NERE, Campiona Galega Absoluta no 60 ml.

O pasado sábado 21 tivo lugar no Módulo Cuberto de Gregorio Pérez Rivera de Lugo unha nova edición do Campionato Absoluto de Galicia PC dos 60 ml. e 60 m. valados contando cunha importante participación de atletas destas disciplinas achegados dende varios recunchos da nosa Comunidade que se verían na loita polo título galego.

A gran cita da velocidade galega, que se disputou en xornada de tarde, contou coa presenza dalgúns dos millores especialistas galegos como Jean Marie Okutu, Pablo Comendador, José Ignacio Tomás, Teresa Rodríguez Miguelez, …. entre outros, e como cabía esperar, os nosos velocistas CARLOS e NERE fixéronse un oco entre eles.

Ainda que estas citas foron adiantadas no calendario de competicións este ano, puidose presenciar, a estas alturas, xa a boa forma dos atletas participando con actuacións destacadas entre as que cabe salientar as que faría  NERE  que se imporía na fase clasificatoria cun rexistro de 7.98 ó igual que na final cun 7.91 co que logaría o título de Campiona Absoluta de Galicia nos 60ml.

Non menos importante foi a actuación de CARLOS cun 7.63 na súa Serie Clasificatoria.

60ml Absoluto Masculino – Fase Clasificatoria

Nombre MM Ant. Pto.Serie Marca MMP Rec. Club
CARLITOS 7.62 6 7.63

60ml Absoluto Feminino – Fase Clasificatoria

Nombre MM Ant. Pto.Serie Marca MMP Rec. Club
NERE 7.89 1 7.98

60ml Absoluto Feminino – Final

Nombre MM Ant. Pto.Serie Marca MMP Rec. Club
NERE 7.89 1 7.91

 

¡¡NORABOA NERE!!