FIN DE SEMÁN COMPLETIÑO: CPTO. ESPAÑA INFANTIL / CPTO. GALEGO CADETE E XUVENIL / GRAN PREMIO DE MARCHA

O primeiro fin de semán do mes de San Xoán, estivo moi cargado de competicións para os atletas do clube, sobre todo das categorías escolares:

CAMPIONATO DE ESPAÑA INFANTIL INDIVIDUAL

                      O sábado 3 e o domingo 4, celebrouse en Valladolid, no Estadio de Atletismo do Río Esgueva, unha nova edición do Campionato de España Infantil, recientemente creado. E este ano participamos por primeira vez, con dous grandes atletas, clasificados entre os 36 mellores de toda España.

                      Alá se desprazaron Pablo Villaverde para participar no triatlón C (80 metros valados, altura e lonxitude) e Xiana Brea que participou no triatlón B (1000ml, lonxitude e xavelina), sempre acompañados polo adestrador Diego Pazos.

                     Foron unhas xornadas moi esgotadoras, na que os atletas demostraron o mellor do seu adestramento, nas que se conseguiron mellores marcas e onde os nervos, xogaron en contra as veces.

   Pablo nos 80mv, pulveriza a súa marca, acadando 14.58 con vento +1.8… Na lonxitude, tras o primeiro salto nulo, os nervos xogaron na súa contra e non acadou marca… En cambio na altura, voltou a mellorar a súa marca, conseguida a semán pasada en O Barco de Valdeorras (1.43), deixando o listón en 1.49… O final 742 puntos, acadando o posto 34 do ranking nacional.

                

   Xiana fai mellor marca persoal nos 1000ml deixando o crono en 3:25.16… Mantén a súa marca na lonxitude 3,84 metros e acada 16.39 metros no lanzamento de xavelina …O final 1029 punto, acadando o posto 32 do ranking nacional

ENHORABOA, é toda unha experencia.

REGULAMENTO

RESULTADOS

FOTOS

CAMPIONATO GALEGO CADETE E XUVENIL

             O domingo 4, celebrouse no Estadio Municipal de Atletismo de A Malata en Ferrol, o Campionato Galego Cadete e Xuvenil, durante toda a xornada dominical.

              A delegación do clube estivo composta polos atletas Carlitos Manso da categoría Xuvenil e Brais Fernández, Manuel Juanatey, Pablo Rey e Nerea Iglesias da categoría Catede. Acompañados polo adestrador Luis M. Feito.

Nere: Unha saída nula, provocada pola tensión do momento, impediu que a Campiona Galega en velocidade, poidera revalidad o seu título. Pero son as cousas do directo e as veces, pasa.

              Non nos cabe a menor dúbida que no vindeiro Campionato de España de Lorca (Murcia), dará moita guerra. No momento de redactar esta noticia, cheganos a comunicación por parte da Federación Galega que Nere foi escollida para representar a Galicia, no Campionato de España por Federacións Autónomas, que se celebrará en Ciudad Real 

               Nos 300 ml, cumpriu co establecido e proclamase CAMPIONA GALEGA, cun tempo de 42.17, rebaixando a súa mellor marca personal.

             

 

Brais, participa nas semifinais dos 100ml, acadando un tempo record de 12.03 o que lle da acceso a final, que se celebrará o final da xornada de mañán. E nesta final cando consegue o seu soño e acada a marca mínima que lle da acceso o Campionato de España de Lorca (Murcia), deixando o crono en 11.74 que o converte en SUBCAMPIÓN GALEGO.

 

 

 

             

 Manuel participa en dúas probas: 

               1000ml, acadando mellor marca persoal deixando o crono parado en 2:57.42 .

                100m valados acada unha marca de 15.62 pero un vento superior a 2.3m/s impedirá que suba o ranking, pero que o converte en SUBCAMPIÓN GALEGO. Manu terá que seguir pelexando en vindeiros controis para acadar a marca mínima de 15.25 necesaria para a participación no Campionato de España. Vamooooos, que case está lista.

           

                Pablo R. participa nos 3000ml acadando un merecido 6º posto cun tempo de 10:44.67.  O excesivo calor da xornada provocou que os tempos foran maiores do esperado.

               Carlitos, participa en duas probas xuvenil:

                100ml, participa nas semifinais e por moi pouquiño non pasa a final, pero acada unha MMP deixando o crono parado en 11.88 e un vento de -0.8. Faltalle un case nada para os 11.50 mínima do Campionato de España

                400ml, participa na final e quedouse co mel nos beizos, para subir o podium, acadando un merecido 4º posto cun tempo de 53.31

ENHORABOA.

REGULAMENTO

RESULTADOS

FOTOS

GRAN PREMIO DE MARCHA – CANTONES A CORUÑA

TROFEO JOSEFINA ROMERO DE MARCHA EN RUTA  – CATEGORÍAS MENORES

                O sábado 3 de Xuño, celebrouse en A Coruña, en Los Cantones e Avda. da Mariña, el Gran Premio Internacional de Marcha “Sergio Vazquez” e o Trofeo Josefina Romero de marcha en ruta para as categorías menores, na que tivemos representación do clube dos nosos grandes marchadores.

                Noel Ferraces, que participou na proba de 2km marcha-ruta, acadou un tempo de 12.01, facendo MMP nesta modalidade de marcha

                Lia Pereira, que participou na proba de 3km marcha-ruta, acadou un tempo de 20.12

REGULAMENTO

RESULTADOS

FOTOS