ATRÁS DEIXAMOS XANEIRO.

Atrás deixamos o mes de xaneiro, Peterhansel gañou o Dakar en coches, a liga de fútbol pechou  o mercado de inverno, Federer gañoulle a Nadal o Open de Australia, e os do Fontes do Sar cada día dan máis guerra, porque cada día son máis e mellores.

Este xaneiro deixounos quilómetros de asfalto de pista e de monte, deixounos podios, mellores marcas, clasificacións,… deixounos éxitos e derrotas , algunhas pequenas lesións que de seguro non serán nada.

Imos co resumo:

CARREIRA:VI CROSS DOS MENHIRES

DATA: 21 DE XANEIRO DE 2017 .12:30H

DISTANCIA:  6,15 km.

LUGAR:  SAÍDA PRAZA DE ESPAÑA

Os clubs coruñeses de atletismo, RIAZOR CORUÑA e MARINEDA ATLETICO, coa colaboración da DEPUTACIÓN DA CORUÑA, CONCELLO DA CORUÑA, XUNTA DE GALICIA e FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO organizaron o pasado 21 de xaneiro,  nos arredores da Torre de Hércules, o VI  Cross parque dos Menhires, que este ano coincidiu  coa fase intercomarcal de campo a través do deporte Escolar da zona de A Coruña.

 

A proba, cun percorrido de tres voltas polos arredores da Torre de Hércules, constou de 6,15 quilómetros para as categorías junior, promesa, senior e veterán.

 

O resto das categorías dispuxeron de diferentes distancias.

Mario R. participou nesta proba acadando un posto 75 da xeral.

POSTO DORSAL TEMPO NOME CATEGORIA
75 149 21:24 MARIO R. VET A-M

CARREIRA: XIV MEMORIAL EDUARDO FERNÁNDEZ VILLAMARÍN (RÁBADE) 2017

DATA: 21 DE XANEIRO DE 2017 .16:30H

DISTANCIA:  7 km

LUGAR:  SAIDA PRAZA DE ESPAÑA – RÁBADE

O pasado dia 21 de xaneiro dentro das actividades desenroladas polas Festas Patronais de San Vicenzo de Rábade tivo lugar o XIV  Memorial Eduardo Fernández Villamarí . Proba que sempre contou cun gran nivel atlético, e este ano no foi menos, sendo o gañador absoluto o atleta de Arzúa, Lolo Penas. A carreira transcorreu polar rúas do pobo, dou comezo coas categorías menores ás 16:30 horas.

Alí mandamos ao noso representante Mario R. ao que non lle chegaran a moito os quilómetros feitos en Rábade o mesmo día.

POSTO DORSAL NOME P. SEXO P.CATEGO TEMPO
90 755 MARIO R. M-84 EM-34 00:27:40

CARREIRA: XIX MEIA MARATONA MANUELA MACHADO

DATA : 22-01-2017  ( SAIDA DA CARREIRA AS 10:30H LOCAL)

LUGAR : VIANA DO CASTELO (PORTUGAL)

Un ano máis a cidade de Viana do Castelo rendeulle homenaxe á sua atleta  máis laureada, Manuela Machado , a que fora  a raíña da longa distancia gañando dúas medallas de ouro nos campionatos do mundo e outras dúas nos campionatos de Europa.

Un bo grupo dos nosos atletas quixeron, un ano máis, percorrer os 21 quilómetros polas rúas portuguesas.

Dorsal Class. Class.
Esc.
Atleta Club Sexo Tempo
Oficial
min/Km Escalão
849 57 11 NEMESIO FERNANDEZ ATLETISMO FONTES DO SAR M 01:16:42 03:37 Veterano M40
918 80 9 JOSE CASTRO ATLETISMO FONTES DO SAR M 01:17:38 03:41 Veterano M45
2457 274 47 JOSE PEREZ ATLETISMO FONTES DO SAR M 01:25:00 04:01 Veterano M45
2702 361 60 JOSE CAO ATLETISMO FONTES DO SAR M 01:26:59 04:05 Veterano M45
1778 362 10 JUAN RODRIGUEZ ATLETISMO FONTES DO SAR M 01:26:59 04:07 Veterano M55
2556 385 66 JOSE PERZ FONTES DO SAR M 01:27:44 04:09 Veterano M45
2649 500 104 DAVID COUSELO CLUB ATLETISMO FONTES DO SAR M 01:29:58 04:15 Senior Masculino
1754 531 109 DANIEL BARCIA FONTES DO SAR M 01:30:24 04:17 Senior Masculino
2351 1217 246 ALFONSO GARCIA FONTES DO SAR M 01:40:22 04:43 Veterano M35
2504 1539 105 MANUEL UZAL ATLETISMO FONTES DO SAR M 01:45:23 04:58 Veterano M55
2502 1645 306 FRCO. SUAREZ CLUB ATLETISMO FONTES DO SAR M 01:47:01 05:02 Veterano M45

 

 

 

 

 

 

 

 

O rematar a proba os atletas e o seu clube de fans  deron boa contad un exquisito bacallau a fartar.

CARREIRA:   II TRAIL COSTA DOCE 2017

DATA: 29 DE XANEIRO DE 2017 AS 10:00 H.

DISTANCIA: 26 KM,  ( 2000 M desnivel acumulado)

LUGAR:  SADA

Máis de medio millar de corredores déronse cita o pasado domingo día 29 para formar parte desta proba.

Organizado polo Club de Atletismo Sada  e a Concellería de Deportes, trátase dun circuíto circular por terreo de monte, por paixases de gran valor ecolóxico.

Nós mandamos o noso “ fojete montesino” LLorenç, que soubo facer as cousas moi ben, chegando na 11º posición da xeral.

POSTO DORSAL NOME P. SEXO CATEGORÍA TEMPO
11 6 LLORENÇ SOCIAS M-11 SNM-6 02:30:32

CARREIRA:    TRAIL DA CIDÁ 2017

DATA: 29 DE XANEIRO DE 2017 AS 11:00 H.

DISTANCIA: 13,5 KM,  (  desnivel  +622m. Pendente máxima 42,5% // pendente media  9%)

LUGAR:  RIBEIRA

O Trail da Cidá, é unha das probas novas do ARTS2017, a única que ten a saída e chegada no casco urbano dunha cidade, concretamente no mesmo centro: na praza do Concello, pero non por isto deixa de ser un trail. A pouco menos de 500 m. da saída, cunha subida das que non se esquecen con facilidade damos paso a algunhas das paisaxes máis fermosas da zona e que non foran transitadas aínda nunha carreira.

 

Transita polo Parque Periurbano de San Roque, polo Miradoido da Pedra da Rá, achegándose ata os campos do Vilar, para subir ata o Monte da Cidá e regresar por unha das arterias principais de Ribeira ata a meta, instalada na praza do Concello.

 

Trail da Cidá, que inicialmente  non parecía moi esixente en canto ao desnivel (+620), tiña sorpresa , como os oviños eses de chocolate,  dado que o desnivel concentrábase en poucos km, e con pendentes de ata o 42,5% o que obrigaban a votar o xeonllo ao chan.

A pesares da dor de pernas os nosos traileros quedaron satisfeitos coa proba, e destacaron a          beleza do percorrido.

POSTO P. CATEGORÍA DORSAL NOME TEMPO RITMO
22 SENIOR M-14 108 MARIO R. 1:12:33 5:23
29 VETERAM-M 12 18 J.C. BRANDON 1:14:09 5:30
31 VETREAN M-13 17 J.A. JUANATEY 1:14:39 5:32
44 SENIOR-29 63 J.R. LAGO 1:16:28 5:40
46 SENIOR-30 118 ROGER SUAREZ 1:16:57 5:43
64 SENIOR-47 123 VALIÑO 1:20:17 5:57
90 VETERAN M-23 300 PEDRO PAZOS 1:24:10 6:15
115 SENIOR 83 203 JUAN F. BALADO 1:27:21 6:29
116 VETERAN 30 238 TINO IGLESIAS 1:27:23 6:29
130 VETREAN 33 84 JAVIER PAZOS 1:28:24 6:33
133 SENIOR 3 5 BEA AMADO 1:28:55 6:36
156 SENIOR 6 277 ESTRELLA MOREIRA 1:32:05 6:50
168 SENIOR 115 104 MARCE RIVAS 1:33:54 6:58
175 SENIOR 122 336 CHRISTIAN SANCHEZ 1:35:35 7:05
207 VETREANA 8 72 ANA MALLO 1:40:59 7:29
220 VETREANA 11 315 SONIA RAIMONDEZ 1:44:54 4:47
234 VETREANA 14 251 CRISTINA LOPEZ 1:48:05 8:01
246 VETERANA 15 126 MONTSE VEIGA 1:50:26 8:11
249 VETERANA 17 349 ALEJANDRA VARELA 1:52:20 8:20
265 SENIOR 17 232 ANA HERMIDA 2:00:46 8:57
277 VETREANA-23 99 ISA QUIREZA 2:12:47 9:51

 

 

  • RESULTADOS : http://galitiming.com/clas/TRAIL_DA_CIDA_2017.pdf

Isto foi o que Deron de si as carreiras dos veteráns. Por outra banda, os miudos acadaron grandes éxitos que serán publicados noutras novas .

IMOS A POR MÁIS E MELLOR, PREPÁRATE FEBREIRO QUE ALÁ IMOS!!!!