Na busca das Mínimas para os Campionatos que se aveciñan.

XV TROFEO CIDADE DE NARON

Boa actuación a dos nosos rapaces e rapazas nunha fría e soleada mañá.

O máis grandes da Escola, acompañados por algún veterán e respaldados polo seu adestrador Luis, desprazáronse ata Narón co fin de obter novas marcas ou mellorar as existentes que lles permitirán acadar os seus obxectivos cara a tempada de Pista Cuberta.

 

 

Alí, o Clube de Atletismo Narón organizou, coa colaboración do Comité de Xuices da Federación Galega de Atletismo da Delegación de Ferrol, o “XV Trofeo Cidade de Narón” que tivo lugar o pasado sábado 26 de Novembro nas pistas do Estadio Municipal de Río Seco, onde atletas de toda a contorna acudiron para participar en diversas probas de velocidade, medio fondo e concursos de salto e lanzamento.

O evento, permitiu una primeira toma de contacto con estas disciplinas e porse a proba de cara a nova tempada.

 

 

Os resultados foron moi satisfactorios, pois ademáis de que todo-los atletas fixeran melloras nas súas marcas persoais (MMP), tamén se estableceron novos récors do Clube (RC); tal foi o caso de Nere, Carlitos e Manuel.

Resumo da xornada:

 

60ml Absoluto Masculino

Nombre MM Ant. Pto.Serie Marca Pto. Cat. MMP Rec. Club
CARLITOS 7.76 4 7.62 5 MMP RC
BIEITO 8.25 7 8.08 17 MMP
XAVI 3 8.14 2 MMP
NICOLÁS 8.90 3 8.23 2 MMP

 

60ml Absoluto Feminino

Nombre MM Ant. Pto.Serie Marca Pto. Cat. MMP Rec. Club
NERE 8.02 1 7.82 1 MMP RC

 

200ml Absoluto Masculino

Nombre MM Ant. Pto.Serie Marca Pto. Cat. MMP Rec. Club
CARLITOS 25.41 4 24.90 8 MMP RC
XAVI 27.19 5 26.35 2 MMP

300ml Cadete Masculino

Nombre MM Ant. Pto.Serie Marca Pto. Cat. MMP Rec. Club
NICOLÁS 4 46.15 14 MMP

 

300ml Cadete Feminino

Nombre MM Ant. Pto.Serie Marca Pto. Cat. MMP Rec. Club
NERE 42.45 1 42.49 1

 

1000ml Absoluto Masculino

Nombre MM Ant. Pto.Serie Marca Pto. Cat. MMP Rec. Club
MANUEL 3:20.82 4 3:08.18 9 MMP RC
PABLO R. 3:33.43 10 3:11.94 11 MMP

 

 

Peso 4Kg Cadete Masculino

Nombre MM Ant. Pto.Serie Marca Pto. Cat. MMP Rec. Club
MANUEL 5.03 1 9.19 1 MMP RC

 

CONFIRMADO POR LA FGA DE MANEIRA OFICIAL, FELICITAMOS A  NEREA IGLESIAS BARBAZÁN (NERE) QUE BATIU O RECORD GALEGO DE 60ML CADETE FEMININO EN PISTA A.L.

 

 

Nere , toda unha campiona, que, ademáis de levar dous ouros neste Trofeo, unha vez maís fulminou a súa MMP de 8.02 no 60ml cunha impresionante marca de 7.82  acadando, deste xeito, ademáis dun novo Récord Galego, as mínimas das súas dúas probas (42.49 no 300 ml), non só para o Campionato Galego de PC, senón tamén para o de España. Levaranos de novo ó Nacional que se disputará o vindeiro 18 e 19 de Marzo en Andalucía nas Pistas Indoor Antequera (Málaga)

… pero antes loitará por un posto no podium no Campionato Galego o 28 de Xaneiro no Pazo dos Deportes de Riazor en A Coruña.

  • Regulamento (Pendente de publicar)

Pendentes de que a FGA publique as Marcas Mínimas para os Campionatos Galegos e tomando como referencia as da tempada pasada, podemos anticipar que tamén estarán presentes Manuel, Nicolás e Carlitos (este último o 25 de Febreiro), e quen sabe se algún máis.

 

Igual de destacable está o noso veterán Xavi, que ía coa idea de mellorar a súa marca de 27.19 no 200ml, non só o conseguiu baixando o seu tempo a un 26.35, senón que tamén acadou as mínimas das súas dúas probas (8.14 no 60 ml), para o Campionato Galego de PC e tamén para o de España que se disputará na fin de semana do 10 ao12 de Marzo en Madrid no Pabellon de Atletismo del Centro Deportivo Municipal Gallur

… pero por suposto, antes teremolo disputando o autonómico o vindeiro 8 de Xaneiro no Pazo dos Deportes de Riazor en A Coruña xunto con outros veteráns/ás do clube.

A participación dos demáis atletas neste “XV Trofeo Cidade de Narón” tamén é de ter en conta pola súa brillante actuación, xa que tamén melloraron as súas marcas (MMP) e aínda están a tempo de pelexar por meterse nalgún Campionato. 

 

Moito coidado, os atletas de Pista veñen pisando forte e con moitas ganas!!

Felicitacións para tod@s eles e para o seu adestrador Luis.

¡¡NORABOA!!