ARRANCAMOS DECEMBRO.

ARRANCAMOS DECEMBRO

 

A media maratón foi a distancia preferida para este primeiro fin de semana de Nadal.

Algúns fóronse ao sur da comunidade para correr pola cidade Olívica e outros ao norte para patear pola comarca de Ferrol Terra.

No medio e medio quedáronse os que foron ao mar de Boiro.

 

XII CARREIRA POPULAR “MAR DE BOIRO” 10º Memorial Pepe Buceta.

04 DE DECEMBRO DE 2016

Distancias: 10 km absoluta // escolares 2,5 km // minis 200 metros.

BOIRO – A CORUÑA

MAR DE BOIRO PORTADA

Organizada polo departamento de deportes do Concello de Boiro. O pasado 4 de decembro realizouse en Boiro a XII Carreira Popular Mar de Boiro, X memorial Pepe Buceta, que este ano presentou algunha novidades, unha delas foi a distancia Mini, na que participou o noso pequerrecho Martín Ferreiro.

A proba absoluta mantivo os seus 10 quilómetros polo litoral Boirense.

Deuse a saída ás 11 da mañá na rúa Principal, fronte ao Concello.

O veterano Malvido acadou podio na súa categoría subindo ao segundo andar do caixón.

POSTO DORSAL NOME T. OFICIAL RITMO CATEGORíA P. CAT
74 428 MALVID@RUM 39:51 3:59 VETERANO 4 2
129 367 JUAN T. 42:19 4:13 VETRENANO 2 49

 

 

19 MEDIA MARATÓN DE VIGO

04 de decembro de 2016

Vigo- Pontevedra

MEDIA DE VIGO PORTADA

Esta proba que inicialmente estaba prevista para o 18 de setembro tivo que ser aprazada a causa dunha focha que se producira na calle García Barbón e ven de se celebrar o pasado catro de decembro.

A Agrupación Deportiva Media Maratón de Vigo, co patrocinio do Concello de Vigo, organizou a dezanove edición desta Media Maratón de Vigo . O circuíto estaba homologado por la RFEA .

Parabéns ao noso compañeiro J. Gontán que voou sobre o asfalto Olívico, acadando un magnífico 11º posto na xeral e subindo ao podio por categorías.

Igual de exitosa foi a actuación do sareiro J. Cao que con unha hora e 29 minutos tivo tempo dabondo para percorrer os 21,097 quilómetros.

Estupendo dúo dinámico!

 

POSTO DORSAL NOME P. SEXO P. CATE TEMPO
11 228 GONTAN M-11 VT2M-4 1:19:46
58 229 J. CAO M-55 VT2M-20 1:29:28

 

XXXI MEMORIAL ADOLFO ROS VOLTA A RÍA

04 DE DECEMBRO DE 2016

DISTANCIA: MEDIA MARATÓN (21.097 KM)

CARREIRAS PARA MENORES

  • Xuvenís // CADETES         4.000 m.
  • Infantís   // ALEVINS         2.000 m.
  • Benxamíns     1.000 m.

SAN ISIDRO – NEDA ( COMARCA DE FERROL TERRA)

MEDIA DE FERROL PORTADA

O Concello de Neda, en colaboración cos concellos de Fene, Ferrol e Narón, organizou a XXXI edición do medio maratón “Memorial Adolfo Ros – Volta á Ría”. A proba celebrouse o 4 de decembro de 2016 a partir das 10:00 horas.

O percorrido foi de media maratón (distancia non homologada) sobre asfalto, e discorreu polos concellos de Neda, Fene, Ferrol e Narón.

A proba está incluída dentro do calendario oficial da FGA.

A saída e a meta foron no pavillón de San Isidro (Neda)

Cinco intrépidos “sareiros” tomaron a saída na categoría absoluta ,e na de miúdos o benxamín Enzo Guedes acadou un fantástico cuarto posto.

POSTO DORSAL NOME CATEGORÍA P. CATEG TEMPO
78 698 ADRIAN SENIOR 28 M 1:26:13
85 540 MARIO R. VET A 26 M 1:26:49
89 343 CANTIMPLORA VET B 20 M 1:27:05
232 565 DANIEL SENIOR 46 M 1:35:21
272 354 RUBEN DIAZ VET B 93 M 1:37:19

 

POSTO DORSAL NOME TEMPO CATEGORIA
5 909 ENZO GUEDES S/T (4º-M) BENXAMIN

 

Isto foi o que dou de si a primeira fin de semana de decembro, imos a por máis e mellor!

Non vos esquezades de que no mes de Nadal agárdannos dúas citas ineludibles .

Para os miúdos a tradicional merenda de Nadal que como cada ano celebraremos no restaurante Galeón o martes, 20 de decembro e, para os grandes, a cea de Nadal que se celebrará o vindeiro día 16 no Restaurante Castro de A Sionlla. Lembrade anotarvos.