DESPEDIMOS MARZO.

Marzo despide o inverno que se vai a descansar hasta que lle toque nova quenda; a Primavera avanza facéndose oco,  xa nos chega o arrecendo as mimosas e ás flores do cereixo, saen fungando do chan os narcisos e as calas. Medran os días e muda a hora .

Se algún preguiceiro se quedou aletargado no inverno que se vai espabilando porque agora xa non hai escusas.

Despedimos marzo  cargadiño de quilómetros, moitos por monte onde a nosa xente se está atopando moi a gusto, iso de mollar os pes deixou de ser escusa e pasou a ser preciso.

Tamén se fixeron subidas e cronoescaladas, quilómetros de asfalto, e de pista, un mes de marzo ben aprobeitadiño, imos co resumo. 

V Carreira da Filloa de Lestedo – Subida ó Pico Sacro

Data: 04/03/2017 as 16:00 horas

Lugar:Lestedo ( Concello de Boqueixón)

Distancia: Ata 9500m.

Co eido da festa da filloa a Comisión de festas de Lestedo ven de organizar a V carreira dedicada a este suculento manxar.

Carreira que transcorreu case na súa totalidade por camiños de terra. Saíndo do campo de fútbol de Lestedo en poucos minutos accedeuse a un tramo do Camiño de Santiago para pouco a pouco avistar o Pico Sacro de fondo. Subiuse ao Pico Sacro de forma espectacular para terminar baixando por novos sendeiros cara a meta

Media ducia de sareiros representáronnos correndo e papando as filloas ao rematar.

POSTO DORSAL TEMPO NOME
22 128 47:50 MARIO RODRIGUEZ
32 156 50:22 SATI LOPEZ CANICOBA
42 44 52:16 SANTIAGO FERNANDEZ RIAL
69 134 57:32 CHRISTIAN SANCHEZ OTERO
115 76 1:09:08 CRISTINA LOPEZ
116 112 1:09:09 VICENTE PIÑEIRO

Fotos: https://www.flickr.com/photos/atletismofontesdosar/albums/72157678861370262

Clasificación: http://39segundos.com/images/lestedo/clasificacion2017.pdf

TRAIL DE BEALO- AROUSA NÉO.

DATA: 05/03/2017 AS 11:00 horas.

 Saída e chegada : LUGAR  de Bealo – BOIRO

INFORMACIÓN TÉCNICA:

Distancia: 14 km //Desnivel+: 475 m.

Pendente máxima: 25,8% // Pendente media: 6,5%

O Trail de Bealo mantivo un perfil similar e un trazado parecido ao que tanto gustou na edición anterior, e nesta ocasión non defraudou . É o trail  mellor valorado polos participantes: será a cantidade de auga que dun xeito ou doutro tiveron que salvar? Non só é un trail asumible por principiantes tanto en distancia coma en desnivel, senón que é un trail deseñado para divertirse gozando do entorno. As paraxes polas que pasa son únicas, totalmente diferentes ás outras dúas probas anteriores.

Bealo, e popular pola romaría na honra de San Ramón, acolleu os corredores no campo da feira facendo do lugar un día de festa máis.

Un bo numero de abelliñas quixeron mollar os pés no río e votarse ao monte.

Moita foi a lama que lles dou a benvida, facendo desta edición un chisco máis dura que a anterior.

Boa sorpresa agardaba no último quilómetro , unha fochanca  lamenta e traidora, semiagochada  fixo que a meirande parte  dos corredores  afociñaran na lama como se de porquiños fozadores se tratara, quedan para as posteridade as fotos que dan testemuña do acontecido.

Unha vez máis José  Gontán e Bea Amado subiron as nosas cores ao máis alto do caixón.

POSTO POSTO C. DORSAL NOME TEMPO RITMO
14 3 54 JOSE ANTONIO GONTAN 01:07:37 04:50
21 17 108 MARIO RODRIGUEZ 01:09:45 04:59
27 8 62 JOSE ANTONIO JUANATEY 01:12:12 05:10
39 27 118 Roger Suarez dosil 01:13:33 05:16
58 16 231 Pedro Pazos Carbón 01:16:18 05:28
65 17 50 Ramón García Teira 01:18:39 05:38
87 68 123 José Antonio Valiño Ces 01:20:54 05:47
102 1 5 Bea Amado 01:23:20 05:58
103 76 104 Marcelino Rivas Pombo 01:23:20 05:58
121 32 84 Javier pazos Suarez 01:24:39 06:03
149 107 180 Santiago Fernández Rial 01:29:14 06:23
179 5 72 Ana Mallo 01:36:40 06:55
188 8 293 Emma Veiga 01:27:44 06:59
200 10 249 Sonia Raimondez 01:41:52 07:17
204 12 126 Montse Veiga 01:46:01 07:35
208 13 202 Mary Sol Iglesias 01:46:01 07:35
221 8 287 Almudena Valiño 01:49:40 07:51
222 140 98 Vicente Piñeiro 01:49:41 07:51
223 19 127 Ana Vigo 01:49:41 07:51
234 22 223 Belen Noya 01:56:35 08:20
245 24 290 Beatriz Fernández Vázquez 2:04:02 08:52
246 15 208 Suevia López Fernández 02:04:02 8:52
247 16 199 Ana Hermida 02:04:02 08:52
248 25 167 María Costela Rey 02:04:03 08:52
249 26 47 Mª Puerto Fontan 02:16:05 9:44
250 27 100 Mª del Carmen Recarey 02:16:05 9:44
251 28 99 Isabel Quireza Ramos 02:16:05 9:44

Fotos: https://www.flickr.com/photos/atletismofontesdosar/albums/72157679280031871

Resultados: http://galitiming.com/clas/CLAS_DEF_BEALO_2017.pdf

CARREIRA: INTERRUNNING PIÑEIRO-CONCELLO DE PORRIÑO 2017

LUGAR: PORRIÑO – PONTEVEDRA

DATA: 12 DE MARZO DE 2017

DISTANCIAS : CHUPETE +  PITUFOS:100M. // BENXAMÍN: 800 M // ALEVÍN:150M // INFANTIL + CADETE: 3000M // XUVENIL + JUNIOR + PROMESA +  SENIOR + VETERANO : 5/10K.

La XI Carreira Popular de Atletismo “INTERRUNNING PIÑEIRO-CONCELLO DE PORRIÑO 2017”  organizada por  Interrunning Club e o  Concello de Porriño celebrouse o pasado  día 12 de Marzo de 2017 .

Proba que  pertence ao  calendario da Federación galega de Atletismo e foi controlada polo comité galego de xuíces .

As 10:00 da mañá, dende a rúa Domingo Bueno, daba saída a proba a ritmo   de “Thuderstruck” de AC/DC , interpretado polas incribles gaitas  de “Airiños do Castelo”

Nesta ocasión a carreira quixo render unha homenaxe especial á muller corredora.

O éxito chegou da man de Manuel Juanatey e Ainoa Gontán que subiron ao segundo e terceiro caixón respectivamente.

ABSOLUTA

Posto Dorsal Nome Apelidos P. Sexo P. Categoría Tempo
55 67 JOSE ANTONIO GONTAN CASTRO M-54 VTM-28 00:35:38
103 1012 JOSÉ RAMÓN LAGO QUINTEIRO M-101 VTM-55 00:36:49
162 132 JOSE ANTONIO JUANATEY PÉREZ M-159 SVTM-22 00:38:06
164 133 JOSE MANUEL CAO GARCIA M-161 SVTM-24 00:38:11
197 69 JUAN CARLOS BRANDÓN RODRÍGUEZ M-192 SVTM-30 00:38:41
256 134 CARLOS BECERRA DO EJO M-250 VTM-128 00:39:42
263 68 JOSÉ ANTONIO NOYA PÉREZ M-257 SVTM-43 00:39:51
599 315 SANTIAGO GOMEZ BEIRO M-576 VTM-304 00:44:46
1014 497 ESTRELLA MOREIRA F-76 SNF-29 00:49:57
1117 638 BELEN NOYA PEREZ F-102 VTF-43 00:51:57
1216 1312 MARY SOL IGLESIAS REBOREDO F-131 VTF-61 00:54:23
1228 1544 ANA MARIA HERMIDA CAO F-137 SNF-50 00:54:51
1307 630 ANA VIGO LIÑARES F-174 SVTF-26 00:56:59
1323 1540 MARIA DEL CARMEN RECAREY FERNÁNDEZ F-183 SVTF-28 00:57:27
1324 1531 MARÍA DEL PUERTO FONTÁN RODRÍGUEZ F-184 SVTF-29 00:57:27
1347 1532 Mª ÁNGELES PÉREZ GUTIÉRREZ F-198 VTF-86 00:58:26

INFALTIL E CADETE

Posto Dorsal Nome Apelidos P. Sexo P. Categoría Tempo
2 3021 MANUEL JUANATEY GAREA M-2 CDTM-2 00:09:18
12 3055 AINOA GONTAN IGLESIAS F-3 INFF-2 00:10:49

Fotos club https://www.flickr.com/photos/atletismofontesdosar/albums/72157681365605465

Fotos Club https://www.flickr.com/photos/atletismofontesdosar/albums/72157681282579556

 

BÚSCATE: http://www.farodevigo.es/multimedia/fotos/deportes/actualidad/2017-03-12-85626-corriste-interrunning-porrio-buscate.html

Resultados: https://championchipnorte.com/resultados/interrunning-pineiro-concello-de-porrino-2017/absoluta-10-km-nacidos-as-en-2001-y-anos-anteriores-/1

 

VI CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE CAMARIÑAS.

Data : 12 de marzo de 2017 as 10:00 horas.

Lugar : Camariñas.

Distancias: Pitufo : 150-300m // benxamíns e alevíns 1000m // infantil , cadete, xuvenil :2000-4000 m // absoluta 3km // absoluta 10km.

A ideoloxía da VI Carreira Pedestre de Camariñas é a mesma que a do Circuíto de Carreiras Populares “Correndo pola Costa da Morte”, ten por obxectivo fomentar a práctica da actividade física e deportiva como medio para alcanzar unha vida máis saudable.

Na competición participaron 820 atletas. A categoría máis numerosa foi a 10K, e seguiulle a 3K. Unha das grandes novidades foi a categoría adaptada, na que competiron catro deportistas, dous na modalidade de cadeira de rodas e igual número na handbike.

As diferentes probas leváronse a cabo desde 10.15 horas con moito público e, incluso, chegou a caer unha forte chuvieira instantes antes de darse a saída á proba de 3K.

60 503 SANTI CANICOBA M-60 M40M-18 00:39:19
76 34 DANIEL NEGREIRA GARCÍA M-76 SNM-44 00:40:51
84 35 JUAN JESÚS TAJES MAYO M-84 M40M-24 00:41:16
121 44 MARCELINO RIVAS POMBO M-120 SNM-67 00:43:3

Alevín

Posto Dorsal Nome Apelidos P. Sexo P. Categoría Tempo
8 2205 TRISTÁN LÓPEZ DONO M-6 ALVM-6 00:05:02
13 2204 NOÉ NÓVOA GIL M-9 ALVM-9 00:05:24

Resultados https://championchipnorte.com/resultados/vi-carreira-pedestre-concello-de-camarinas/absoluta-10k-1999-e-ant/0

Fotos Club https://www.flickr.com/photos/atletismofontesdosar/albums/72157681687453825

CRONOESCALADA KM VERTICAL LA BOBIA

18 DE MARZO DE 2017 . Con saídas consecutivas a partir de las 9:30.

Lugar: Pedanía de Salentinos PARAMO DE SIL ( LEÓN)

A proba celebrouse sobre un percorrido de catro quilómetros na Serra do Catoute, acumulando un desnivel positivo de 800 metros.

As saídas fóronse dando de xeito consecutivo dende as  9:30 da mañá con intervalos de 30 segundos.

A nosa guerreira Cristina quixo formar parte desta proba e poñer as pernas ao limite, o certo é que non o fixo nada mal, completou a subida nun tempo de  01:05:35 acadando a 5º posición das femias que tocaron o cumio.

Fotos: https://www.flickr.com/photos/atletismofontesdosar/albums/72157681687553685

CARREIRA ALTO SIL , SANTA CRUZ DEL SIL

19 DE MARZO DE 2017, saída 09:00 horas

Distancia: 31 km ( +-3800m)

Lugar: PRAZA DO POBO SANTA CRUZ DEL SIL – PARAMO DEL SIL ( LEON)

A carreira tivo lugar o pasado día 19 de marzo, con un percorrido de 31 km pola serra do Gistredo, acumulando un desnivel (positivo e negativo ) duns 3.800 metros.

Esta carreira é un verdadeiro exemplo de que cando se fan as cousas dende o corazón sempre se obteñen recompensas. Unha verdadeira carreira popular porque nela colabora todo o pobo.

Traileros de todo o mundo quixeron formar parte desta festa, e como non, nós tamén mandamos a nosa representación.

Posto DORSAL NOME POSTO CAT. TEMPO
70 449 MARIO RODRIGUEZ   3:46:55
397 225 SAKY FERNANDEZ 140 5:28:11

É tan espectacular o éxito acadado por esta proba que xa conta  co seu apartado de referencia na Wikipedia.

https://es.wikipedia.org/wiki/Santa_Cruz_del_Sil

fotos https://www.flickr.com/photos/atletismofontesdosar/albums/72157681687664725

 

TRAIL GALAICA MUROS

19 DE MARZO DE 2017. PRAZA DO CONCELLO DE MUROS.

  • 09:30 HORAS: TRAIL LONGO (40,5 KM) ( ACUMULADO DE 5222M)

  • 10:00 HORAS: TRAIL ( 24,1KM).( ACUMULADO DE 3108M)

O pasado domingo 19 de marzo, celebrouse a segunda proba do circuíto de carreiras de montaña Trail Galica.

O trail, longo ao que se lle estimaba un percorrido de 40 quilómetros, dou saída ás 9:30 da praza do concello de Muros.

Media hora máis tarde facíao o trail cunha distancia estimada  de 24 quilómetros.

Unha mañá calorosa e un percorrido  moi técnico puxeron a proba as forzas dos cinco pisaterróns que se desprazaron hasta Muros.

POSTO DORSAL NOME TEMPO RITMO  POS. CAT.
55 326 Ignacio García López 2:58:23 7:24 9
58 24 Tino iglesias 2:59:59 7:28 20
82 352 Javier Pazos 3:19:50 8:18 11
101 374 Ana Vigo 3:56:26 9:48 5

Trail longo (40qm)

POSTO DORSAL NOME TEMPO RITMO POST. CAT
42 203 ALFONSO ARIAS 7:11:47 10:39 29

Fotos https://www.flickr.com/photos/atletismofontesdosar/albums/72157679976417220

MEDIA MARATÓN DE O CARBALLIÑO.

LUGAR: Concello de O Carballiño ( Ourense)

DATA: Domingo 19 de Marzo de 2017 a partir das 10:30 horas.

ORGANIZA: Club Atletismo Carballiño

DISTANCIAS: 21kM e 7kM

O día do pai celebrouse no Carballiño a IV edición da maratón, carreira que puntúa para o circuíto “correr en Galicia”, baixo a supervisión dos xuíces da Federación Galega de Atletismo.

As 10:30 horas da mañá dou saída da Avenida do Balneario a proba, sobre un circuíto de tres voltas que percorreu diferentes  rúas da cidade.

Catro foron os sareiros que se desprazaron ata o Carballiño para zoquear os máis de 21 quilómetros

.

José Gontán, unha vez máis, foi quen de subir o caixón acadando a terceira praza da súa categoría e rematando a proba nun fantástico 10º posto da xeral.

POSTO DORSAL NOME POST. CATEGORIA TEMPO RITMO
10 112 JOSE GONTAN 3 1:19:46 03:47
41 121 JOSE CAO 6 1:27:09 04:09
122 97 RUBEN DIAZ VALCARCEL 56 1:42:42 04:52
130 37 DANIEL NEGREIRA 29 1:44:07 04:56

Fotos: https://www.flickr.com/photos/atletismofontesdosar/albums/72157681589326596

HOLI GAIÁS

DATA: 0 25 DE MARZO A PARTIRES DAS 12:00H.

LUGAR: CIDADE DA CULTURA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.

DISTANCIA :5 KM APROX.

A Fundación Cidade da Cultura de Galicia organizou, o sábado 25 de marzo e enmarcada dentro da xornada Cidade Verde, a Carreira Holi Gaiás, unha proba lúdica non competitiva que empregou pos certificados Holi Gulal de cores durante o percorrido, así como animación tanto antes como despois da mesma.

Tratouse dunha proba única e conxunta, na que participar en familia, os 600 dorsais dos que dispuxo a organización quedáronse moi curtos , moita xente interesada en participar quedou fora da competición.

Un xeito diferente e divertido de dar a benvida á primavera.

Un bo grupo dos nosos deixouse tinguir de cores e gozou dunha xornada de deporte dun xeito  diferente.

Tan so daban premio aos tres primeiros escolares e absolutos, sendo a primeira escolar en cruzar a meta a nosa  Xiana Brea

Fotos https://www.flickr.com/photos/atletismofontesdosar/albums/72157679858021601

II Trail de Castro Barbudo ( Arousa NéO)

Data : 26 de marzo de 2017, as 11:00 horas

Lugar : saída Polideportivo de Taragoña .

Información técnica:

Distancia: 14,3 km

Desnivel+: 678 m.

Pendente máxima: 34,4%

OTrail de Castro Barbudo discorre por uns paraxes que sorprenderon aos participantes porque a cada intre ofreceu algo diferente, cambiante cada poucos metros. Pasando dende zonas boscosas moi tupidas a páramos descubertos nos que o vento  e a néboa foron o principal inimigo. De vistas maxestuosas sobre a Ría de Arousa dende o monte de Castro Barbudo, para mergullarse nas néboas do Alto da Cruz.

Cun vertixinoso descenso polo devesa, o máis empinado de tódalas probas do ARTS2017. Para rematar  co descenso “do pánico” a través do bosque de acacia do Castro Barbudo.

Así finalizaban as probas puntuables das Arousa Revolutrion Trail Series 2017, o certo é que os sareiros quedamos ben contentos coa nosa participación neste circuíto, non fomos os que máis corremos pero fomos dos que gozaron de cada quilómetro das catro probas. Coa carreira de hoxe “Trail de Castro Barbudo” en Rianxo (e a falta do ultratrail) finalizaban as probas puntuables das Arousa Revolutrion Trail Series 2017.

As nosas cores foron a máis vistas e así acadamos o premio de Club con maior participación .

Bea Amado,  acadaba o primeiro posto desta carreira  e tamén o da serie.

Por equipos fixémonos coa segunda posición e, como non, acadamos premio ao equipo máis numeroso.

Agora tan so  falta o ultratail, non puntuable , e que se celebrará o vindeiro 30 de abril.

POSTO POSTO C. DORSAL NOME TEMPO RITMO
16 14 267 Llorenç Socias Pinto 01:14:20 05:13
17 15 108 MARIO RODRIGUEZ 01:15:20 05:17
28 22 118 Roger Suarez Dosil 01:17:43 05:27
32 8 19 Juan Carlos Brandon 01:18:17 05:29
39 12 24 José Manuel Cao García 01:18:46 05:35
68 18 50 Ramón García Teira 01:25:12 05:60
84 23 197 Tino Iglesias Pardo 01:29:00 06:14
91 1 5 Bea Amado 01:29:51 06:18
92 26 62 José Antonio Juanatey 01:29:51 06:18
103 73 98 Vicente Piñeiro 01:31:07 06:24
105 74 170 Juan Fernandez Balado 01:31:33 06:25
112 32 84 Javier Pazos Suarez 01:32:07 06:27
115 78 104 Marcelino Ribas Pombo 01:32:24 06:29
153 102 63 José Ramón Lago 01:42:09 07:10
159 7 72 Ana Mallo 01:42:38 07:11
483 10 198 Mary Sol Iglesias 01:51:54 07:51
183 49 54 José Antonio Gontan 01:51:54 07:51
188 11 127 Ana Vigo 01:53:45 07:59
192 15 209 Suevia López Fernandez 01:54:43 08:03
197 12 277 Alejandra Varela 01:56:02 08:08
198 13 126 Montse Veiga 01:56:21 08:10
199 17 276 Almudena Valiño 01:56:21 08:10
214 20 193 Ana Hermida 02:05:10 08:47
215 17 166 María Costela Rey 02:05:10 08:47
217 18 222 Belén Noya 02:09:15 09:03
218 125 182 Diego García 02:10:29 09:09
233 20 99 Isabel Quireza Ramos 02:20:52 09:53
224 21 90 Marian Pérez Gutiérrez 02:20:53 09:53
225 22 279 Beatriz Vázquez 02:23:51 10:05
226 23 47 Mª Puerto Fontan 02:16:05 10:05
227 24 100 Mª del Carmen Recarey 02:16:05 10:05
           

Mas  información:http://www.arousa.com/trailseries2017/trail-de-castro-barbudo.html

Clasificación trail : http://galitiming.com/clas/CLAS_DEF_RIANXO_2017.pdf

Clasificación por equipos: http://galitiming.com/clas/CLAS_DEF_EQUIPOS_RIANXO_2017.pdf

Clasificación circuíto: http://galitiming.com/clas/TRAIL_SERIES_CONJUNTA_2017.pdf

Crónica: https://www.facebook.com/gztrail/posts/152376691952405

Facebook: https://www.facebook.com/arousaneo/?fref=ts

Fotos Club ( álbum I) https://www.flickr.com/photos/atletismofontesdosar/albums/72157680141778470

Fotos Club ( álbum II) https://www.flickr.com/photos/atletismofontesdosar/albums/72157679422002932/with/32823695484/

Foto Club (álbum III)

https://www.flickr.com/photos/atletismofontesdosar/albums/72157681805937766

IV Circuíto de Carreiras Populares Correndo pola Costa da Morte

CARREIRA: VII Carreira Pedestre Concello de Vimianzo

DATA; 26 DE MARZO DE 2017 A PARTIRES DAS 10:30 HORAS

LUGAR: CONCELLO DE VIMIANZO
DISTANCIAS; BENXAMÍN 300m/alevín 1000m / Infantil –  xuvenil – cadete 2000-4000m absoluta 10000m

Uns 700 atletas de todas a idades competiron o pasado día 26 na VII carreira Pedestre Concello de Vimianzo, incluída no IV circuíto de carreiras populares “Correndo pola Costa Da Morte”. A raíña das probas foi a dos 10km , na que participaron a meirande parte dos atletas.

Tamén se celebrou un percorrido especial de 3 km. O que se recadou nesta  carreira será destinado a loita contra o cancro.

Os nosos representantes nesta ocasión foron José Noya, Juan Tajes e Curro López.

POSTO DORSAL NOME POSTO POR C. TEMPO
90 548 JOSE NOYA 29 00:41:51
102 35 JUAN TAJES 22 00:42:48
146 33 CURRO LOPEZ MARTINEZ 23 00:45:48

 

RESULTADOS https://championchipnorte.com/resultados/vii-carreira-pedestre-concello-de-vimianzo/absoluta-10k-1999-e-anteriores/0

Fotos club https://www.flickr.com/photos/atletismofontesdosar/albums/72157678504397814

 

Así rematamos este marzo.

Seguimos sumando, imos a por máis e mellor.