COMENZA O INVERNO

3º SEMANA DE DECEMBRO

Entre ceas, carreiras, quedadas, adestramentos e eventos varios case nin nos decatamos que deixamos atrás o ecuador de Decembro.

Esta fin de semana os miúdos correron o sábado no Campionato Escolar de Campo a través na Alameda de Santiago de Compostela e algúns fixeron dobre e foron a Touro pola tarde. O domingo unha das citas máis agardadas da tempada a SIN- SON e pola tarde cross en Ordes para os que aínda lles quedaban folgos na faltriqueira.

Unha semana de emocións e divertimento, 0 venres 16 celebrouse a cea “ da empresa” no Restaurante Castro, todos deixaron o atleta na casa para fartarse de comer, beber e bailar.

O luns dia 19 celebramos con Jori, que ten moito que celebrar, e o martes 20 a festa foi para a bichería miúda coa tradicional merenda do Nadal.

 

IV CARREIRA PEDESTRE POPULAR CONCELLO DE TOURO

SABADO 17 DE DECEMBRO DE 2016

 

O pasado sábado ,17 de decembro disputouse na localidade de Touro a cuarta edición  da carreira pedestre

As probas deron saída a partir das 16:45 horas a carón da casa do Concello con distancias que ían dende os 150 metros dos pitufos aos 10 quilómetros da absoluta.

Os pequerrechos Simón Vigo na categoría de Infantil e Yeray Valle na de Benxamín  foron os nosos representantes en Touro

Yeray acadou o primeiro premio da súa categoría, subindo ao máis alto do podio

 

 

INFANTIL/ALEVÍN

POSTO DORSAL NOME TEMPO RITMO P. CATEG
15 128 SIMON VIGO 9:49 4:55 8

BENXAMIN

POSTO DORSAL NOME TEMPO RITMO P. CATEG
1 170 YERAY VALLE 3:33 4:17 1

 

SIN-SON 10k. 2016

18 de Decembro de 2016

O Concello do Porto do Son organizou o domingo 18 de decembro a carreira popular ¨SIN-SON 10K¨ incluída no calendario oficial de probas da Federación Galega de Atletismo.

Sen dúbida unha das probas favoritas do noso Club, case un cento de atletas entre miúdos e maiores encheron as rúas da Sin – Son das nosas cores facéndolle fronte a una mañá verdadeiramente fría.

Nas categorías miúdas os nosos atletas fixérono de medo acadando podios a esgalla.

POSTO DORSAL NOME TEMPO RITMO CATEGORÍA PTO CAT.
23 158 C. JUANATEY  GARCIA 35:27 3:33 Vet. A 3
34 426 J. GONTAN CASTRO 35:45 3:34 Vet. B 7
67 244 Mon lago 37:10 3:42 Vet. B 20
101 1027 Adrián DoBarro 37:46 3:44 Senior 35
115 238 Juanatey 38:02 3:48 Vet. B 32
142 250 Ramón García 38:44 3:52 Vet.B 43
151 75 Javi Dosil 38:52 3:53 Vet. A 44
160 249 Brandon 38:55 3:53 Vet. C 6
193 248 Diego Pazos 39:36 3:57 Vet.A 55
210 964 Malvido Carrillo 39:54 3:58 Vet. C 10
228 1046 Daniel Negreira 40:13 4:01 Senior 59
276 116 Juan Tajes 40:57 4:05 Vet.B 99
348 1126 Xurxo Feijoo 42:46 4:12 Vet.A 97
427 1135 Alfonso Arias 43:17 4:18 Vet. A 122
429 863 Valiño 43:21 4:19 Vet. A 125
433 986 Gómez Beiro 43:37 4:19 Vet. A 128
491 766 Álvaro Mariño 44:06 4:22 Vet. A 143
505 861 Marcelino Rivas 44:16 4:24 Vet. A 149
548 1041 Rubén Díaz 44:51 4:27 Vet. B 183
582 1003 Pilar Alonso 45:19 4:29 Vet. B 6
713 988 Bea Amado 47:09 4:40  senior 12
715 1172 Manuel Uzal 47:09 4:41 Vet. C 69
750 1905  Estrella Moreira 47:37 4:43 Senior 16
756 1933 Elena López 47:40 4:43 Vet. B 11
756 672 Diego García 47:49 4:43 Senior 166
766 1080 Emma Veiga 47:49 4:44 Vet. B 12
841 1163 Javier Pazos 48:54 4:50 Vet.B 277
872 1203 Roger Suarez 49:14 4:51 Vet. B 285
906 1047 Xose Cabido 49:52 4:53 Vet. C 96
935 763 Pablo Pérez 50:14 4:58 Vet. A 238
995 1143 Luis Feijoo 54:13 5:06 Vet. A 255
1005 1026 Juanma Mata 51:23 5:06 Vet. B 320
1010 822 David López 51:28 5:06 Vet. B 322
1033 1698 Montse Veiga 54:47 5:07 Vet. B 34
1044 757 Marcos García 52:00 5:09 Vet. A 265
1079 1961 Sonia Reimondez 52:46 5:13 Vet. A 36
1104 1977 Cristina Diéguez 53:16 5:16 Vet. B 44
1160 1599 Almudena Valiño 54:45 5:25 Vet A 40
1210 1877 Mary Sol Iglesias 55:36 5:29 Vet. B 57
1213 1658 Ana Vigo 55:42 5:29 Vet. B 58
1214 1820 Ana Hermida 55:42 5:29 senior 58
1309 1743 Marian Pérez 28:39 5:47 Ver. B 73
1310 1984 Beti Vázquez 58:39 5:47 Vet. B 74
1315 1852 Mary recarey 58:47 5:48 Vet. C 17
1317 1973 Puerto Fontan 58:47 5:48 Vet. B 76
1359 1639 Nilda Hernández 1:00:18 5:58 Vet. B 84
1372 1701 Isa Quireza 1:01:04 6:02 Vet. B 88

Clasificación infantil / cadete. (3km)

POSTO DORSAL NOME TEMPO RITMO CATEGORÍA P. CATE
2 30 Manuel Juanatey 9:11 3:04 CADETE 2
11 1299 Jacobo Martínez 10:18 3:26 infantil 7
17 121 Mateo Cao 10:36 3:32 INFANTIL 11
18 108 XIANA BREA 10:38 3:33 INFANTIL 2
19 120 CARMEN JUANATEY 10:39 3:33 INFANTIL 3
28 132 CANDELA CESAR 11:02 3:41 INFANTIL 7
29 109 AINOA IGLESIAS 11:05 3:41 INFANTIL 8
36 45 MARTIN BELLO 11:25 3:48 INFANTIL 15
41 105 NOELIA GARCIA 11:41 3:54 INFANTIL 12
55 115 SIMON VIGO 12:38 4:13 INFANTIL 18

Clasificación Alevín ( 2Km)

POSTO DORSAL NOME TEMPO RITMO CATEGORÍA P. CATE
2 413 Roi Rial 5:13 2:37 ALEVIN 2
8 1300 NICOLAS CURRO 5:41 2:51 ALEVIN 8
52 371 JAIME PERNAS 7:06 3:33 ALEVIN 52

CLASIFICACION Benxamín (0,50Km)

POSTO DORSAL NOME
5 706 Alvarecho González
12 817 Nuno Rodríguez
16 798 Pablo Iglesias
23 780 Alejandra Pernas
27 790 Sofia Cao
56 828 Zoe De Alsa

Ao rematar a carreira un bo grupo dos sareiros dou conta do churrasco que se papou no Restaurante Abrente en Noia.

VIII CROSS AMBIENTAL CONCELLO DE ORDES

Memorial Estebo José

Domingo, 18 de Decembro de 2016, a partir das 16:30 h

Lugar: saída do Campo da Feira de Ordes

Distancia: de 150 a 5.000 m

O Club de Atletismo Ordes e o Concello de Ordes organizaron o pasado domingo 18 de decembro a oitava edición do Cross Ambiental Concello de Ordes contando coa patrocinio e colaboración dun bo número de establecementos da comarca. A convocatoria tamén tivo un marcado carácter solidario xa que, se recolleu un bo lote de alimentos para ser distribuídos entre as familias máis necesitadas do concello.

O noso compañeiro Alfonso Arias, que na xornada de mañá xa correra a Sin-Son e que non lle chegou, quixo percorrer os 5 quilómetros que lle correspondían á categoría absoluta.

Alegou que non lle facía xeito rematar unha carreira cos pes enxoitos, así que se foi meter ao río a Ordes. Menos mal que ao rematar daban chocolate e rosca para entrar en calor.

 

IMOS A POR MAIS, E MELLOR¡