousas.

Acollemos deste xeito, coas mans abertas, a todo-los nosos atletas así como ás novas incorporacións como novos membros da nosa gran familia, desexando que disfruten, non só de todo o que poida aportar este deporte, senon do bo ambiente e compañerismo, porque non só compartimos afección, senon eventos, desafíos, logros, amizades, risas, inquietudes,…, o que fai que teñamos un compromiso non só cun mesmo, senon tamén co Clube aportando dalgunha maneira o noso graniño de area.

Deste xeito …

 BENVID@S A TOD@S!!

Despois dunha longa paréntese, volvemos ó frente para cubrir e informar de todo o referente a este deporte desenvolto polos nosos atletas, que de seguro virán coas pilas ben cargadas para afrontar novos obxectivos, retos, metas, … , sendo tamén a ilusión da Directiva e da Dirección Técnica, co seu cadro de adestradores, que están, día tras día, detrás apoiando e organizando tediosa tarefa para levar este barco a bo porto.

Este Clube tan ben avenido, na súa corta idade, conta xa nas súas filas con algo máis de 300 atletas de tóda-las idades, que se distribúen entre o amplo abanico que aporta o atletismo (Pista, Cross, Ruta, Montaña, …) e as súas diferentes disciplinas, por iso centrarémonos o que concerne a Escola e todo o referente a Pista, berce dos futuros atletas que estamos a formar, facendo tamén algunha mención dos campionatos importantes das demáis modalidades e categorías.

 

Á espera da próxima publicación do CALENDARIO DE COMPETICIÓNS por parte da FGA, temos xa en vindeiras datas do mes de Novembro:

competicións das que iremos dando máis detalles.

 

ÁNIMO E FORZA A TOD@S!!

 

E recordade, ¿QUÉ SOMOS? … UN CLUB, UNA ESCUELA, UN EQUIPO, UNA FAMILIA