AGOSTO 2017

AGOSTO 2017

Agosto foi un mes de descanso, poucas foron as participacións en carreiras, tocaba outro tipo de adestramento, festas populares, praia, viaxes, papatorias variadas ou estar deitado á sombra e así se fixo.

Facemos un repaso das probas nas que se viu participación dos Sareiros, poucas e curtas.

 

CARREIRA

XXVI Milla Urbana Concello de Ares

DATA

05 de agosto de 2017

LUGAR

Concello de Ares

DISTANCIA Prebiberón: 50m // Biberón:100m // Prebenxamín:250m //Benxamín: 500m // Alevín:800m // Infantil:1000 // Cadete:-Xuvenís-Promesa-Senior e Veteráns: 1600m

 

A proba denominada XXVI Milla Urbana Concello de Ares tivo lugar o sábado 5 de agosto, dende as 11 horas no Paseo marítimo da vila de Ares.  O percorrido,  totalmente cha, dispúxose ao longo do paseo marítimo da vila, nun circuíto de ida e volta con iguais dimensións .

O benxamín Martín Maceiras,  dou conta do medio quilómetro da categoría en menos de dous minutos.

RUTA HOMES BENXAMÍNS 500M

POSTO DORSAL NOME MARCA
12 258 MARTIN MACEIRAS MOREIRAS 1:55

 

Resultados : http://www.carreirasgalegas.com/resultado-externo/xxvi-milla-urbana-concello-de-ares-2017/9cdeedbb-6c65-1d64-a19b-39dfd4a33043

 

CARREIRA

II CARREIRA NOCTURNA BENÉFICA – CASTELO DA LÚA

DATA

12 DE AGOSTO DE 2017

LUGAR

RIANXO

DISTANCIA

100M // 750M // 6500M

O Concello de Rianxo, Barbantia Roda e o Club Atletismo Rianxo organizaron a II Carreira-Andaina nocturna benéfica “Castelo da Lúa”, que tivo lugar o 12 de Agosto de 2017 a partir das 21:30 h na Praza de Castelao.

Tanto a carreira coma a andaina nocturna foron de carácter popular, e nelas puido participar calquera persoa xa que os percorridos tiñan un perfil e unha distancia accesibles a calquera estado de forma física. Así, conseguiron  que se tratase  dunha grande festa deportiva para a veciñanza, turistas e persoas afeccionadas ao deporte.

Nesta segunda edición, a proba organizouse a beneficio de AMBAR, asociación que trata de promover a independencia e autonomía persoal, así como a igualdade de oportunidades das persoas con diversidade funcional na nosa sociedade, e o 100% do recadado foi destinado a tal fin.

O noso representante sareiro nesta ocasión foi Diego García , que correu solidariamente os seis quilómetros e medio que lle pertencían.

 

POSTO DORSAL NOME TEMPO CATEGORÍA RITMO
100 41 DIEGO GARCIA LORENZO 27:30 VET1 (25) 4:13

RESULTADOS: http://emesports.es/event/ii-carreira-nocturna-benefica-castelo-da-lua/

CARREIRA

XXVI CARREIRA DAS AREAS CONCELLO DE CARNOTA

IV CIRCUÍTO DE CARREIRAS POPULARES CORRENDO POLA COSTA DA MORTE 2017

DATA

20 DE AGOSTO DE 2017

LUGAR

CONCELLO DE CARNOTA

DISTANCIA

300m//1000m//3000m e 10.000m

ESTA FOI A 8º proba do V CIRCUÍTO DE CARREIRAS POPULARES CORRENDO POLA COSTA DA MORTE 2017.

As 10:00 h. da mañá dou saída da praza de Galicia, baixo un sol de xustiza, unha vez cruzada a pasarela de madeira entrou na Praia engadindo dificultade á proba.

Na categoría Benxamín ALVARECHO  fíxose cunha fantástica cuarta praza .

E nos maiores os nosos representantes foron  José Tajes e Marce .

BENXAMÍN-ALEVÍN (2006-2009)

Posto Dorsal Nome Apelidos P. Sexo P. Categoría Tempo
26 2046 ALVARO GONZALEZ SANCHEZ M-15 BNXM-4 00:03:49

ABSOLUTA 10 K

Posto Dorsal Nome Apelidos P. Sexo P. Categoría Tempo
79 35 JUAN JESÚS TAJES MAYO M-77 M40M-29 00:46:05
152 44 MARCELINO RIVAS POMBO M-140 SNM-69 00:51:20

RESULTADOS BENXAMÍN-ALEVÍN: https://championchipnorte.com/resultados/xxvi-carreira-das-areas-concello-de-carnota/benxamín-alevín-2006-2009/0

RESULTADOS ABSOLUTA 10 K: https://championchipnorte.com/resultados/xxvi-carreira-das-areas-concello-de-carnota/absoluta-10k-1999-e-anteriores/0

 

CARREIRA

IX CARREIRA POPULAR CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL –    II CIRCUÍTO DE CARREIRAS POPULARES AROUSA NORTE V CIRCUÍTO PROVINCIAL DE CARREIRAS POPULARES DEPUTACIÓN DA CORUÑA.

DATA

27 DE AGOSTO DE 2017

LUGAR

A POBRA DO CARAMIÑAL

DISTANCIA PREBENXAMÍNS 250M// BENXAMÍNS 650M // ALEVÍNS 1300M // INFANTÍS- CADETES 4000M// ABSOLUTAS 7800M

A Pobra foi a primeira parada do circuíto “4 Carreiras 1 Meta” de Arousa Norte.

O pasado domingo, 27 de agosto, celebrouse  a IX Carreira Popular Concello da Pobra do Caramiñal.

Deron a saída na Rúa da Paz e a meta estaba situada na Praza Maior, con distancias adaptadas para tódalas categorías

As seguintes paradas do circuíto serán Ribeira (30 setembro), Rianxo (1 novembro) e Boiro (3 decembro).

Case unha ducia de Sareiros, entre miudos e grandes, quixeron formar parte desta primeira carreira do circuíto.

Brais Picón  acadou o ouro da súa categoría, Ana  Rosende a prata  e Roi García o bronce.

ABSOLUTA 7,8KM

POSTO DORSAL NOME TEMPO RITMO POSTO CTA.
46 120 MARIO RODRIGUEZ 27:02 3:28 11
58 177 RAMON GARCIA 27:51 3:34 20
115 131 DIEGO GARCIA 31:42 4:04 26
131 140 ALFONSO ARIAS 33:08 4:15 29
156 178 JOSE M. ROSENDE 37:05 4:45 48

INFANTIL CADETE 4KM

POSTO DORSAL NOME TEMPO RITMO POSTO CTA.
3 256 BRAIS PICON 14:57 3:44 1
10 258 MARTIN ROSENDE 17:15 4:19 5
14 265 LIA PEREIRA 19:46 4:56 5

CLASIFICACIÓN ALEVÍN 1,30KM

POSTO DORSAL NOME TEMPO RITMO POSTO CTA.
4 410 ROI GARCIA 5:34 4:12 3
11 405 ANA ROSENDE 5:58 4:35 2

CLASIFICACIÓN BENXAMÍN 0.650KM

POSTO DORSAL NOME TEMPO RITMO POSTO CTA.
7 431 ALVARECHO GONZALEZ ———- ———— 6
24 458 ENZO GUEDES ———— ————- 13

 

http://www.carreirasgalegas.com/resultado-externo/ix-carreira-popular-concello-da-pobra-do-caramiñal-v-circuíto-dep-provincial-de-a-coruña-arousa-norte/39c38602-2bde-3522-4334-39df2863a791

 

CARREIRA

18º MILLA VILA DE SANXENXO

DATA

DOMINGO 27 DE AGOSTO DE 2017

LUGAR

SANXENXO

DISTANCIA

1609 METROS

O Concello de Sanxenxo, organizou o pasado 27 de agosto a XVIII edición da Milla de Sanxenxo.

A carreira foi controlada polo Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo e forma parte do seu calendario oficial de probas en ruta

A XVIII Milla Urbana de Sanxenxo, que este ano contou con máis participación que nunca entre probas de categorías inferiores, sénior e veteranos, completouse co guión habitual en canto a campións se refire.

Dous foron os nosos representantes, José e Ainoa Gontán e os dous acadaron sendos cuartos postos .

VETERANOS

POSTO DORSAL NOME TEMPO CAT
4 141 JOSE A. GONTAN 05:20 4º VAM

 

INFANTÍS

POSTO DORSAL NOME TEMPO CAT
10 29 AINOA GONTAN 02:58 4º F

 

http://www.carreirasgalegas.com/resultado-externo/xviii-milla-vila-de-sanxenxo/a1186321-28ea-1903-7080-39de4ca6e852

 

Unha vez máis salientamos a dificultade de  publicar fotos e resultados das categorías miúdas, co eido de cumprir a protección de datos moi poucas páxinas publican fotos das categorías inferiores, e en moitos casos tampouco publican resultados. Polo complicado de atopar información pregamos a tódolos pais que queiran que  as fotos e resultados  sexan publicados nolos fagan chegar eles mesmos.

Pido desculpas porque na edición do mes de xullo,  cando fixen referencia á carreira de Curtis, descoñecía que o GRAN ALVARECHO  acadara o 3º posto benxamín; parabéns pequerrecho (cando me vexas bérrame). O mesmo apuntamento para os maiores que participedes en probas fora da Comunidade Autónoma, facédenos chegar un pequeno apuntamento, comentarios e algunha foto.

Un millón de gracias.

Xa estamos en setembro e  vai sendo hora de poñerse serio.

Por outra banda  esta será a miña ultima participación como editora do club, foi un verdadeiro pracer facelo o longo deste tempo pero toca relevo . Unha aperta para todos A.V.

E XA SABEDES … Imos a por máis e mellor.