UN ABRIL PARA O RECORDO.

Cando xa maio vai polo seu ecuador  poñemos resumo do feito en abril. Temos que pedir desculpas polo retraso pero os frontes abertos son moitos e as horas poucas.

Non son tan poucas as  que empregan os nosos  corredores, que non paran: maratóns, medias, carreiras infinitas, e as cabras montesiñas que desta volta chegaron hasta o europeo.

Todas e cada unha das participacións teñen moito mérito pero, ás veces abráiamonos porque a nosa xente fai cousa grandiosas.

Mención especial para Mario R. que nos representou no europeo de Montaña, acadando un resultado espectacular.

E como non, tamén mención para as nosas Super- Mulleres, Pili e Teresa que completaron a maratón de A Coruña e nos fixeron sentir a tódalas femias deste club que  XA SOMOS MARATÓNIANAS¡.

Imos co resumo.

ABRIL 2017

CARREIRA: VII Carrera Popular Torre de Hércules – Trofeo José Antonio Varela Calviño

DATA: O día 01 de abril de 2017 a partires das 17:00 horas

LUGAR DE SAÍDA E META:   Explanada Torre de Hércules

DISTANCIA :Benxamín – alevín : 800m. // infantil: 1600m //  cadete e xuvenil: 2300m // absoluta: 6590m.

Tras pasar polos barrios de Novo Mesoiro, Os Rosales e Matogrante, o Circuíto Coruña Corre achegouse ao barrio de Adormideras e ao  litoral de Monte Alto e Cidade Vella.

Esta foi a sétima edición da proba Torre de Hércules, cuarta cita  do V Circuíto  de Carreiras Populares Coruña Corre.

Tratouse dunha proba nocturna , comezando a carreira absoluta as 21:00h con meta e saída ao pé da Torre de Hércules. Contou cun trazado de 6.675 metros que percorreron o Paseo Marítimo desde o agra de San Amaro ate a rotonda das Ánimas.

Algúns dos nosos representantes na cidade da Coruña.

Clasificación BENXAMÍN

Posto Dorsal Nome Apelidos P. Sexo Tempo
16 2007 NUNO RODRÍGUEZ FUENTES M-16 00:03:20
33 2008 ENZO GUEDES M-33 00:03:53

Clasificación absoluta.

Posto Dorsal Nome Apelidos P. Sexo P. Categoría Tempo
905 61 ANTONIO MARTÍNEZ FERNANDEZ M-728 VT1M-169 00:40:21
906 1803 MARIO RODRIGUEZ OTERO  M-729    —— 00:40:21

RESULTADOS https://championchipnorte.com/resultados/vii-carrera-popular-torre-de-hercules/adultos/0

FOTOS: https://www.flickr.com/photos/atletismofontesdosar/albums/72157680235808751

Carreira: Toxiza Classic Xtreme, Mondoñedo

Data: 02 de abril de 2017 as 09:00 horas

Lugar : MONDOÑEDO.

Distancias: 16 km, 20 km, e 42km.

3a Edición desta carreira de montaña que atravesa as marabillosas paraxes da Toxiza, Fraga Vella e Pena da Roca (Mondoñedo). Tres distancias: 16, 20 e 40km e primeira proba da Copa Galega de carreiras de montaña da FGM.

Organizada pola xente do Toxiza Clube de Montaña, deixan claro en cada pequeno detalle que se trata dunha proba das que hai que correr a lo menos unha vez na vida.

Contento quedou o noso pisaterróns do norte, Pumi, que fixo o trazado máis longo  e foi quen de rematar os 42 quilómetros  en catro horas corenta minutos.

DORSAL POSTO NOME POSTO CAT. TEMPO RITMO
100 26 PUMI 18 04:40:51 0

RESULTADOS: http://galitiming.com/clas/TOXIZA_2017_40KM.pdf

FOTOS: https://www.flickr.com/photos/atletismofontesdosar/albums/72157682136251456

XVIII Medio Maratón Gran Bahía Vig-bay.

02 de abril de 2017 as 10:30 horas.

Saída  da Avenida de Samil en Vigo.

Distancia  21.095 metros.

Unha nova edición  desta gran carreira, con un recorrido urbano e interurbano. Proba que se disputa entre os concellos de Vigo e Nigrán para rematar en Baiona.

Esgotáronse os 5000 dorsais que ofertaba a organización, o que deixa en manifesto  que se trata dunha proba das máis consolidadas do calendario galego.

Ao igual que nas anteriores edicións, a media Maratón tivo saída da Avenida de Samil ás dez da mañá  para rematar na Rúa Elduayen, no paseo de Baiona.

Un bo número de sareiros quixeron deixar ver as nosas cores polo percorrido.

Un sol de xustiza dificultou a marcha e sumou dureza aos quilómetros. 25 foron os ousados sareiros que remataron a proba.

Posto Dorsal Nome Apelidos P. Sexo Tempo
62 5060 JOSE ANTONIO GONTAN CASTRO M-62 01:18:15
70 5378 ADRIAN DOBARRO LANDEIRA M-70 01:18:46
163 39 JOSÉ RAMÓN LAGO QUINTEIRO M-160 01:22:46
232 5061 JOSE ANTONIO JUANATEY PÉREZ M-226 01:24:22
300 5120 JOSE MANUEL CAO GARCIA M-294 01:25:38
374 6519 JUAN CARLOS BRANDÓN RODRÍGUEZ M-364 01:27:29
447 5121 CARLOS BECERRA DO EJO M-435 01:28:46
597 6557 DANIEL NEGREIRA BARCIA M-579 01:30:46
912 1351 ADRIAN GALLEGO CID M-884 01:35:16
1017 5720 JUAN JESÚS TAJES MAYO M-985 01:36:26
1332 5377 CURRO LOPEZ MARTINEZ M-1282 01:39:33
1642 6556 ALFONSO ARIAS GARCIA M-1564 01:42:26
1719 5879 JOSE ANTONIO VALIÑO CES M-1634 01:43:12
1805 974 PILAR ALONSO VENCE F-94 01:43:59
1865 678 JOSE MAN UEL LISTE BARREIRO M-1763 01:44:32
2262 38 ALFREDO FANDIÑO ARES M-2116 01:47:58
2758 2737 XOSÉ CABIDO PÉREZ M-2538 01:52:59
3327 2815 EMMA VEIGA BLANCO F-343 01:59:55
3328 6228 MONTSE VEIGA BLANCO F-344 01:59:56
3603 5721 MARCOS SANTOS PÉREZ M-3179 02:04:14
3604 6079 PABLO PEREZ LOPEZ M-3180 02:04:14
3605 5898 MARCOS GARCÍA CAAMAÑO M-3181 02:04:14
3606 6080 DAVID PEREZ LOPEZ M-3182 02:04:14
3749 6092 JESUS MARIA POMBO PAMPIN M-3268 02:07:36
3876 6665 ANA VIGO LIÑARES F-534 02:11:56

RESULTADOS: https://championchipnorte.com/resultados/xviii-medio-maratón-gran-bahia-vig-bay/medio-maratón/1

FOTOS:  https://www.flickr.com/photos/atletismofontesdosar/albums/72157678900176903

VII COSTA- TRAIL DE OLEIROS SEIXO BRANCO

CONCELLO DE OLEIROS as 10:30 h. da mañá.

SAÍDA: Plaia de Mera.

Distancia : 19,5 km

7ª Edición del Costa-Trail de Oleiros y 4º Mini-Trail Infantil

Organizada pola Asociación Artabros en colaboración co Club Atletismo Sada e o Concello de Oleiros. A proba tivo lugar o domingo 2 de abril de 2017 con saída as 10:30 horas do Parque da Laguna de Mera, os primeiros 500 metros foron pola praia de Mera no  Concello de Oleiros .

Tratouse dun recorrido circular de 19,5 Km aproximadamente, no Concello de Oleiros (zona de Mera e Seixo Branco), acumulando un desnivel aproximado de 800 metros positivos e 800 metros negativos.

Este ano o percorrido sufriu algunha modificación ao se suprimir a baixada á praia do Canabal, posto que a carreira coincidía  coa marea alta.

Ao noso representante Mario R. chegoulle cunha hora e corenta e catro minutos para dar boa conta dos máis de 19 km

POSTO DORSAL NOME CATEGORIA TEMPO
17 256 MARIO RODRIGUEZ 17º ABSOLT. 1:44:5

FOTOS: https://www.flickr.com/photos/atletismofontesdosar/albums/72157678879234904

 

XXIV MARATÓNA DI ROMA

ROMA , DOMINGO 2 de abril as 8:40 horas

Saída ; Via dei Fori Imperiali.

42 195 metros

¡AÑO TRAS AÑO¡¡¡

¡ROMA E NOSA!!!! SI, SI…

O pasado domingo  02 de abril  as rúas da cidade eterna tomáronse por unha abelliña infiltrada.

Tremede romanos!!! Os do Fontes do Sar saudamos!!!

O noso compañeiro Rubén mesturouse cos preto de 10.000 corredores que quixeron percorrer esta cidade.  Unha posibilidade única de correr por unhas rúas con máis de 2000 anos de antigüidade, por un dos circuítos máis fermosos do mundo que transcorre a carón  das moitas marabillas históricas que ofrece a  cidade eterna .

A saída e a meta  atopábanse na mítica vía dei Fori Imperiali, preto  do Coliseo, icona da Roma Imperial, atravesando varias das prazas máis importantes da cidade: Capitae, Venecia, Popolo ou Navona entre outras, os corredores tamén puideron gozar do Panteón, do Circo Massimo, do teatro Marcelo ou as Termas de Caracala.

Parabéns Ruben, moitas grazas por levar ao Fontes do Sar lonxe.

posto dorsal nome Posto cat. tempo ritmo
6949 8997 Ruben Diaz Valcarcel 1358 04:06:11 5:50

FOTOS: https://www.flickr.com/photos/atletismofontesdosar/albums/72157678966059893

III TRAIL RUNNING PENÍNSULA DO GROVE

PORTO DO MELOXO O GROVE

9 DE ABRIL DE 2017

O Clube Deportivo Ría de Arousa do Grove e o Concello de O Grove organizan a 3ª BT Trail peninsulado Grove, trátase dunha proba que consta de tres actividades deportivas, unha andaina non competitiva, unha carreira TRAIL RUNNING o día 9 de Abril de 2017 e unha BTT a celebrarse o 11 de xuño de 2017, todas elas con saída e chegada na Zona do Porto Meloxo (O Grove).

O Trail  de 22 km cun percorrido que bordea a península de O Grove, cunha subida xeitosa hasta chegar ao miradoiro de Siradella. apuntpuse como non podía ser doutro xeito o tuzaro de Mario R.

Por outra banda unhas 250  persoas formaron parte da andaina deportiva que dou saída as 10:15 dende o mesmo sitio. Participou a nosa compañeira Angela, a que en nada imos ver correndo nos trails!.

Posto DORSAL NOME TEMPO RITMO
13 167 MARIO RODRIGUEZ 1:48:12 04:56

FOTOS: https://www.flickr.com/photos/atletismofontesdosar/albums/72157682731745746/with/34114168566/

XXXVIII CARREIRA POPULAR DE PASCUA

15 de abril de 2017

Plaza de Macias- Padrón

Distancias: pitufos 100m // prebenxamíns 450m // benxamíns 700m // alevín e infantil 2000m // cadete e xuvenil 3500m // junior-promesa, senior e absoluta 10,5 km

A Concellería de Deportes de Padrón organizou o sábado 15 de abril de 2017 a partir das 10:45 horas, a XXXVIII edición da súa Carreira de Pascua que se disputou na proba absoluta sobre unha distancia de 10,5 km.

Esta é unha das carreiras máis antigas do calendario galego e que non se quixeron perder un grupo de sareiros.

Na categoría absoluta  estes foron os nosos representantes.
Posto Dorsal Nome tempo Posto categoría ritmo
86 331 Jose noya 40:40 13 3:25
205 377 Benito Gonzalez 47:38 9 4:32
216 155 Alfonso Arias 48:24 105 4:35

Resultados: http://emesports.es/wp-content/uploads/2017/04/04_Clasificaci%C3%B3n-carrera-Absoluta.pdf

Nas miúdas destacamos o podio dunha das nosas fichaxes estrela desta tempa o tremendo Brais Picón.

Tamén gozaron da careira os pequenos Angela, Roi, Martén e Yeray.

Clasificación Alevín- Infantil.

Posto Dorsal nome Categoria Posto  categoría
1 431 Brais Picón infantil 1
18 424 Angela Noya infantil 10
21 457 Roi Rial alevín 6
22 414 Martin Bello infantil 9

Clasificación:http://emesports.es/wp-content/uploads/2017/04/02_Clasificacion-Alevín-Infantil_popular-Pascua-2017.pdf

CLASIFICACIÓN BENXAMÍN

DORSAL POSTO NOME CATEGORI.  POSTO CAT.
12 502 Yeray Valle benxamín 9

Clasificación: http://emesports.es/wp-content/uploads/2017/04/01_Clasificacion-Benxamín_popular-Pascua-2017.pdf

FOTOS:https://www.flickr.com/photos/atletismofontesdosar/albums/72157679548724274

III TRAIL TERRAS DO LIDADOR BY NIGHT 2017

14 DE ABRIL DE 2017

PARQUE URBANO AVIOSO- MAHIA

O III Trail Terras do Lidador by Night é unha  proba organizada pola  Confraría de Trotamontes coa colaboración  do Municipio da Maia en Portugal.

Conta con dúas distancias  20 km e 12 km.

A carreira tivo lugar o pasado 14 de abril  consaída e chegada no parque urbano do Avioso e percorreu os camiños do concello da Maia.

Alá foi o noso traileiro máis internacional, Mario, que participou na proba curta acadando a novena posición da xeral.

POSTO DORSAL NOME TEMPO RITMO
9 524 MARIO RODRIGUEZ 1:27:10 7:16

RESULTADOS.https://s3.lap2go.com/events/2017/trail-do-lidador-by-night/Results_TrailLidadorNight2017.pdf

FOTOS: https://www.flickr.com/photos/atletismofontesdosar/albums/72157681014200930

V CARREIRA VIKINGA 2017 ABSOLUTA 20KM 15 DE ABRIL DE 2017

15/04/2017 10:30 – 13:00

Lugar :  saída da casa do Concello de  Carnota.

Distancia: 18 km

O pasado 15 de abril celebrouse  a V edición da  carreira vikinga , unha proba  que se fixo famosa pola súa dureza .

As 10:30 horas da mañá dou saída a absoluta da praza de San Gregorio, por diante 18 km  nos que os corredores atoparían un pouco de todo.

E como non podía ser doutro xeito, representounos nesta carreira un vikingo, Marce que acadou o posto 51 da xeral.

POSTO DORSAL NOME TEMPO RITMO
51 84 MARCE RIVAS 02:21:33 07:05

 Resultados : http://galitiming.com/clas/VIKINGA_2017_ABSOLUTA.pdf

FOTOS: https://www.flickr.com/photos/atletismofontesdosar/albums/72157680217748552

II DÚATLON «ELEUTERIO BALAYO» CONCELLO DE MUROS

22 DE ABRIL DE 2017

CONCELLO DE MUROS

DÚATLON Sprint: 5 km carreira a pé (4 voltas), 20 km ciclismo (4 voltas) e 2,5 km carreira a pé (2 voltas).

O pasado sábado 22 de abril Muros converteuse no epicentro do duatlón galego. Alí ben de celebrase a segunda edición do Duatlón Eleuterio Balayo Concello de Muros.

Un total de 170 deportistas quixeron formar parte deste evento.

A competición, que foi a modalidade sprint, contou con un itinerario de cinco km de carreira a pé, 20 de ciclismo e para rematar 2,5 km a pé.

Cabe sinalar que a proba cubriu tódalas prazas das que dispoñía con máis dun mes de antelación o que demostra o gran interese asignándoselle un carácter de fixa no calendario das competicións.

Alá foi o noso Marce, a representarnos sendo quen de rematar nunha hora e dezanove minutos.

POSTO DORSAL NOME TEMPO RITMO T. SEC. 1 TRAN.1 T. SEC. 2 TRAN. 2 T. SEC.3
130 32 MARCE RIVAS 1:19:15 2:53 22:33 1:19 41:55 57 12:27

Resultados: http://emesports.es/event/ii-duatlon-eleuterio-balayo-concello-de-muros/

Fotos: https://www.flickr.com/photos/atletismofontesdosar/albums/72157679877973433

CARREIRA PEDESTRE BATALLA DE CACHEIRAS 2017

22 de abril de 2017

Cacheiras teo

Distancia: peques 150m // prebenxamíns 300m // benxamíns e alevíns 1100m // infantil, cadete e xuvenil 2200m // andaina e absoluta 9 km.

A Concellaría de Deportes do Concello de Teo organizou , o sábado 22 de abril de 2017 a Carreira Pedestre Batalla de Cacheiras 2017.

As diferentes probas desenvolvéronse en horario de mañá e de tarde. As probas escolares celebráronse en horario de mañá no parque dos Tilos, a carón da piscina Municipal. Mentres que a absoluta e a andaina, celebráronse pola tarde baixo un sol de xustiza.

A carreira pedestre Batalla de Cacheiras recuperou, como a pasada edición, a tradición de conmemorar os acontecementos sucedidos o 23 de abril de 1846. A proba absoluta e andaina discorreron polos camiños por onde as tropas do xeneral de La Concha avanzaron para enfrontarse ao exército sublevado liderado polo xeneral Solís.

Camiños cheos de historia, de cultura, de paisaxe e arquitectura popular que atravesan as parroquias de Bamonde, Oza e Cacheiras no Concello de Teo. Unha ruta lineal que comeza aó pé da reitoral de Bamonde e remata no cumio de Montouto.

Unha carreira durísima na que poñer a proba as pernas cun percorrido no que se acumula un desnivel importante. Mais batalla  que carreira.

POSTO DORSAL NOME TEMPO RITMO
142 141 ALFREDO FANDIÑO 1:00:13 6:41
160 151 ISA QUIREZA 1:03:22 7:03
170 116 ANA VIGO 1:06:15 7:22
181 115 CHELO VIGO 1:14:05 8:14

Nas categorías inferiores os nosos nenos acadaron moi bos resultados facéndose con varios podios nas diferentes probas.

Sentimos non poder publicar os resultados pero a organización non os deu a coñecer  tendo en conta o grupo ou clube ao que pertencía.

Podedes atopalos na seguinte ligazón.

RESULTADOS:http://www.carreirasgalegas.com/resultado-externo/carreira-pedestre-batalla-de-cacheiras-2017-v-circuito-dep-provincial-de-a-coruña/2abcc69d-0579-6b5d-c3e5-39dd0d7c05a2

FOTOS: https://www.flickr.com/photos/atletismofontesdosar/albums/72157682995961126

 

VI MARATÓN C42 – CAMPIONATO DE GALICIA

23 de abril de 2017

lugar : A CORUÑA

distancia: 42.195 M // 10.000M.

O Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo organizaron o pasado 23 de abril de 2017, o VI Maratón Coruña 42, cunha distancia homologada de 42.195 metros, facéndoo coincidir co Campionato de Galicia Absoluto e de Veteranos Individual e de Clubs, incluída no calendario nacional da RFEA. Paralelamente, celebrouse unha proba de 10 km.

A carreira dou saída xunto ao  porto, no Cantón Grande, e dispuxo a meta na praza de María Pita.

O circuíto coruñés,  é chan, urbano e rápido, discorre po las rúas  máis emblemáticas da cidade.

Media ducia de sareiros quixeron formar parte dos participantes nesta maratón.

POSTO DORSAL NOME P. CATE. TEMPO
30 618 NEMESIO FERNANDEZ 11 2:50:30
185 827 ADRIAN DIBARRO 29 03:16:44
420 588 ALFONSO ARIAS 82 03:40:27
487 587 MANUEL IGLESIAS UZAL 4 03:49:10
492 51 PILAR ALONSO VENCE 7 03:49:32
638 528 TERESA VARELA ARROJO 2 04:10:30

Temos que dar os parabén ás dúas corredoras do Fontes do Sar que foron quen de  completar o maratón. Pilar e Teresa,  foron as nosas representantes femias que acadaron os obxectivos previstos.

Rapazas estamos moi orgullosas de vós, parabéns por superar este reto.

RESULTADOS C42: http://www.carreirasgalegas.com/resultadosPDF/06ce1855-781b-a44f-015d-39dd6eb14d7f

E máis dunha ducia voaron no 10km.

POSTO DORSAL NOME P. CAT TEMPO
16 1030 JOSE ANTONIO GONTAN 4 0:35:56
43 1106 JOSE ANTONIO JUANATEY 16 0:37:47
45 1131 José Manuel Cao 17 0:37:56
66 1137 Ramón García 23 0:38:34
67 1183 José Noya 24 0:38:31
75 1188 Carlos Becerra 26 0:38:48
84 1134 Juan Carlos Brandón 8 0:38:59
87 1158 Mario Rodríguez 20 0:39:07
141 1207 Álvaro Seara 35 0:41:01
183 1434 José Antonio Valiño 42 0:42:31
605 1772 Manuel Cobas 70 0:50:28
669 1579 Montse Veiga 30 00:51:01
1097 2376 Antonio Martinez 194 0:59:12

Resultados 10km :http://www.carreirasgalegas.com/resultadosPDF/71e27e83-8e6a-21d9-5036-39dd6eb8ffbf

FOTOS C42: https://www.flickr.com/photos/atletismofontesdosar/albums/72157679878647383

FOTOS 10 KM: https://www.flickr.com/photos/atletismofontesdosar/albums/72157680452422042

EDP Rock ‘n’ Roll Madrid Maratón 2017

23 de abril de 2017

Lugar: Madrid

distancia: 42.195 m.

Tratouse da  edición especial, da EDP Rock ‘n’ Roll Madrid Maratón 2017  co eido celebrárse o 40 Aniversario da carreira.

As  9 en punto da mañá, cun tempo fresco, aínda que se esperaba calor conforme fose asomando o Sol,  dábase a saída.

Case 36.000 participantes repartidos nas modalidades de 10km (7.000); media maratón (15.000) e na  maratón  (13.000).

Esta Maratón Madrid 2017 estreaba a etiqueta Oro da IAAF, máxima categoría de recoñecemento internacional para as maratóns populares.

Catro dos nosos saíron da praza de Cibeles para recorrer as rúas de Madrid. Os catro remataron con éxito a proba. Parabéns Marcos Santos, Marcos García, Pablo e David Pérez.

 

Dorsal Posto Nome Categoría Tempo
5695 6268 Marcos Santos Pérez D-M 4:06:45
5844 6267 Marcos García Caamaño D-M 4:08:23
5845 7387 Pablo Pérez López D-M 4:08:24
7613 8725 David Pérez López E-M 4:28:36

FOTOS: https://www.flickr.com/photos/atletismofontesdosar/albums/72157681006208531

VII CAMOVI (CARREIRA POR MONTAÑA “MONTES DE VIVEIRO”) 2017

Domingo , 23 de abril de 2017

Viveiro

Distancia: 42 km ( saída as 8:00h) e 18km ( saída as 11:00h)

 

Trátase dunha vistosa e esixente carreira de montaña que ven de celebrar a súa sétima edición polos montes de Viveiro.

As probas deron saída, a longa dende a  Praza Maior as 8:00 e, a curta dende Naseiro ás 11:00h.

306 corredores quixeron gozar da carreira e dos actos previos e enchéronse do espírito Camovi.

Unha proba que empezou sendo un reto entre amigos que gozaban correndo polos montes que rodean o Val de Leandro en Viveiro, así foi como naceu a Carreira de Montaña Montés de Viveiro.

Alí foi o pisaterróns do norte Pumi, que gozou dalgo máis de cinco horas de monte longo.

Posto Dorsal Nome Apelidos P. Sexo P. Categoría Tempo
45 106 AMADOR PUMARIÑO PÉREZ M-45 ABSM-30 05:34:24

FOTOS: https://www.flickr.com/photos/atletismofontesdosar/albums/72157679845315244

 

IV CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE OROSO

Sábado 29 de abril de 2017

Sigüeiro – Oroso A partir das 17:30 horas

Distancias: pitufos e prebenxamíns 300m // benxamíns 1000m //  alevíns e infantiles 2000m // cadtes e xuveniles 3000m  e o restos das categorías 10km.

 

A proba disputouse na  localidade de Sigueiro, a saída foi no Camiño Inglés, a carón da casa do Concello. O control da carreira estivo  a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

Organizada polo concello de Oroso, trátase da cuarta edición desta carreira pedestre que transcorreu por un  circuíto urbano e rural.

POSTO DORSAL TEMPO RITMO NOME CATEGORÍA
77 86 45:33 4:33 ALFONSO ARIAS VET.A-29

 CLASIFICACIÓN INFANTIL

POSTO DORSAL TEMPO NOME CATEGORÍA
2 177 8:07 BRAIS PICÓN INFANTIL

 

XIV CARREIRA PEDESTRE POPULAR CONCELLO DE O PINO 2017

Domingo 30 de abril de 2017

Arca – Pedrouzo

Distancias : Biberón 300m // prebenxamíns 500m // benxamín e alevín 850 m // cadete feminino 1928m // cadete masculino 3186m // resto 8 km

O Concello de O Pino ven de celebrar a décimo cuarta edición da súa Carreira Pedestre Popular o pasado domingo 30 de abril de 2017, na localidade de Arca – Pedrouzo (N-547 Santiago-Lugo, a 20 km de Santiago de Compostela), baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo (Delegación en Santiago).

Esta proba pertence ao V CIRCUÍTO DE CARREIRAS POPULARES DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA.

Un bo número de sareiros  quixeron formar parte desta proba, unha das máis apreciadas polo noso club.

Como xa ben sendo habitual nas categorías inferiores non fixeron alusión ao club ao que pertencen os nenos polo que nos resulta imposible debullar as clasificación.

POSTO DORSAL NOME TEMPO RITMO P. CAT.
18 209 José A. Gontan 29:51 3:41 8
30 147 José Cao 30:49 3:48 11
36 156 Carlos Becerra 31:10 3:51 14
55 183 José Antonio Noya 32:11 3:59 20
124 96 Alfonso arias 37:03 4:35 23
166 56 Diego García 40:06 4:57 31
180 174 Emma Veiga 41:24 5:06 5
190 8 Suevia López  42:06 5:12 8
191 94 Sonia Raimondez 42:07 5:12 16
195 194 Belén Noya 43:32 5:15 6
216 170 Isabel Quireza 45:52 5:40 12
218 146 Beti Vázquez 45:28 5:44 13
223 180 Marian Pérez 47:26 5:51 14
225 148 Puerto Fontan 47:45 5:54 15
226 227 Mari Recarey 47:49 5:54 3

Poñemos a ligazón dos resultados para tódolos interesados en telos.

RESULTADOS PREBENXAMÍNS http://emesports.es/wp-content/uploads/2017/04/Prebenxamín-2.pdf

RESULTADOS  BENXAMÍNS E  ALEVÍNS http://emesports.es/wp-content/uploads/2017/04/Benxamín-Alevín-1.pdf

REULTADOS INFANTIL E CADETE FEMENINO http://emesports.es/wp-content/uploads/2017/04/Infantil_CadeteF.pdf

RESULTADOS CADETE MASCULINO- XUVENIL http://emesports.es/wp-content/uploads/2017/04/Infantil_CadeteF.pdf

ABSOLUTA: http://emesports.es/wp-content/uploads/2017/04/Absoluta-1.pdf

FOTOS: https://www.flickr.com/photos/atletismofontesdosar/albums/72157683863770756

V Ultratrail do Barbanza, Ribeira (AROUSA NéO)

Distancias: 20 km minitrail – 35 km trail – 60 km ultratrail

Desnivel+: 697 m+ minitrail – 1518 m+ trail – 2345 m+ ultratrail

Pendiente máxima: 42% minitrail – 53% trail e ultratrail

Día: 30/4/2017

Hora: 11:00 h. minitrail – 9:30 h. trail e ultratrail

Saída e chegada: Parque García Bayón

Con esta proba poñíase o broche final ao circuíto TRAIL SERIES 4+1

UN FANTÁSTICO FIN DE FESTA ¡

Este peche ao espectacular circuíto ofrecía como distancias 60, 35 e 20km.

Llorenç e Javier   fixeron a ruta dos 35km, un trail con sabor a ultra. Cun desnivel duro e longo dabondo para poñer as pernas ao límite

Na distancia de 20km  foron cinco os sareiros  que, unha vez máis, gozaron destes montes.

35 km

Posto P. Cat. Dorsal Nome tempo Ritmo
9 6 100 LlorenÇ  socias 04:02 6:57
29 7 91 Javier Pazos 05:18 09:07

20 km

Posto P. Cat. Dorsal Nome tempo Ritmo
6 2 127 Juan C. Brandon 00:01:19 5:29
13 5 171 José Antonio Juanatey 00:01:55 5:43
53 36 202 J.V.Piñeiro 00:02:46 07:12
69 4 230 Montse Veiga 02:49:20 8:29
70 5 176 Ana Mayo 02:49:20 8:29

FOTOS: https://www.flickr.com/photos/atletismofontesdosar/albums/72157683863875926

CAMPEONATO DE EUROPA DE MONTAÑA DE VETERANOS

LUGAR: Montcada i Reixac Barcelona

Domingo 28 de abril de 2017

Distancia : 13,400km , desnivel  positivo 550m.

200 corredores formaron parte do VI Campionato  de Europa que se celebrou o pasado día 28 de abril na localidade de Montcada i Reixac Barcelona.

Por segunda vez España acolle este campionato, amparado pola IAAF.

Alí estaba Mario Rodríguez para vivilo e gozalo.

Ao ser representante nacional tivo que facelo co equipamento oficial, mudou  as nosas cores polo vermello da selección española.

Mario acadou un fantástico 15º posto e en tan so 1:05:25 h  rematou os 13,400 km. PARABENS COMPAÑEIRO!!!!

RESULTADOS:

http://resultados.rfea.es/2017/resultados/ruta/vet_cto_EUR_montana.pdf

FOTOS: https://www.flickr.com/photos/atletismofontesdosar/albums/72157683963191565

Seguimos sumando, imos a por mais e mellor.