XULLO 2017

XULLO DE 2017

Este xullo foi o mes dos “montunos”, o trail foi a especialidade na que máis se participou .

Un par deles, o de Quiroga e o de Boborás nocturno, pensados para os máis atrevidos, para os que non lle da medo perderse no monte  de noite.

Unha media maratón, a do Camiño, carreira que gustou moito aos que participaron, un cross  e uns cantos dez miles, foron as participacións dos nosos nun mes na que a meirande parte da xente está en modo vacacións.

Facemos resumo do acontecido.

CARREIRA

IV CARREIRA POPULAR CONCELLO DE CURTIS. CTO DE GALICIA 5K. V CIRCUÍTO DEP. PROVINCIAL DE A CORUÑA

DATA

01 DE XULLO DE 2017 a partir das 18:30h.

LUGAR

Curtis (A Coruña)

DISTANCIA

5 KM

O Concello de Curtis, a través da súa Concellería de Deportes organizou o sábado 1 de xullo de 2017 a partir das 18:30 horas, a IV edición da Carreira Popular Curtis-5K na localidade de Curtis. Esta proba pertence ao V Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña. A proba absoluta disputouse sobre unha distancia de 5 km homologados pola Real Federación Española de Atletismo (RFEA) e foi a súa vez o  VIII Campionato de Galicia de 5 km en ruta. As probas levaronse a cabo na localidade de Curtis (A Coruña) e estiveron baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo (Delegación de Santiago).

http://www.carreirasgalegas.com/reglamento/iv-carreira-popular-concello-de-curtis-cto-de-galicia-5k-v-circuíto-dep-provincial-de-a-coruña/d05009ab-5840-dba7-0862-39dea895e4f3

Categoría Benxamín – Alevín (1Km)

Posto

Dorsal

nome

tempo

categoría

10

352

Alvarecho González Sánchez

4:04 3º Ben M

Resultados: http://www.carreirasgalegas.com/resultado-externo/iv-carreira-popular-concello-de-curtis-cto-de-galicia-5k-v-circuíto-dep-provincial-de-a-coru%C3%B1a/d05009ab-5840-dba7-0862-39dea895e4f3

CARREIRA

V Trail Vila de Cuntis

DATA

02 DE XULLO DE 2017

LUGAR

Saída e chegada  na Praza das Árbores no Concello de Cuntis

DISTANCIA

TRAIL 28 KM  // MINITRAIL 17 KM // Andainas de 16 e 9 km.

V TRAIL de montaña Vila de Cuntis, organizado polo Club de Montaña Xesteiras e patrocinado polo Balneario Termas de Cuntis.

A carreira dou saída da Praza das Arbores o pasado 02 de xullo ás nove da mañá, case 500 inscritos nas tres modalidades. Trail, minitrail e andaina.

O trail tivo un recorrido aproximado de 28 Km, discorreu por parte dos montes de Cuntis: A Louriña, Xinzo, Rebordelo, Laxos, O Pazo, Mesego, A Hermida, Sevil, Cequeril e Vilar de Mato, acumulou  un desnivel positivo de 1560 metros.

Por outra banda  o mini trail constou de 17 quilómetros con 700 metros de desnivel acumulado, mentres que as camiñatas completaron 16 e 9 quilómetros respectivamente.

Esta proba ofrecía a posibilidade de se anotar na fila O, recadación que foi  doada a favor de Marcos Cidras, corredor do Coutadas Racing Team. Un compañeiro traileiro que non pasa polos mellores momentos logo de sufrir un accidente laboral.

 

Mandamos representación ás dúas probas, Tino ao máis longo e Pedro Pazos o curto.

Tamén participou Mario, pero un erro no percorrido deixouno fora da clasificación.

Resultados trail 28 km

Posto Nome Dorsal Tempo P. Categ
73 Tino Iglesias 49 4:15:18 20 Vet M

Resultados Mini-trail 19 km

Posto Nome Dorsal Tempo P. Categ
19 Pedro Pazos 268 1:57:27 19 abs.M

INFORMACION EVENTO: https://championchipnorte.com/evento/competicion-recorrido/c/6973

ORGANIZADORES: http://www.cdmxesteiras.com/

FACEBOOK : https://www.facebook.com/CdMXesteiras/

Fotos:https://www.flickr.com/photos/atletismofontesdosar/albums/72157683741171860

CARREIRA

TRAIL DE QUIROGA NIHGT TRAIL

DATA

08/07/2017 as 22:15

LUGAR

QUIROGA(LUGO). Saída desde la plaza ESPAÑA

DISTANCIA

10KM // 17KM //26KM

O Concello de Quiroga organizou o SÁBADO 8 JULIO de 2017, o II NIGHT TRAIL QUIROGA con tres recorridos diferentes  un de 26kms con 1298 metros  de desnivel, outro de 17kms con 663m de desnivel, e  outro de 10kms con 254m desnivel, esta última unha carreira para tódolos públicos con un  percorrido urbano e natural

Foi  obrigatorio o uso de frontal en tódalas probas,  un percorrido espectacular para gozar do val de Quiroga pola noite,  a lúa chea fixo que a noite tivese aínda máis encanto.

Javier foi a Quiroga na procura da Santa Compaña  pero non a atopou, acadou o posto 40 da xeral e sobráronlle minutos das dúas horas para rematala proba.

Posto Dorsal Nome P. Categoría Tempo
40 306 Javier Pazos M-34 1:58:34

Resultados: https://championchipnorte.com/resultados/ii-night-trail-quiroga/andaina-e-trail-17km/1

CARREIRA

IV CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE MUXÍA.V CIRCUÍTO DEP. PROVINCIAL DE A CORUÑA. IV CIRCUÍTO CORRENDO POLA COSTA DA MORTE.

DATA

Domingo, 09 de xullo de 2017

LUGAR

Muxía

DISTANCIA

10 km

Carreira que forma parte do Circuíto de Carreiras Populares “Correndo pola Costa da Morte”. Esta foi a oitava das probas .

 

Celebrada no concello de Muxía o pasado domingo 09 de xullo. Tres foron os representantes Sareiros:  Marce, Daniel e Juan Tajes.

 

 Posto Dorsal Nome Apelidos P. Sexo P. Categoría Tempo
42 44 MARCELINO RIVAS POMBO M-41 SNM-20 00:41:50
48 34 DANIEL NEGREIRA GARCÍA M-47 SNM-23 00:42:29
70 35 JUAN JESÚS TAJES MAYO M-67 M40M-22 00:44:21

http://www.carreirasgalegas.com/reglamento/iv-carreira-pedestre-concello-de-mux-a-v-circuíto-dep-provincial-de-a-coruña-iv-circu-to-correndo-pola-costa-da-morte/386f07ee-2be7-23dd-f5ba-39dd5a9ddbdb

https://www.flickr.com/photos/atletismofontesdosar/albums/72157684486181083

CARREIRA

VII CARREIRA POPULAR CONCELLO DE CAMBADOS

DATA

09 de xullo de 2017

LUGAR

Cambados

DISTANCIA

10 km

Un ano máis  celebrouse a  carreira popular concello de Cambados,  un circuíto moi rápido  e vistoso. Este ano as condicións meteorolóxicas deixáronlle aos corredores gozar da carreira, non fixo presencia a calor abafante  a que nos ten acostumados esta proba.

Circuíto homologado dende fai máis dun lustro, xa é unha proba referente nas competicións de fondo na comarca do Salnés.

A proba dou saída  as 10:30 horas da mañá dende a Praza de Fefiñáns, tendo tamén a meta nesta mesma praza.

Posto Dorsal Nome Apelidos P. Sexo P. Categoría Tempo
56 34 JOSE DOMINGO SENDON RODRIGUEZ M-54 VAM-26 00:38:14
83 32 ALVARO SEARA PEREZ M-80 VAM-42 00:39:40
340 421 JOSE CERQUEIRO CONDE M-305 VBM-76 00:53:41

 

https://championchipnorte.com/uploads/eventos/reglamento-5910521ba85ec7.30427732.pdf

https://www.facebook.com/832801090133821/photos/a.832804406800156.1073741826.832801090133821/1383056991774892/?type=1&theater

https://championchipnorte.com/resultados/vii-carreira-popular-concello-de-cambados2/carreira-10k/1

https://www.flickr.com/photos/atletismofontesdosar/albums/72157684486181083

CARREIRA

O GRAN CAMIÑO

DATA

09 DE XULLO DE 2017, AS 10:00 DA MAÑÁ

LUGAR

SAÍDA DE ARZUA, CHEGADA O PINO

DISTANCIA

MEDIA MARATON

Os Concellos de Arzúa e O Pino organizaron o domingo 9 de xullo de 2017 a I edición do Medio Maratón “O Gran Camiño”, proba que tivo unha distancia aproximada de 21.097,50 metros (proba NON homologada).

Dou comezo ás 10:00 horas da mañá e transcorreu integramente polo “Camiño de Santiago”. Compartindo trazado cos numerosos peregrinos que se achegaban a Santiago nas datas de máis afluencia.

Compartir cos peregrinos, lonxe de ser un atranco, fixo da proba algo diferente dándolle un toque especial a esta carreira.

Todos os que participaron coincidiron que se trata dunha proba fantástica e con gran proxección de futuro.

Cinco foron os sareiros que quixeron facer a súa parte do gran camiño.

PTO DORSAL NOME TEMPO RITMO P. CAT T. KM 10 T- KM10-META
97 184 PEDRO PAZOS 01:41:00 4:48 28 47:55 52:13
141 127 RUBEN DIAZ 01:49:00 5:11 48 50:32 58:38
171 197 VICENTE PIÑEIRO 01:54:00 526 59 54:06 1:00:29
208 155 MONTSE VEIGA 02:08:43 6:06 10 59:08 01:09:35
221 151 ANA VIGO 02:17:00 6:32 14 01:00:02 01:14:56

Páxina Web: http://www.carreirasgalegas.com/carreira/i-edici-n-do-medio-marat-n-o-gran-cami%C3%B1o/f24e085b-a917-78ad-160d-39dfbaa50971

Resultados: http://www.carreirasgalegas.com/resultado-externo/i-edici-n-do-medio-marat-n-o-gran-cami%C3%B1o/f24e085b-a917-78ad-160d-39dfbaa50971

https://www.flickr.com/photos/atletismofontesdosar/albums/72157684487684553

 

CARREIRA

III NOITE BARBANTIA-JEALSA BOIRO

DATA

15/07/2017

LUGAR

BOIRO

DISTANCIA

8200M

O pasado 15 de xullo, celebrouse a 3ª edición da “noite barbantia-jealsa”, carreira nocturna organizada pola sociedade deportiva Barbantia Roda e o  Concello de Boiro e patrocinada por Jealsa Rianxeira.

Proba que se esta facendo forte no calendario deportivo, con algo máis de 400 corredores entre tódalas categorías. Citáronse na Praza de Galicia  todos eles a partir das 21:30,  cando arrancaron as categorías menores.

Un acerto esta cita nocturna fuxindo das altas temperaturas estivais.

A proba absoluta constou de 8 quilómetros de percorrido totalmente urbanos.

Ramón, Alfonso e Diego foron os representantes “sareiros” que quixeron  gozar da noite Boirense.

POSTO DORSAL NOME TEMPO RITMO
46 136 RAMON GARCIA 32:08 3:55
119 119 ALFONSO ARIAS 38:19 4:40
129 90 DIEGO GARCIA 39:07 4:46

RESULTADOS http://emesports.es/event/iii-noite-barbantia-jealsa-boiro/

CARREIRA

Trail Encontro Monte Pindo

DATA

Sábado , 15 de xullo de 2017

LUGAR

O Pindo- Carnota

DISTANCIA

700m / 1200m /2700m /14km / 29 km

A Asociación Cultural Deportiva e Recreativa PEDRAMAR de O Pindo (Carnota – A Coruña) coa colaboración do Concello de Carnota organizou el III Trail Encontro Monte Pindo. A proba disputouse na calorosa  tarde do sábado 15 de xullo, dentro dos  actos do IX Encontro Monte Pindo que se celebrou ao longo dos díaas 14, 15 e 16 de xullo en O Pindo.

O trail sumouse a esta iniciativa alá polo  ano 2015 como unha proba que intenta unificar costa e monte nunha das  paraxes más impresionantes de Galicia.

A.C.D.R. PEDRAMA poden presumir de que ano tras ano acadan obxectivos e consolidan a proba no calendario.

Javieriño, que non lle teme as altas temperaturas, votouse ao monte Pindo e en menos de dúas horas subiuno e baixouno.

POSTO P. CAT. DORSAL NOME TEMPO RITMO
80 9 242 JAVIER PAZOS 1:52:05 08:01

https://www.facebook.com/trailencontromontepindo/

RESULTADOS: http://www.galitiming.com/clas/CLAS_CURTO_PINDO_2017.pdf

https://www.flickr.com/photos/atletismofontesdosar/albums/72157684487813163

CARREIRA

TRAIL DE LA HERRADURA MONTE CAMPOO

DATA

15 DE XULLO DE 2017

LUGAR

Herradura del Capoo – Celada de los Calderones Cantabria

DISTANCIA

42KM // 13 KM

A alguén se lle pode ocorrer un sitio mellor para correr un trail, non o hai!

O trail da Herradura do Monte Capoo foi disputado o pasado 15 de xullo,   con dúas distancias  42 km e 13 km, a máis de 2000 m de altitude .

O Val de Campoo atopase  na zona sur de Cantabria, péchana grandes espazos naturais  formados por montes de especies autóctonas, onde os xabarís, cervos, lobos, osos e traileros atópanse no seu hábitat preferido,  salpicado por pequeniños pobos de montaña.

O percorrido da carreira discorre maioritariamente por zonas de montaña, o trail longo de 42km,  con gran exixencia técnica e física, cun desnivel de 2600m e o esforzo de  subir 10 picos por riba dos 2000m fan deste trail un reto para corredores experimentados.

O trail curto de 13 km, no que participou o noso ajatuñador Mario Rodriguez , acadou  a posición 13 da xeral.

Carreira que dou saída  xunto á Ermida del Abra, en Celada de los Calderones,  en dirección Riaño, pasando por prados, a carón do río Hïjar. No km 4 dou comezo unha esixente subida  que levou aos corredores ao Balcon de Oso, a partir de aí  encontramos unha baixada con algunha parte técnica hasta chegar á meta.

POSTO C. POSTO G. DORSAL NOME TEMPO
10 13 467 MARIO RODRIGUEZ 1:10:26

RESULTADOS: https://docs.wixstatic.com/ugd/71a152_a6809841f33944a69ed8daf4d2139ffc.pdf

http://www.trailherraduradecampoo.com Carrera por montaña en el Valle de Campoo (42K y 13K) Copa de Cantabria de CxM

https://www.youtube.com/watch?v=EPW0_scsRiQ&feature=youtu.be

https://www.flickr.com/photos/atletismofontesdosar/albums/72157684532830223

CARREIRA

XIV CARREIRA NOCTURNA CONCELLO DE VILAGARCIA

DATA

22 DE XULLO DE 2017

LUGAR

VILA GARCIA DE AROUSA

DISTANCIA

150M // 500M // 1.000M //4.000M // 10.000M

A Fundación de Deportes organizou a XIV Edición da Carreira Nocturna Concello de Vilagarcía o sábado 22 de xullo do 2017

A saída de tódals carreiras deuse dende a Avenida da Mariña, diante do auditorio municipal, pasando polas seguintes rúas: Avda. da Mariña, Avda. Rivero de Aguilar, Rúa Valle Inclán, García de Caamaño, Alexandre Bóveda, Elipidio Villaverde e Avda. da Mariña

O compañeiro Pepe deixouse ver por Vilagarcía e así representar ao Fontes do Sar.

 Posto Dorsal Nome Apelidos P. Sexo P. Categoría Tempo
201 211 JOSE CERQUEIRO CONDE M-169 KM-38 00:54:36

RESULTADOS : https://championchipnorte.com/resultados/xiv-carreira-nocturna-concello-de-vilagarcia-de-arousa/proba-absoluta/1

https://www.facebook.com/search/top/?q=XIV%20CARREIRA%20NOCTURNA%20CONCELLO%20DE%20VILAGARCIA

CARREIRA

1º TRAIL SOLIDARIO DE RIBEIRAO

DATA

23 DE XULLO DE 2017 as 09:00 horas

LUGAR

RIBEIRAO, Vila Nova de Famalicao

DISTANCIA

TRAIL 15 KM // ANDAINA 8 KM

TESCO TEAM & AFIPRE TEAM coa colaboración da Câmara Municipal de Vila Nova de Famalicã. Puxeron en marcha o pasado dia 23 de xullo  de 2017, a primeira ediccion do  Trail Solidário de Ribeirão.

O trail contou con un percorrido de 15 quilómetros, com saída e chegada e chegada na Tesco – Componentes para Automóveis. Neste trail como non podía ser doutro xeito repersentounos o noso trailero mais internacional Mario Rodríguez.

Por outra banda o percorrido da andaina foi de 8 quilómetros. Esta vez foi Angela a que dou conta desta distancia.

http://chrono.pt/event/trail-ribeirao/

https://www.facebook.com/tescoteamrunning/

https://www.flickr.com/photos/atletismofontesdosar/albums/72157687120405075

CARREIRA

I TRAIL NATURFEST ROIS

DATA

29 DE XULLO DE 2017

LUGAR

CARBALLEIRA DE SOUTULLO – ROIS

DISTANCIA

14KM

Con esta fermosa historia a asociación cultural Chorima presentounos   o I Trail Naturfest DE Rois, incluído nas III xornadas NAturfest

“Contan que ao lado da capela do Soutullo, na parroquia de Urdilde, había un pobo que tivo que fuxir do lugar ao seren invadidos por unha enorme praga de formigas.    Nome do informante: Olimpio Gómez Romero; Vilariño, Urdilde Rois. Os veciños da zona teñen unha serie de costumes relacionadas coa capela como ir a unha misa o último domingo de maio, celebrar a festa da virxe da Encarnación. Facer festas e churrascadas na antiga casa do cura.  Á santa non a deixan na capela porque teñen medo que lla rouben, por iso cada ano está na casa dos veciños.” 

Un lugar emblemático e puramente natural, a carballeira do Soutullo, recibiu nunha mañá de orballo os corredores deste trail .

14 quilómetros de puro monte con un desnivel positivo de 600m aproximados déronlle sorte aos nosos participantes que acadaron tres podios.

Carlos Juanatey fíxose coa terceira praza da xeral , Mario R. foi primeiro da categoría e quinto da xeral, e Ana Vigo terceira da súa categoría.

POSTO P.CATE DORSAL NOME TEMPO RITMO
3 2 42 CARLOS JUANATEY 1:06:10 3:41
5 1 68 MARIO RODRIGUEZ 1:08:06 3:47
15 5 28 SANTIAGO FERNANDEZ 1:15:34 4:12
68 3 80 ANA VIGO 1:52:00 06:16

Tamén participou na andaina e por primeira vez nas filas do Fontes do Sar, María Elena Brea,  á que lle damos a benvida , agardamos que gozara da experiencia e confiamos en seguila vendo e compartindo con nós, e en nada xa traileando .

RESULTADOS:https://docs.google.com/file/d/0B646EqLcGYPXTzZsZndERDJvWU0/edit

INFORMACION:http://naturfestrois.galitiming.com/

https://www.flickr.com/photos/atletismofontesdosar/albums/72157684534267353

CARREIRA

TRAILGALAICA BOBORAS

DATA

29 DE XULLO DE 2017

LUGAR

BOBORAS OURENSE

DISTANCIA

17,1 km ( 1000m acumulados)

A quinta e penúltima proba do circuíto Trail Galaica celebrouse o pasado sábado 29 de xullo, dou saída ás  22 horas na localidade de Boborás no Pazo de Arenteiro, sen dúbida un enclave histórico, pasando pola Ponte da Cruz, un dos lugares máis fermosos e pintoresco do lugar.

Boborás foi escenario da única proba nocturna do circuíto na cal foi obrigatorio o emprego de luz frontal por parte dos participantes.

Unha distancia de 17,1 quilómetros e un desnivel acumulado duns 1000m  a proba foi rematar o Polideportivo Municipal de Boborás.

Din os que correron no monte de noite que é unha experiencia totalmente diferente, case relixiosa  (non sei se o dirán porque toparon con algunha pantasma) o caso é que os tres traileros Sareiros viñeron encantados.

Pedro, Tino e Javieriño foron a nosa representación no evento.

POSTO DORSAL NOME TEMPO RITMO P. CAT
31 14 PEDRO PAZOS 1:43:16 6:02 VET.2-10
35 24 TINO IGLESIAS 1:43:19 6:13 VET.2-12
64 239 JAVIER pAZOS 1:59:05 6:58 VET.3-6

http://www.trailgalaica.com/images/resultadosboboras.pdf

https://www.flickr.com/photos/atletismofontesdosar/albums/72157684534360763

 

CARREIRA

CROSS PINAR DE CABANAS

DATA

30 DE XULLO DE 2017

LUGAR

Cabanas A Coruña

DISTANCIA

7,2 km

O Concello de Cabanas organizou o tradicional CROSS POPULAR con motivo das festas de Santa Marta que, como ven sendo habitual, desenrolouse no circuíto do pinar da praia de

Cabanas.

As distancias foron dende os 1000m aos 7000 dependendo da categoría.

Un percorrido integramente a nivel do mar por entre os pinos, sen nada de costa, onde a maior dificultade era correr por tramos de area.

Mario quitou as zapatillas do trail para calzarse as do cross e dar boa conta dos rápidos 7 quilómetros que lle correspondían.

Posto Dorsal Tempo Nome
27 57 27:15 Mario Rodríguez

Nesta ocasión Mario foi escoltado polo seu pequeno retoño, que gozou do Cross e deixou claro que a saga Rodríguez namais esta empezando.

RESULTADOS : http://www.lobeiras.es/wordpress/wp-content/uploads/Resultados/2017-07-30_cross_popular_pinar_de_cabanas/Cross_cabanas_2017_clasificacion_carrera_absoluta.pdf

https://www.flickr.com/photos/atletismofontesdosar/albums/72157684442558554

 

Agardamos un agosto tranquiliño, cheo de viaxes, praia, sol e moitas enchentas farturentas ao estilo galego.

Esta vez non vou a despedir a nova con aquilo de “ imos  por máis e mellor”

Esta vez toca descanso…. Moito descanso…. Recordade que despois de agosto chega setembroooooooo.

Editor:A.V