AVANZA DECEMBRO

Seguimos sumando quilómetros, esforzo, alegrías, podiums…
A pasada semana algúns quixeron celebrar a xornada festiva do día 8 correndo en Pontecesures,
o sábado tocou Forcarei e o domingo os traileros fóronse a zoquear os montes de Noia.

XVII CARREIRA POPULAR DE PONTECESURES

Xoves 08 de decembro de 2016

O Concello de Pontecesures organizou a XVII edición da súa carreira popular, o pasado  xoves 8 de decembro.

A pesar de se tratar dunha data un tanto peculiar foron moitos os que quixeron competir entre semana e, a xulgar pola cantidade de participantes,  a cita foi todo un éxito .

Os atletas correron distancias comprendidas entre os cincocentos metros dos máis pequenos e os catro quilómetros da absoluta.

Coincidindo coa xornada festiva foron moitos os residentes que quixeron saír da casa a animar , creando un ambiente formidable que encheu  as rúas centrais e o paseo marítimo do peirao fluvial.

Carreira Infantil – Cadete (1,7 km aprox.)

POSTO DORSAL NOME TEMPO RITMO CATEGORÍA
21 262 CANDELA CESAR RUA 06:38 3:54 3º INFANTIL F
23 278 AINOA GONTAN 06:39 3:55 5º INFANTIL F
32 242 ANGELA NOYA IDAL 07:06 4:11 8º INFANTIL F

Carreira Alevín (0,85 km aprox.)

POSTO DORSAL NOME TEMPO CATEGORÍA POSTO  S.
2 293 ROI RIAL 02:53 ALEVÍN M 2M
3 296 NOE NOVOA GIL 02:53 ALEVÍN M 3M
9 286 SOFIA DODMAN 03:09 ALEVÍN F 1 F
25 312 SARA NOYA VIDAL 03:37 ALEVÍN F 4F

Carreira Benxamín (0,85 km aprox.)

POSTO DORSAL NOME TEMPO CATEGORÍA POSTO  S.
1 381 ALVARECHO 03:09 BENXAMÍN 1M
14 361 NUNO RODRIGUEZ 03:28 BENXAMÍN 10 M
23 362 KATIA DODMAN 03:43 BENXAMÍN 7 F
29 367 ENZO GUEDES 03:52 BENXAMÍN 20 M

Carreira Prebenxamín (0,5 km aprox.)

POSTO DORSAL NOME TEMPO CATEGORÍA PUESTO  S.
1 402 MARTI MIGUENS 00:09 PREBENXAMÍN 1M

Contamos coa participación estelar dos pequerrechos JAIRO GONTAN e TIAGO RODRIGUEZ que, se temos en conta a xenética deste dous, calquera deles nos vai dar moito que falar.

Parabéns miñoquiñas¡

 

IV Carreira Popular DA RICHADA CONCELLO de Forcarei 2016

Desde 100m ata 7.5km apróx.

10-12-2016

A carreira foi organizada polo Concello de Forcarei, Deputación de Pontevedra e  Miler Vintage Running Club.

O pasado 10 de decembro , as 17:30 horas , entre lusco e fusco deuse a saída dende a praza da Igrexa de Forcarei.

Como cada ano,  tamén se corría a popular carreira das parroquias na que compiten equipos formados por atletas  das parroquias do concello.

O percorrido presentou modificacións do trazado coa intención de suavizalo evitando as pendentes que tiña o anterior pero, aínda así,  algúns dos corredores opinan que sigue a ser unha carreira dura e esixente.

Un grupiño dos nosos quixeron comprobalo en situ.

CLASIFICACIÓN ABSOLUTA – 7,5 KM

POSTO DORSAL NOME TEMPO RITMO CATEGORÍA
20 83 GONTAN 27:11 3:37 VETERA. A-6
48 93 J. CAO 29:30 3:56 VETREA. A-12
118 113 MARY SOL 43:25 5:47 VETERA.A- 9
119 109 PUERTO 43:25 5:47 VETERA. A 10
120 110 MARIAN 43:25 5:47 VETERA 4-11

CLASIFICACIÓN ALEVÍN – 1,1 KIM

POSTO DORSAL NOME TEMPO RITMO CATEGORÍA
16 267 JAIME PERNAS PEREZ 5:28 4:58 ALEVÍN

CLASIFICACION infantil – cadete  – 2,2KIM

POSTO DORSAL NOME TEMPO RITMO CATEGORÍA
17 225 MATEO C. 8:58 4:04 INFANTIL-7

Nas categoría BENXAMÍN tamén participaron Sofia, Alejandra e Yeray  acadando a  terceira praza feminina para Sofía e a cuarta Alejandra mentres que Yeray foio o terceiro home en cruzar a liña de meta.

 

TRAIL GALAICA CONCELLO DE NOIA

Noia, domingo, 11 de decembro de 2016

23 quilómetros de monte bravo.

Noia acolleu o pasado 11 de decembro a 7º proba do circuíto de carreiras de montaña Trail Galaica organizado polo Concello de Noia en colaboración coa Federación Galega de Atletismo. Unha vez máis o fin era enxalzar os montes galegos a partires dunha actividade deportiva  de moda como é o trail.

Acuñando o lema de “será por monte”, trail galaica trata de resaltar a nosa Galicia coma unha das comunidades autónomas con máis montaña onde case tódolos concellos posúen un outeiro, unha peneda ou unha montaña emblemática.

Alí foron os nosos “Pisaterróns” e,  dispares foron os éxitos acadados . O foguete montañés de Santa Comba, Estrella acadou unha fantástica segunda praza na xeral, é que non se poden facer as cousas mellor!.

O noso mallorquino favorito LLorenÇ, deixouse levar pola beleza do monte e, sen querelo, saíuse do percorrido; non puntuou pero de seguro que gozou dos quilómetros que fixo a maiores.

O mister Diego, sufriu un pequeniño contratempo que o deixara no banco un par de xornadas; nada que non se cure co bacallau e o turrón do Nadal. Diego, os montes agardan por ti!

O resto dos participantes que remataron a proba sinalaron a dureza e a beleza a partes iguales.

Posto Dorsal Nome Tempo Ritmo Categoría
13 14 MARIO R. 2:19:02 6:06 VETE.1- 4º
24 326 ROGER SUAREZ 2:22:43 6:15 VETE.2- 10º
79 258 IGNACIO GARCIA LOPEZ 2:48:44 7:24 VETE.3-10º
99 348 ESTRE 2:56:11 4:44 SENIOR
125 302 JAVIER PAZOS 3:11:31 8:24 VETE.2-42

Así de ben o pasou a guerreira Estrella, e así nolo conta.
“Este trail foi moi diferente ó outro que fixera deste circuíto, pero gustoume moito máis. O percorrido era claramente máis técnico con zonas de subir a pé, pero para min moi bonito. Se dera tempo a mirar, as paisaxes desde o alto, preciosas. Baixando por carreiros é onde máis gocei, apartando das ramas como podía intentando non perder o ritmo. A falta de 4 km dixéronme o posto no que ía, e iso fixo que intentara apurar un pouco máis. A peor parte foi o último km e medio, todo por asfalto polo medio de Noia, onde as pernas empezaron a queixarse e tiven que afrouxar para non ter que poñerme a andar. Como trail totalmente recomendable, precioso”.

O certo é que a cara da nosa compañeira xa o di todo.

Imos a por mais, e mellor¡