XUNO DE 2017

Xuño de 2017

Atrás quedou o mes do solsticio de verán, con tempo solleiro e temperaturas en demasía, rematou o colexio, as actividades extraescolares e os adestramentos; demos a benvida a estación pola que agardamos todo o ano. Gozamos da noite máis máxica, a do san Xoán, e tamén corremos moito, quilómetros a gusto de todos, ben feitos, pouco feitos, volta e volta … imos ver.

 

IV CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE ZAS . V CIRCUÍTO DEP. PROVINCIAL DE A CORUÑA. IV CIRCUÍTO CORRENDO POLA COSTA DA MORTE

SÁBADO, 03 DE XUÑO DE 2017.

Concello de Zas

Distancia: alevín 1000m // infantil , cadete e xuvenil 2000-4000m // absoluta 3km e absoluta 10km.

Esta carreira forma parte do Circuíto de Carreiras Populares “Correndo pola Costa da Morte”, foi a 5º proba das 10 que o constitúen.

Celebrouse o sábado  3 de xuño  dando comezo as diferentes carreiras ás 17:00 horas.

As probas comezaron na Rúa do Progreso, diante do Concello de Zas, percorrendo diferentes rúas e camiños do concello para rematar de novo no mesmo punto.

Estes foron os nosos representantes  en Zas.

 Posto Dorsal Nome Apelidos P. Sexo P. Categoría Tempo
57 35 JUAN JESÚS TAJES MAYO M-55 M40M-16 00:43:07
69 34 DANIEL NEGREIRA GARCÍA M-67 SNM-37 00:44:41
89 44 MARCELINO RIVAS POMBO M-85 SNM-44 00:46:20

Resultados 10km: https://championchipnorte.com/resultados/iv-carreira-pedestre-concello-de-zas/absoluta-10k-1999-e-anteriores/0

 Posto Dorsal Nome Apelidos P. Sexo P. Categoría Tempo
12 2046 ALVARO GONZALEZ SANCHEZ M-6 BNXM-4 00:02:50

Resultados benxamín e alevín: https://championchipnorte.com/resultados/iv-carreira-pedestre-concello-de-zas/benxamín-08-09-alevín-06-07/0

Fotos: https://www.flickr.com/photos/atletismofontesdosar/albums/72157682647671324

II MILLA DEPORTE SOLIDARIO

SÁBADO, 03 DE XUÑO DE 2017

CENTRO COMERCIAL AREA CENTRAL, SANTIAGO DE COMPOSTELA.

Con motivo da celebración do III Día do Deporte Solidario, o Centro Comercial Area Central organizou, dentro da súa programación do día, a II Milla Popular Solidaria  que se disputou o sábado 3 de xuño.

As  probas saíron dende  a Praza de Europa en Área Central a partir das 18:00 horas.

A proba contou cun padriño de altura nin máis ni menos que o grandioso Fernando Romai .

O recadado nesta ocasión foi destinado a AGADEA ALZEHIMER .

 

 

Absoluta

Posto Dorsal Nome Tempo Ritmo
11 99 Jorge Gonta Novo 6:00 3:44
17 102 Alfonso Arias García 6:25 3:59

MILLA XUÑOR, PROMESA-SENIOR MIXTA

Posto Dorsal Nome Tempo Ritmo
4 112 David Mirás 5:18 3:18

MILLA INFANTIL MIXTA

POSTO DORSAL NOME TEMPO RITMO
3 129 Ainoa Gontan 6:36 4:06

CLASIFICACIÓN CARREIRA BENXAMÍN – ALEVÍN MIXT

posto Dorsal Nome Tempo RITMO
3 142 Yeray Valle 3:50 3:50

INFORMACIÓN: http://www.carreirasgalegas.com/resultado-externo/ii-milla-deporte-solidario/0ac33682-d27c-0dcb-8d82-39ddca64732a

 INFORMACIÓN: http://www.fgatletismo.es/santiago/

 FACEBOOK:https://www.facebook.com/D%C3%ADa-Do-Deporte-Solidario-En-%C3%81rea-Central-403315033363775

 

V TRAIL DE VILATUXE 2017

04 DE XUÑO DE 2017

Puzo do Boi – Vilatuxe Lalín.

Distancia:

  • A proba Trail longo, percorrido aproximado de 34 Km e un desnivel de 2.200 m + resultando 4.400 m na Serra do Candán cun 94% por sendas, un 4% por pistas e un 2% por pista asfaltada.
  • A proba Trail curto con un percorrido de 17,5 km e 850 m de desnivel +.
  • A Andaina non competitiva 14 KM.

Un ano máis a organización do Trail de Vilatuxe convocou a corredores e afeccionados a participar e gozar dunha xornada festiva para o deporte de montaña.

Nesta ocasión  o Trail longo puntuaba para a Copa Galega de Carreiras por Montaña, a vez que o Trail curto foi o Campionato Galego Júnior da modalidade.

Con saída e chegada dende o Puzo do Boi (praia fluvial de Vilatuxe), a  do Trail longo foi ás 9:00 horas, e a do Trail curto e a da Andaina ás 9:30 horas.

Un total de dez sareiros deixáronse  ver  no trail polo monte da Canda. Tamén participaron na andaina deportiva Isa e Belén.

 Posto Dorsal Nome Apelidos P. Sexo P. Categoría Tempo
6 309 MARIO RODRÍGUEZ OTERO M-6 ABSM-6 01:37:35
40 207 TINO IGLESIAS PARDO M-38 ABSM-37 01:58:37
60 310 FRANCISCO JAVIER PAZOS SUÁREZ M-57 ABSM-55 02:07:16
112 204 CRISTINA LOPEZ F-20 ABSF-20 02:29:52
113 205 JOSÉ VICENTE PIÑEIRO VÁZQUEZ M-93 ABSM-91 02:29:52
115 308 ELENA LOPEZ GARCIA F-22 ABSF-22 02:32:42
125 418 ALEJANDRA VARELA FONTELA F-27 ABSF-27 02:39:57
126 208 ANA VIGO LIÑARES F-28 ABSF-28 02:39:57
129 320 ANA MARIA HERMIDA CAO F-30 ABSF-30 02:43:22
141 417 PEDRO PAZOS CARBÓN M-105 ABSM-103 03:05:20

 Facebook: https://www.facebook.com/vilatuxetrail/?hc_ref=SEARCH&fref=nf

Paxina web:http://www.vilatuxetrail.com/

track trail longo:es.wikiloc.com/wikiloc…aign=badge

track trail curto:es.wikiloc.com/wikiloc…aign=badge

track  andaina:es.wikiloc.com/wikiloc…aign=badge

Fotos: https://www.flickr.com/photos/atletismofontesdosar/albums/72157683492109770

 III CARREIRA POPULAR “ABANCA SEMANA VERDE DE GALICIA”

Data: sábado 10 de xuño de 2017

Lugar :  Silleda.

Distancias:  pitufo 160m // benxamín e alevín 1200m// cadete e xuvenil 2400// absoluta 10 km.

 SEM A Fundación Semana Verde de Galicia coa colaboración da Federación Galega de Atletismo organizou a III Carreira Popular Abanca Semana Verde de Galicia que se celebrou o pasado sábado 10 de xuño

O lugar de saída para as distintas probas foi no paseo central do Recinto Feiral Internacional de Galicia en Silleda – Pontevedra

POSTO DORSAL NOME TEMPO
6 177 YERAY VALLE 3:40
12 185 MARTIN FERREIRO 3:52

Información:  http://www.carreirasgalegas.com/resultado-externo/iii-carreira-popular-abanca-semana-verde-de-galicia/bcecb0c3-3e03-16e5-d198-39debd98847d

 

I CARREIRA POPULAR PRAIA DE MIÑO

11 de xuño de 2017

Praia de Miño ( A Coruña)

Distancias : Biberón e prebenxamín 100m// benxamíns 700m // alevíns 1000m / infantís 2000m // cadetes 3000m // absoluta 10km.

Galea Sport Karate Club organizou a I Carrera Popular 10K “Praia de Miño” no Concello de Miño (provincia de A Coruña) baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo.

A proba  celebrouse o pasado  día 11 de xuño de 2017.

Tanto a categoría escolar como a categoría absoluta disputáronse no entorno da praia de Miño e na costa deste Concello.

A saída e a  meta da proba estaba situada na  recta de la praia de Miño e nas proximidades da saída da autopista AP-9.

Parabéns para o noso compañeiro Adrián que se fixo coa terceira praza do caixón na clasificación xeral.

 

POSTO DORSAL NOME CATEGORIA TEMPO
3 43 ADRIAN DO BARRO SENIOR 3º 35:33
59 61 JOSE PAZ CASAL VET-2 18 46:47

Información http://www.carreirasgalegas.com/resultado-externo/i-carreira-popular-playa-de-mi%C3%B1o/65ae2c71-f9fa-ceca-ca2e-39ddeac31f90

fotos: https://www.flickr.com/photos/atletismofontesdosar/albums/72157683492188450

15K AROUSA NORTE BANCO MEDIOLANUM

11 de xuño de 2017

Lugar : Riveira

Distancia: 15 km.

Qualité Sport Events, en colaboración con AD Top Ten Sport, organizou o pasado  11 de xuño a primeira edición dos 15K Arousa Norte Banco Mediolanum.

Dou saída ás  10:30 horas dende o porto de Riveira  sendo a  chegada

diante do Concello de Boiro.

 Posto Dorsal Nome P. Sexo P. Categoría Tempo
155 310 MANUEL ANGEL COBAS M-138 MBM-18 01:22:34
156 311 DIEGO GARCIA LORENZO M-139 SNM-40 01:22:35

Información: https://championchipnorte.com/resultados/15k-arousa-norte-banco-mediolanum/15k/1

Fotos: https://www.flickr.com/photos/atletismofontesdosar/albums/72157683710139680

Trail Galaica Concello da Baña

DATA: 11/06/2017
LUGAR DA SAÍDA: CARBALEIRA DE CEILAN ( A BAÑA )
LUGA DE CHEGADA: CAMPO DE FUTBOL DAS CARTAS ( A BAÑA )
DISTANCIAS: MINITRAIL 14KM ( Acumulado 490m). TRAIL 25KM (Acumulado +1700m)

HORA DE SAÍDA: 10:00 h (MINI TRAIL e 10:15 h TRAIL).

 

O pasado 11 de xuño o Concello de A Baña  acolleu a 4º proba do circuíto Trail Galaica con moitas novidades: a renovación ao 100% do percorrido do trail, a inclusión dun trail curto de 14 km e a celebración por primeira vez dun peque trail do que puideron gozar os máis pequenos, algún xa pensa en medrar para poder participar neste tipo de probas.

Foi todo un éxito a participación dos Sareiros neste trail, os pequenos, a parte de pásalo de medo acadaron varios podios .

Os irmás Boquete Lúa e Xaquin, foron segundos cada un na súa categoría . Xiana primeira infantil, Simón  terceiro infantil.

Nos grandes, Mario fíxose coa prata no  trail curto, Úrsula foi terceira da súa categoría , fantástico o bautismo da nosa británica trailera .

E no trail longo  Ana Vigo  foi a primeira  da súa categoría.

Fixémonos co premio de club máis numeroso e Simón Vigo e Ana Vigo foron os primeiros locais en cruzar a liña de meta .

Clasificación benxamín e alevín  (0,50km)

POSTO DORSAL NOME CATEG. TEMPO RITMO PTO CAT.
4 5 LÚA BOQUETE MERA ALEV 3:15 6:30 2
5 4 XAQUIN BOQUETE MERA BENXA 3:15 6:30 2

Clasificacion infantil-cadete (1,500km)

POSTO DORSAL NOME CATEG. TEMPO RITMO PTO CAT.
5 6 XIANA BREA VEIGA INFAN 5:40 3;47 1
6 27 SIMÓN VIGO FERNÁNDEZ INFAN 6:15 4:10 3

CALSIFICACIONS TRAIL CURTO

POSTO DORSAL NOME TEMPO RITMO P. CAT.
5 3 MARIO RODRIGUEZ 1:30:45 6:36 2
30 393 VICENTE PIÑEIRO 1:55:55 8:25 17
57 14 PEDRO PAZOS 2:07:17 9:14 28
60 381 URSULA NEILSON 2:07:18 9:14 4
72 345 JORGE GARCIA MARIN 2:09:09 9:22 36
76 428 ANA MALLO 2:09:40 9:25 6
84 425 MONTSE VEIGA 2:10:19 9:28 8
97 423 ALEJANDRA VARELA 2:14:10 9:45 12
125 316 MANUEL BOQUETE 2:26:07 10:36 56

RESULTADOS TRAIL

POSTO DORSAL NOME TEMPO RITMO P. CAT.
43 230 JAVIER PAZOS 2:57:15 7:25 5
74 247 ANA VIGO 3:55:09 9:50 1
75 204 ALFONSO ARIAS 3:55:09 9:50 24

Clasificación pequetrail: http://www.trailgalaica.com/images/clasificacionabanapequetrail.pdf

Clasificacion trail curto:http://www.trailgalaica.com/images/clasificacionabanaminitrail.pdf

Clasificación Trail longo:: http://www.trailgalaica.com/images/clasificacionabanatrail.pdf

Información: http://www.carreirasgalegas.com/resultado-externo/circuíto-trail-galaica-2017-concello-de-a-ba%C3%B1a/13fe4135-3e6b-017a-bf3c-39dd0813c5c9

Páxina Web: www.trailgalaica.com

Fotos: https://www.flickr.com/photos/atletismofontesdosar/albums/72157685489908126

 SOLIDARIA DON BOSCO PROXECTO SURIYA.

11 DE XUÑO DE 2017

SANTIAGO DE COMPOSTELA

 DISTANCIAS: Pitufos e prebenxamíns 200m // alevín e benxamíns 600m //infantil 1200m // cadetes en adiante 5200m.

O Centro Xuvenil Don Bosco en colaboración coa ONG “Jovenes y desarrollo”, organizou a II Carreira Solidaria Proxecto Suriya.

Esta carreira forma parte das actividades  que estes centros promoven co eido de recadar fondos.

O proxecto xorde como compromiso a curto, medio e longo prazo, desde o irmandamento dos centros xuvenís salesianos de España e Siria e pretende realizar diversas accións de sensibilización, apoio e captación de fondos para axudar a cubrir as necesidades dos centros xuvenís salesianos de Siria.

POSTO DORSAL NOME TEMPO
15 921 DAVID MIRAS 14,18

www.facebook.com/proyectosuriya

MEDIA MARATÓN PALAS – MELIDE “OS 21 DO CAMIÑO” 2017

17 DE XUÑO DE 2017

PALAS de Rei

DISTANCIA: MEDIA MARATÓN

 A Asociación Deportiva Cerne organizou a media maratón “Os 21 do Camiño”, que se disputou o pasado 17  Xuño  as 18:30 horas entre as localidades de Palas de Rei e Melide.

A saída foi da praza de Palas de Rei déronse unhas voltas polo pobo e despois colleuse o camiño de Santiago ata a localidade de Melide para completar os 21,097 metros, unha combinación entre terra e asfalto, sendo a maior parte da carreira por terra.

Posto Dorsal Nome Apelidos P. Sexo P. Categoría Tempo
284 58 JUAN JESÚS TAJES MAYO M-272 VTBM-112 02:02:34

Iformación: https://championchipnorte.com/resultados/media-maratón-palas-melide-os-21-do-camino-2017/medio-maratón/1?c=&s=&search=FONTES

fotos:https://www.flickr.com/photos/atletismofontesdosar/albums/72157683081952833

 

II TRIATLÓN POPULAR DE NEGREIRA

Sábado 17 de Xuño de 2017 ás 16:30

Distancias : 750m+20km+5km

Lugar: Negreira

 Cun sol abrasador e con  preto de 30 graos  disputouse o II Triatlón popular solidario de Negreira.

Proba solidaria a favor da Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas – FEGEREC. De cada inscrición foron doados 2€ dos cales 1€ foi destinado para cofinanciar o programa asistencial socio sanitario de FEGEREC e 1€ foi destinado para a investigación en enfermidades raras a través da Fundación FEDER.

DATOS DA COMPETICIÓN

Temperatura exterior: 27 ºC

Temperatura da auga: 22ºC

Neopreno: PROHIBIDO

Natación: 0,75 km

1 volta

Ciclismo: 20km

3 voltas

Carreira: 5km

3 voltas

Como individual deixouse ver o valente Vicente Piñeiro, un rapaz do norte que non lle ten medo ás altas temperaturas.

Dixo el que ía para probar, e mirade se o fixo ben que, probou, gozou, rematou e aínda por riba nunha fantástica posición.

POS NOME CLUB CAT P. NATAC. P. CICLI. KM/H P. CAR. META
59 63 VICENTE PIÑEIRO CAFS VM 47 0:17:14 63 0:52:44 22.76 58 0:28:48 1:38:47

Fixeron panda Balado, Mario e Saky  o primeiro pedaleou , o segundo  correu e o terceiro nadou , acadaron a oitava praza por equipos.

POSTO DORSAL ATLETISMO FONTES DO SAR CATEGORIA TEMPO POSTO
8 111 Juan Fernández Balado ABM 0:15:08 11
Mario Rodríguez ABM 0:39:19 5
Santiago Fernández V1M 0:22:10 11

Fotos: https://drive.google.com/file/d/0B646EqLcGYPXNmtlNGRJZ01vamM/view

Fotos:https://www.flickr.com/photos/atletismofontesdosar/albums/72157682705595852

 10K CARBALLO. VII CARREIRA POPULAR CONCELLO DE CARBALLO 2017

18 de xuño de 2017

Carballo – a Coruña.

Distancias: biberón 50m // Pitufo 100- 150 m // Benxamíns 1000m // Infantil – alevín 1600m // Xuvenil e cadete 3000 m // absoluta 10000m

O Concello de Carballo organizou un ano máis  o “10K CARBALLO. VII Carreira Popular Concello de Carballo”,

Os 10K discorreron por un circuíto totalmente urbano de 10.000 metros, homologado pola Federación,  as distancias variaron en función das categorías a partir dos 50 metros dos biberóns hasta os dez quilómetros da absoluta.

Un total de 1220 atletas tomaron a saída nas diferentes categorías, un sol  de xustiza fixo que un gran número de participantes se viran na obriga de abandonar na proba absoluta.

Un bo número dos nosos atletas achegáronse a Carballo coa idea de suar moito.

Pregamos desculpas por non debullar a clasificacións, pero a organización omite o club ao que pertencen os participantes e co medo a que algún quede sen ser nomeado optamos por poñer as ligazóns para que tódolos que se queiran atopar se busquen.

RESULTADOS 10 KM: https://championchipnorte.com/resultados/10k-carballo-vii-carreira-popular-10km-concello-de-carballo-2017/absoluta-1999-e-anos-anteriores/0

RESULTADOS XUVENIL- CADETE: https://championchipnorte.com/resultados/10k-carballo-vii-carreira-popular-10km-concello-de-carballo-2017/xuvenil-2000-2001-cadete-2002-2003/0

RESULTADOS BENXAMIN: https://championchipnorte.com/resultados/10k-carballo-vii-carreira-popular-10km-concello-de-carballo-2017/benxamín-2008-2009/0

RESULTADOS ALEVIN:https://championchipnorte.com/resultados/10k-carballo-vii-carreira-popular-10km-concello-de-carballo-2017/infantil-2004-2005-alevín-2006-2007/0

FOTOS: https://www.flickr.com/photos/atletismofontesdosar/albums/72157685750780546

 I TRIATLÓN SPRINT SOLIDARIO CONCELLO DE BOIRO

18 DE XUÑO DE 2017

Boiro – A Coruña

Distamcias: 800 m + 21,8 km + 5300m

 

A localidade de Boiro  sorprendeuse a si mesma co éxito acadado coa primeira edición deste triatlón, máis dun cento de participantes e 50 equipos así o demostraron.

EcoSport Barbanza  deseñou un circuíto  que afectase o menos posible ao tráfico, a  praia de Barraña foi o punto neurálxico da proba.

As condicións climatolóxicas foron as idóneas para o nado, as temperaturas complicaron un pouco máis a proba de ciclismo e a carreira.

Tratouse dunha proba solidaria a favor da Fundación Josep Carreras que loita contra a leucemia, e tamén a favor da Asociación Española Contra o Cancro.

Alí estaba un dos nosos, Carlos Juanatey que foi quen de entrar na fantástica posición 21 da xeral.

Posto Dorsal Nome Apelidos P. Sexo P. Categoría Tempo
21 14 CARLOS JUANATEY GARCIA M-21 VT1M-8 01:11:40

Facebook: https://www.facebook.com/triatlónboiro/

Resultados:https://championchipnorte.com/resultados/i-triatlón-sprint-solidario-concello-de-boiro/inscripcion-individual-2002-y-anos-anteriores/1

 IV Carreira Pedestre Concello de Cee

24 DE XUÑO DE 2017

Concello de Cee

Distancias: Pitufos: 400m // Benxamín- Alevín: 1000m // Infantil – Cadete – Xuvenil : 3400 m // absoluta 3km // absoluta 10km.

A 4ª Carreira Pedestre Concello de Cee 2017, que tivo lugar o sábado 24 de xuño,  enmárcase dentro do Circuíto de Carreiras Populares “Correndo pola Costa da Morte”.

Esta proba está incluída no Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e forma parte do “V Circuíto Provincial de Carreiras Populares Deputación Provincial da Coruña 2017”.

A carreira recuperou o centro neurálxico da vila para o percorrido (nas dúas últimas edicións, a área estaba en obras polo seu empedrado) así, os atletas pasaron pola Praza da Constitución e a rúa Rosalía de Castro, que ata agora estaban excluídas do trazado da proba.

Tres foron os Mosqueteiros Sareiros  que quixeron queimar as sardiñas papadas na noite de San Xoán correndo polas rúas de Cee.

Posto Dorsal Nome Apelidos P. Sexo P. Categoría Tempo
47 512 SANTIAGO FERNANDEZ RIAL M-46 M40M-12 00:41:48
53 34 DANIEL NEGREIRA GARCÍA M-52 SNM-33 00:42:54
91 44 MARCELINO RIVAS POMBO M-86 SNM-53 00:46:48

Resultados: https://championchipnorte.com/resultados/iv-carreira-pedestre-concello-de-cee/absoluta-10k-1999-e-ant/1

Información: https://cee.gal/es/actualidade/deportes/iv-carreira-pedestre-concello-de-cee-correndo-pola-costa/3576/

 I DUBRA TRAIL

25 DE XUÑO DE 2017

BEMBIBRE – VAL DO DUBRA.

DIASTANCIA ; 15 KM // 25 KM

O Clube Dubra Team e o Concello de Val do Dubra organizaron o domingo 25 de xuño a primeira edición do TRAIL de Montaña Dubra Trail.

Con 2 modalidades de competición e unha ANDAINA POPULAR cunha distancia de 13 km. O TRAIL tivo dúas distancias, 25 km e 15 km.

As probas saíron desde o Campo de Fútbol da Tilleira, na localidade de Bembibre, ese punto  tamén foi a meta das mesmas

A ruta curta e a andaina popular empregaron un percorrido común que discorreu pola Ruta da Fervenza do Rexedoiro PR-G202.

Dous  dos nosos, Luís e Pedro, desprazáronse hasta Val do Dubra para dar testemuño de que este Val e moito Val, abofé  que Luís xa o sabía por ser oriundo deses lares.

posto dorsal nome tempo ritmo
18 116 Pedro Pazos 1:37:50 6:31
21 83 Luis Feito 140:18 6:41

Na andaina deportiva tamen pariciparon Elena e Brandon que eran vos coñecedors ds terrenos polos que trancorreu.

Resultados: http://www.carreirasgalegas.com/resultado-externo/i-dubra-trail/6e2810d4-8989-dbed-c6d9-39dfd4b07071

Facebook:https://www.facebook.com/DUBRA-TEAM-117373061665512/

Fotos: https://www.flickr.com/photos/atletismofontesdosar/albums/72157685750958486

 

OS 100 DO 2017

SÁBADO ,24-25  DE XUÑO DE 2017

LUGAR: SAÍDA DE NOIA

DISTANCIA 100 KM.

Primeira proba de 100km en 24 horas en Galicia,  na súa 4ª edición.

Dou saída de Noia o 24 de xuño de 2017 ás 16:00h, cun percorrido de 100km por corredoiras, pistas e camiños dos concellos do Barbanza: Noia, Son, Ribeira, Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e Lousame, para rematar, tras 100km en Noia cunha subida acumulada de 3.330 m

Cun calor esgotador, os valentes participantes na 100 international Trekkers partiron de Noia para percorrer 100 quilómetros, 24 horas camiñando por camiños, montes, e vales.

Case 300 persoas se animaron a participar nesta andaina única.

A plataforma TRACKTHERACE  mantívonos informados en directo do percorrido dos nosos valentes , Alfonso e Suso a nosa representación de luxo.

20 Alfonso Arias García 21:04
276 Jesús Mira 21:48

Facebook: https://www.facebook.com/itrekkers/

You-Tube: https://youtu.be/eCUdFpx1GSU

Resultados:http://itrekkers.org/2017/listado-tempos-2017/

 

Compañeiros, gozade do verán, das merecidas vacacións, poñédevos ben moreniños, comede, bebede, viaxade…pero non deixedes de correr.

Vémonos en setembro, imos a por máis e mellor.

EDITOR: A.V