2 OUROS, 1 PRATA, 4 BRONCES, CUARTOS POSTOS, MOITAS MMP E RC: RESULTADOS DO GALEGO BENXAMÍN, ALEVÍN E INFANTIL

                O domingo 11 de Xuño, celebrouse nas pistas de Atletismo de Balaídos, en Vigo, o Campionato Galego Individual das categorías Benxamín, Alevín e Infantil, en dúas xornadas de mañán e tarde, baixo un sol e unha calor agobiante, e onde @s atletas do clube demostraron o que aprenderon o longo de todo un ano de adestramento. Estiveron acompañados polos adestradores Simón, Gonzalo e Diego, así como o noso Delegado Pedrito. Tamén se desprazaron pais e nais para estar cos atletas en estos momentos.

                    A xornada de mañan, estaba composta polos concursos Benxamín e Alevín e as carreiras Infantil co seguinte resultado:

 

 

             Comenzamos cos 3km marcha Infantil, proba na que Lía Pereira, fai MMP (Mellor Marca Persoal) e RC (Récord do Clube) deixando o crono en 19:26.49. Nos 2km marcha Alevín, Noel Ferraces, a parte de facer MMP e RC cun tempo de 11:18.26, proclamase SUBCAMPIÓN GALEGO, medalla de BRONCE.

 

 

 

         Nos 80ml Infantil, Xurxo Rey e Hugo Fernádes acadan MMP con 11.08 e 11.65 respectivamente. Xurxo sube a súa marca o RC.

           Nos 500ml Infantil, Xurxo Rey e Mateo Rivadulla, obteñen un tempo de 1:28.84 e 1:29.16. Carmen Juanatey obtería unha MMP e RC deixando o crono en 1:29.72

           Nos 1000ml Infantil, Candela Cesar, acada un tempo de 3:43.15

 

            Nos 80m valados Infantil, Pablo Villaverde rebaixa unha centesima a súa MMP conseguida hai unha semana no Cpto de España en Valladolid, sube un novo RC deixando o crono en 14:57 e proclamandose SUBCAMPIÓN GALEGO, medalla de PRATA.

            Tamén nesta proba, Carmen Juanatey acada un tempo de 14.94 segundos.

 

             No referido os concursos matutinos:

            Comenzamos con Altura Alevín onde Carmen Casal e Roi Rial non foron capaces de superar a súa marca establecida en 1,18 e 1,28 respectivamente

            No Peso Benxamín (1kg) Carmen Gonzalez, acadaría un lanzamento máximo de 6.32 e na representación masculina  Marcos Martínez, obtería MMP cun lanzamento de 8.64, mentras que David Losada non sería capaz de sobrepasar os 8.37 metros

           No Peso Alevín (2kg) Sofía Dodman, fixo un lanzamento máximo de 6.90 metros

            No lanzamento de Pelota (200grs) Benxamín, Carmen Gonzalez, acada unha distancia de 12.13 metros

            Na Lonxitude Benxamín, Daniel Bolaño faría un salto máximo e MMP de 3,36 metros

 

 

            E levaríamos unha gran sorpresa na Lonxitude Alevín, onde Roi Rial, despois de moito intentalo, conseguiría rebasar a barreira dos catro metros, facendo unha MMP con 4.13 metros e convertindoo en SUBCAMPIÓN GALEGO, medalla de BRONCE.

 

 

 

 

               A xornada de tarde, estaba composta polos concursos Infanil e as carreiras Benxamín e Alevín, así como os 1000m obstaculos e 3000ml da categoría Infantil co seguinte resultado:

 

                    Daniel Bolaño e Nicolás Bermúdez, participarán nos 50ml Benxamín, acadando un tempo de 8.44 e 8.63 respectivamente

                    Nos 500ml Benxamín, Alvarecho Gonzalez, acadaría un tempo de 1:50.71

 

                   Nos 60ml Alevín, Nicolás Curros faría MMP cun tempo de 9.16. E Sofía Dodman cun tempo de 9.02 será SUBCAMPIONA GALEGA, medalla de BRONCE.

 

 

            A primeira medalla de Ouro, chegaría nos 2000ml Alevín, na que participan Marco Mota e Iago Cao. Despois dunha carreira encabezada en case todo o percorrido por Iago e Marco, os ultimos trescentos metros pasaronlle factura e Iago Cao quedou nun merecidisimo cuarto posto facendo MMP, rebaixando en case medio minuto o súa marca, que deixou parada en 7:24.17. Marco Mota cun tempo de 7:15.72 fai MMP e RC, e proclamase CAMPIÓN GALEGO e medalla de OURO.

                    Nos 1000ml Benxamín participará Yeray Valle que fai un tempo de 3:57.69

                    Nos 1000m Obstáculos Infantil, temos ampla participación e así Martín Rosende, Marco Becerra e Xiana Brea, disputan esta dura proba do atletismo. Martín 3:58.83, Marco 4:06.37 e Xiana Brea fai MMP e RC cun tempo de 3:37.56, proclamándose SUBCAMPIONA GALEGA, e medalla de BRONCE.

                     A última proba da xornada foron os 3000ml Infantil, na que Lea Mota fará un tempo de 11:42.95 facendo MMP.

                     No referente os concursos, comezamos a tarde no Peso Infantil (3kg), no que Valentina Gonzalez, fará un lanzamento máximo de 5.97 metros. Mateo Rivadulla fará MMP e RC cun lanzamento de 7.74 metros e Jorge Salgado 7.13 metros.

                   No Lanzamento de Disco Infantil (800grs), Valentina Gonzalez, voltará a renovar o súa MMP e RC, cun lanzamento de 19.02 metros

                      Na Altura Infantil, chegará outra gran sorpresa, Hugo Fernándes fará MMP deixando o listón en 1.34 metros e Pablo Villaverde, conseguirá rebasar o metro e medio, MMP e RC con 1.53, proclamándose CAMPIÓN GALEGO, medalla de OURO. A seguinte marca solicitada sería 1.55 que rebasou no segundo intento pero o listón acabou caendo.

 

 

                       En Lanzamento de Xavelina (400grs), Celia Mira acadará unha distancia de 16.32 metros e Xiana Brea fará MMP e RC con 22.01 metros

                      O último concurso da tarde foi o Lanzamento de Martelo (3kg), no que Jorge Salgado fará MMP e RC cun lanzamento de 18.22 metros e Alvaro Otero conseguirá 11.86 metros facendo MMP.

 

 

REGULAMENTO

RESULTADOS

FOTOS