SUBCAMPIONAS no Galego de Campo a Través Escolar – Xogade

O pasado sábado 11 de Marzo, disputabase en Vilalba o Campionato Galego de Campo a Través en Idade Escolar – Xogade, no que o clube estivo representado polo Equipo Infantil Feminino  formado por:

Xiana Brea, Candela Cesar, Ainoa Gontán, Carmen Juanatey, Lea Mota e Candela Pereira,

Así como por Pablo Rey competindo individualmente na categoría Cadete Masculino.

Ata alí desprazaronse acompados polo seus adestrador Diego Pazos e polas súas familias que estiveron animando en todo momento.

Comenzou Pablo Rey ás 11:30 horas cunha carreira de 4.400 mentros por un circuito duro, no que reservar forzas na primeira parte da proba resultou unha estratexia acertada. Pablo mantívose entre os tirnta primeiros o longo de toda a competición, finalizando nun meritorio vixésimo segundo posto adiantando varias posicións na derradeira volta. Gran carreira  a do noso cadete e máis se temos en conta o nivel dos atletas participantes e que Pablo debuta na categoría. NORABOA PABLO!!!

As 12:40 dábase a saída da carreira para o equipo infantil feminino, a distancia rfoi de 1.800 metros. Saíron comandando o grupo co boxectivo de posicionarse ben de cara a perigosa baixada de terra coa que contaba o circuito. As seis atletas fixeron unha carreira intelixente, sendo consicientes da dureza do circuito polo que mantiveron un ritmo constante sen tiróns bruscos, defendendo as posicións gañadoras na primeira parte e incluso remontando algunha no tramo final da proba.

Finalmente, SUBCAMPIONAS DE GALICIA, compartindo podio coas compañeiras do Atletismo Ourense que resultaron vencedoras e o Valle-Inclán de O Grove, que acadou a terceira posición.

NORABOA as nosas rapazas que demostran en cada proba a que acuden, independientemente de quen conforme o equipo e do resultado acadado, que é a amizade entre elas e a implicación o que as fai fortes e competitivas.

Poñemos así o punto final, a tempada de Campo a Través para centrarnos xa, na pista ao aire libre.