CROSS, TRAIL, MEDIAS…

 

Febreiro dou comezo forte, as dúas primeiras semanas deron para facer cross, trail , medias…

Visitamos Cataluña da man de Moure, a Portugal leváronnos Pumi, Saky e Fon. Cada vez as nosas cores vanse máis lonxe!.

O trail e as medias foron as disciplinas estrela desta quincena; será que a xente sabe que se achega o entroido e anda a facerlle sitio ás filloas, ás orellas e aos cocidos no bandullo. Pois a queimar que toca.

Imos co resumo:

CROSS DE A  BAÑA

LUGAR: CONCELLO DE A BAÑA

DATA: 05 DE FEBREIRO DE 2017

O Concello de A Baña acolleu o  domingo, 5 de febreiro, tres importantes citas do calendario galego de campo a través. O Campionato de Galicia de Cross curto por clubes, o Campionato galego de cadete e xuvenil, individual e por equipos, e o Memorial Alejandro Lorenzo, que xuntou no seu circuíto as categorías de benxamín, alevín e infantil.

 

O circuíto de campo a través bañés, cun máximo de 1.250 metros,  contou con zonas de terra e barro, aínda que na súa meirande parte era  de herba. Bastante duro, pero non contaba con pendentes excesivas.

As probas comezaron co Memorial Alejandro Lorenzo ás 10.30 horas, coa categoría Benxamín e remataron co Campionato de Cross Curto por equipos pasadas as 14.00 horas.

 

CAMPIONATO DE GALICIA CADETE/XUVENIL INDIVIDUAL E POR EQUIPOS CAMPO A TRAVÉS

CLASIFICACIÓN CADETE MASCULINA

POSTO DORSAL TEMPO NOME
24 313 13:24 MANUEL JUANATEY GAREA
36 314 13:46 PABLO REY ASEMIL

CLASIF.INFANTIL FEMININA.

POSTO DORSAL TEMPO NOME
15 317 9:00 CARMEN JUANATEY
16 315 9:01 XIANA BREA
32 318 9:39 ANGELA NOYA VIDAL
40 319 10:07 CANDELA PEREIRA SEIJO
55 320 10:44 LIA PERIRO SEIJO

CLASIFICACIÓN INFANTIL MASCULINA

POSTO DORSAL TEMPO NOME
23 321 10:52 MARCO BECERRA
24 324 10:57 MATEO RIVADULLA
36 323 11:46 XURXO REY PANCORBO

CLASIFICACIÓN ALEVÍN FEMININA

POSTO DORSAL TEMPO NOME
45 299 7:45 SARA NOYA VIDAL
48 296 7:59 LUA BOQUETE MERA
50 295 8:08 CLAUDIA BEIRA VEIGA

CLASIFICACIÓN ALEVÍN MASCULINA

POSTO DORSAL TEMPO NOME
18 300 9:00 IAGO CAO BLANCO
20 305 9:04 ROI RIAL GARCIA
27 303 9:19 NOE NOVOA GIL
37 301 9:44 JORGE LOPEZ IGLESIAS
38 304 9:49 MARIO REY ASEMIL
39 302 9:51 MARTIN NEO VARELA

ACADARON O terceiro posto por equipos, sumando un total de 59 puntos.

CLASIFICACIÓN BENXAMÍN FEMININO

POSTO DORSAL TEMPO NOME
29 307 3:55 KATIA DODMAN VAZQUEZ

CLASIFICACIÓN BENXAMÍN MASCULINO

POSTO DORSAL TEMPO NOME
16 310 3:28 ALVARO GONZALEZ SANCHEZ
18 311 3:32 PABLO IGLESIAS LOPEZ
19 309 3:35 MARTIN FERREIRO VIDAL
25 308 3:58 XAQUIN BOQUETE MERA

ACADARON o segundo posto por equipos con un total de 28 puntos.

RESULTADOS : http://www.atletismogalego.com/Resultados201617/santiago/rxuvenil_cadetecross2017.pdf

CAMPIONATO DE GALICIA CROSS CORTO CLUBES

CLASIFICACIÓN ABSOLUTA MASCULINA

POSTO DORSAL TEMPO NOME
56 286 14:25 CARLOS JUANATEY GARCIA
106 288 15:38 JOSE RAMON LAGO QUINTERO
118 287 15:32 JOSE ANTONIO JUANATEY
134 294 16:01 MARIO RODRIGUEZ
139 282 16:07 JUAN CARLOS BRANDON
163 289 16:44 SANTI LOPEZ CANICOBA
171 290 17:12 JOSE MANUEL MATA
173 292 17:19 PEDRO PAZOS
179 293 18:07 MARCE RIVAS
186 284 18:59 SANTIAGO GOMEZ BEIRO

CLASIFICACIÓN ABSOLUTA FEMININA

POSTO DORSAL TEMPO NOME
49 281 21:36 ANA VIGO
51 280 21:45 BELEN NOYA

 

RESULTADOS ABSOLUTA: http://www.atletismogalego.com/Resultados201617/santiago/rcrosscorto2017.pdf

FOTOS: https://www.flickr.com/photos/atletismofontesdosar/albums/72157676462089483

CARREIRA: V TRAIL SANTA LUZIA

LUGAR: VIANA DO CASTELO – PORTUGAL

DISTANCIA: 40 KM //20KM

DATA:  05 DE XANEIRO DE 2017

 

O pasado domingo día 5 de febreiro veu de celebrarse a 5º edición do trail de Santa Luzia en Viana do Castelo, organizado polo C.A. OLIMPICO VIANENSE.

Contou con dúas versións: trail longo de 40 km e o curto de 20 km. As probas deron  saída do Estadio Municipal Manuela Machado e transcorreron ao longo das serras de Santa Luzia e  San Mamede, ofrecendo os corredores paisaxes incribles. PUMI e Saky  quixeron mollar os pes nos montes do país veciño.

POSTO DORSAL NOME CATEGORÍA TEMPO
34 12 PUMI SENIOR -17 5:10:44
40 118 SAKY M-40 -19 5:16:17

 

FOTOS: https://www.flickr.com/photos/atletismofontesdosar/albums/72157680026025275

TRAIL DA FILLOA DE ZAS

LUGAR: ZAS – A CORUÑA

DATA : 12 DE FEBREIRO DE 2017

DISTANCIA: 16,500 KM (720M+)   //  26KM ( 1230M+)

No Concello de Zas, organizado pola Asociación Deportiva Monte Brondo, votou a andar a primeira edición do trail da filloa, unha carreira que todo apunta a que chega para quedarse.

Con dúas distancias diferentes, un curto de 16 quilómetros e o longo de 26 .

Participaron nesta primeira edición preto de 400 corredores aos que lle tocou cruzar ríos, rubir por cordas, embarrarse ata as orellas e no tramo final mollarse por mor da chuvia.

 

Atrevéronse coa distancia longa, Marce e Estrella  que acadou a terceira praza do podio.

Na distancia curta unha ducia de sareiros pasearon as nosas cores polos montes de Zas.

O primeiro posto  foi para Llorens Socias (un Sareiro con un estrano acento galego) e a terceira praza do caixón masculino acadouna o imparable Mario R.

O foguete Bea Amado subiu ao terceiro andar  do podio feminino.

O certo e que os nosos pisaterróns andan a facer as cousas ben.

 

POSTO P.CATEGORÍA DORSAL NOME CATEGORÍA TEMPO
82 3 77 ESTRELLA MOREIRA SENIOR-F 03:54:59
83 37 4 MARCE RIVAS SENIOR M 03:54:59

 

POSTO P.CATEGORÍA DORSAL NOME CATEGORÍA TEMPO
1 1 241  LLORENç SOCIAS SENIOR -M 01:39:06
3 4 310 MARIO RODRIGUEZ SENIOR-M 01:40:01
37 10 87 PEDRO PAZOS VETERAN M 01:56:17
52 35 234 JUAN FERNANDEZ BALADO SENIOR M 01:59:53
58 3 353 BEA AMADO SENIOR F 02:01:17
104 33 78 SANTIAGO FERNANDEZ VETERAN-M 02:14:21
121 42 361 VICENTE PIÑEIRO VETERAN-M 02:20:17
170 10 83 MONTSE VEIGA BLANCO VETERAN -F 02:39:39
172 11 357 CRISTINA LOPEZ VETERAN- F 02:39:39
176 12 151 ALEJANDRA VARELA VETERAN-F 02:40:54
189 15 90 ANA VIGO VETERAN-F 02:46:18

 

NOVAS:http://www.lavozdegalicia.es/album/carballo/zas/2017/02/12/intensa-dura-prueba-zas/01101486935461627175723.htm

FOTOS: https://www.flickr.com/photos/atletismofontesdosar/albums/72157678691148600

MÁIS INFORMACIÓN: https://www.facebook.com/traildafilloazas/

RESULTADOS: http://galitiming.com/clas/ZAS_TRAIL_CURTO.pdf

http://galitiming.com/clas/ZAS_TRAIL_LONGO.pdf

 

CARREIRA :MEDIA MARATÓN DE BARCELONA

LUGAR: BARCELONA

DATA: 12 DE FEBREIRO DE 2017

DISTANCIA: 21,095 KM.

O pasado 12 de febreiro celebrouse a 27º edición da media maratón de Barcelona, a cita acadou récord de participación con máis de 17.700 corredores. A pesares de que as previsión meteorolóxicas non eran boas o tempo foi quen de respectar aos corredores permitíndolles correr en seco.

Salientamos a alta participación de mulleres nesta carreira acadando o 30% do total dos inscritos.

 

Máis de 17.000 corredores,e alí estaba unha abelliña para representarnos.

A Manuel Moure , chegoulle con  unha hora e vinte e oito minutos para dar conta de máis de 21 quilómetros.

DORSAL POSICION CATEGORÍA NOME TEMPO RITMO
12474 1217 SENM-747 MANUEL MOURE VAZQUEZ 1:28:46 4:13

 

Máis información: http://edreamsmitjabarcelona.com/

CARREIRA : MEDIA MARATÓN DE BRAGA

LUGAR: BRAGA-PORTUGAL

DATA: 12 DE FEBREIRO DE 2017

DISTANCIA: 21,0975 KM.

O domingo 12 de febreiro ás 10 da mañá dou saída da Avenida Joau Pablo II  a media maratón Braga¨17. Era a 2º edición desta carreira que contou cunha participación de máis de 20 nacionalidades.

O evento tamén incluía unha andaina de 6 km sen fins competitivos.

A carreira foi organizada por Runporto.com coa colaboración do Concello de Braga e a asociación de Atletismo de Braga.

Hasta alí desprazouse o noso representante ALFONSO ARIAS, a gozar do asfalto portugués.

 

POSTO POS. CATEGORÍA DORSAL NOME TEMPO
838 145 1843 ALFONSO ARIAS 01:50:10

 

Mais información : https://www.runningandmedals.com/

 

Seguimos sumando quilómetros. Imos por máis e mellor.