CAMPIONATOS GALEGOS PARA TÓDALAS IDADES

O último fin de semán de Maio, celebraronse varios campionatos galegos nos que houbo participación do clube:

 

O sábado celebrouse no Estadio Municipal de Cabalagueiros en O Barco de Valdeorras, o Campionato Galego Benxamín, Alevín e Infantil por Equipos, competición na que participaron os equipos Alevín e Infantil masculino así como o Infantil feminino.

Equipo alevín masculino composto por Roi Rial, Iago Cao, Marco Mota, Jacobo Salgado, Carlos Mira, Jorge Iglesias, Noé Novoa, Antón Romar, Mateo Sánchez e Noel Ferraces, competiron en 60ml, 500ml, 1000ml, altura, lonxitude, xavelina, peso, marcha e relevos 4x60m; acadando 84 puntos e quedando cuartos na clasificación xeral.

 

 

 

 

Compoñentes do relevo 4x60m

 

O Equipo Infantil masculino composto por Martín Rosende, Hugo Fernándes, Xurxo Rey, Mateo Cao, Mateo Rivadulla, Jorge Salgado, Pablo Villaverde e Alvaro Otero, competiron en 80ml, 150ml, 500ml, 1000ml, 3000ml, 80mv, 220mv, 1000m obstáculos, altura, pértega, lonxitude, peso, disco, martelo, xavelina, triple, marcha e relevos 4x80m; acadando 121 puntos na clasificación xeral

O Equipo Infantil feminino composto por Angela Noya, Sara Li Pazos, Carmen Juanatey, Candela Cesar, Lea Mota, Valentina Gonzalez, Xiana Brea, Ainoa Gontán, Candela Pereira, Celia Mira, Ana Manso, Lia Pereira, Jimena Perez e Salomé Segade, competiron en 80ml, 150ml, 500ml, 1000ml, 3000ml, 80mv, 220mv, 1000m obstáculos, altura, pértega, lonxitude, peso, disco, martelo, xavelina, triple, marcha e relevos 4x80m; acadando 143 puntos na clasificación xeral.

RESULTADOS ALEVÍN

RESULTADOS INFANTIL

FOTOS

 

O domingo, tamén na provincia de Ourense, pero neste caso no Estadio Municipal Josefina Salgado en Monterrei, no Concello de O Pereiro de Aguiar, celebrouse o CAMPIONATO GALEGO DE VETERÁNS:

 

Ali poidemos disfrutar dunha xornada completa de atletismo en todalas modalidades, pero disfrutar con Silvia, con Xabi e con Suso, que viñeron cargadiños de medallas para a casa.

Xabier Llopis, proclamouse CAMPIÓN GALEGO nos 100 ml M-40, cun tempo de 12.43 segundos e pola tarde acadou o SUBCAMPIONATO, nos 200ml M-40, mellorando a súa marca, acadando un tempo de 25.31 segundos.

Silvia Barreiro, proclamouse SUBCAMPIONA GALEGA nos 100ml W-40, cun tempo de 15.02 acadando a súa mellor marca persoal

 

 

 

 

 

 

 

Suso Mira, acadou a presea de Bronce, nos 400ml M-45, quedando primeiro da súa serie e terceiro da categoría cun tempo de 1:00.23

Os tres, xunto con Moisés, (lesionado) darán moito que falar. Grazas por facernos vivir estos bos momentos.

RESULTADOS

FOTOS