CAMPUS DE VERÁN
CAMPUS DE VERÁN
Dende o luns 4 de setembro ata o venres 8 de Setembro (ámbolos dous incluídos).
LUGAR
Estadio de San Lázaro: Nas pistas de atletismo, na sala cuberta de usos múltiples ou nos arredores do estadio.
- Chegada: De 09:15h a 09:30h, na porta 1 do estadio de San Lázaro.
- Saída: De 13:15h a 13:30h, no mesmo lugar.
ASISTENTES
Calquera neno ou nena nados entre o 2003 e 2011 (ámbolos dous incluídos).
PREZOS
O prezo total, para os 5 días, será de:
- 30 € cota xeral.
- 20 € para socios do Club Atletismo Fontes do Sar.
ADESTRADORES
O equipo de adestradores estará composto por profesionais cualificados do ámbito educativo e do Atletismo.
OBXECTIVOS
Levar á práctica adestramentos de iniciación para que os novos atletas coñezan as diferentes probas do programa atlético, e adestramentos de tecnificación dirixidos ós pequenos atletas que xa practican o atletismo durante todo o ano.
INSCRICIÓN
Anótate ata o xoves 31 de Agosto escribindo ó correo electrónico escolafontesdosar@gmail.com