Pechado por vacacións!

 

Pechado por vacacións ¡¡¡¡¡

 

Na tarde do martes, entre o lusco e fusco, o grupo de éntreno das “mamas&papas” dou por pechada a tempada .

Coa tradicional subida o Monte Viso e con temperaturas xusticeiras deixaron a trás as tardes de adestramentos, risas, quilómetros, suores, frío, molladuras, maniotas, lesións…. e moitos, moitos grandes momentos.

Este grupo ,que naceu para lle dar enredo ás nais e país que agardaban na porta do estadio mentres os miúdos adestraban , foi gañando espazo no club pouquiño a pouco ata se converter nun dos piares da organización.

Compañeiros, agora toca portarse mal, comer moito e ben, durmir a sesta, lacazanear  canto se poida, correr, iso si ,pero detrás dos folgados cativos .

Vémonos es setembro, coas pilas  cargadas de novas enerxías para empezar a tempada 2017-2018.

E xa sabedes , correde a voz , si coñeces a alguén que queira correr pero que non saiba onde nin con quen , aquí estamos nós cos brazos abertos AGARDÁNDOTE.

Amigos , saúde e quilómetros¡¡¡