Maratón Valencia Trinidad Alfonso 2016 – The Magnificent Seven

 

Quen non viu algunha vez ese clásico do western, no que sete pistoleiros da man de John Sturges, salvaban  aos humildes campesiños da desapiadada banda de foraxidos.

Pois nós, traemos a nosa propia versión dos sete magníficos mellorada,  moi mellorada;  sete trotamundos capaces de facernos aguantar a respiración, de facer que nos levantemos da cadeira dun salto e de berrar para que se nos sinta a máis de mil quilómetros –“ veña compañeiro, xa esta feito, e viva a nai que te pariu”-

Quen non fixo algunha vez na súa vida unha escapada de fin de semana? Quen non fixo un lóstrego de viaxe de 1.000 quilómetros? Pois moitos,  case todos nós.

Pero cando a escapada implica ir e correr máis de 40 quilómetros, cando implica meses de preparación, horas roubadas ao sono, ao traballo, á familia, cando implica dor, sufrimento, cansazo a morrer, son moi poucos os que se atreven con esas escapadas toleironas e premeditadas.

Os sete magníficos chegaron a Valencia ansiosos e marcharon de Valencia vitoriosos, todos trouxeron pendurando do pescozo a medalla de “finisher”.

 img-20161122-wa0008

Coido que son eles os que nos teñen que contar dende dentro o que viviron, porque dende fóra por moito énfase que lle poñamos ao relato vannos faltar maniotas, suor, emoción, sentimentos, bágoas, abrazos,…..

RAMÓN LAGO QUINTERO

Clasif. Xen. Dorsal P. Catego. Nome Tempo Ofi. Tempo Real Ritmo
558 952 138 MON 2:54:03 2:53:37 4:07 


mon“Que complicado é de explicar todo isto con palabras.

Podería dicir que é algo moi grande, especial, grandioso… e aínda así quedaría descafeinado e non faría xustiza do que realmente é.

Cada maratón sempre é distinto ao outro, cada un é único e irrepetible.

O primeiro trae consigo una mestura de nervios, incerteza, sufrimento, esforzo, cabeza….

Ao rematar sabes que o que fixeches é algo bestial, é tal o golpe emocional que xa quedas enganchado para sempre.

Ninguén pasa por unha maratón sen pena nin gloria, máis ben todo o contrario, trae moita pena e una infinidade de gloria que prevalece no tempo e iso é o que te engancha a seguir correndo este tipo de carreiras. A dor de pernas desaparece pero ese retrogusto de ter acabado algo que é moi grande permanece sempre.

Iso sería respecto á competición pero antes dese momento hai moitos meses e quilómetros tamén cheos de emoción, correr una maratón implica  estar moitas horas traballando en equipo e co teu equipo, esas horas fan que os teus compañeiros sexan a outra familia, anímante, tiran de ti, marcan ritmo, non deixan que baixes.

Isto é unha maratón, hai que vivilo!

 E como non, os que acompañan nas  viaxes tamén teñen un papel importantísimo.”

 

JUAN CARLOS BRANDÓN

Clasif. Xen. Dorsal P. Catego. Nome Tempo Ofi. Tempo Real Ritmo
1023 13297 39 J.BRANDON 2:59:15 2:58:52 4:14


ames-23-10-16-5-foto-runphotos-galicia“As sensacións  desta carreira en Valencia foron moi boas. A mellor maratón das que fixen ata o  momento, sen mirar o tempo.
Nin Barcelona, nin Sevilla que tamén tiveron as súas cousas boas, pero esta foi un pouco máis alá , foi algo especial.
Un ambiente moi bo en todo  percorrido e unha chegada á meta impresionante.
Unha maratón para repetir sen dúbida e cuns compañeiros estupendos  sempre dando bos consellos”

 

RAMÓN GARCÍA TERA

Clasif. Xen. Dorsal P. Catego. Nome Tempo Ofi. Tempo Real Ritmo
1017 13283 134 R. GARCIA 2:59:14 2:58:52 4,15


a-pobra-13-28-08-16“Empezaré por decirte lo que le digo a todos los que debutan en esta distancia, la primera maratón que corres es para disfrutarla, el único objetivo que tienes es acabarla, es especial, es como la primera novia, el primer beso, nunca se olvida. En las siguientes, como por naturaleza somos competitivos, intentamos buscar el límite de nuestro cuerpo intentando hacer marcas que creemos están acorde con el entrenamiento que hicimos, y, por lo tanto ya nos ponemos metas, con lo cual ya no solo nos vale acabar, además hay que hacerlo en menos tiempo que la anterior.

 En cuanto a esta maratón, para mí fue especial, se mezclaron muchos sentimientos en la salida, nervios, miedo, euforia, vamos un coctel de emociones.

Nervios por intentar olvidar el último año, parado por la lesión en el talón de Aquiles, miedo por si se reproducía la lesión en el aductor que tuve en la Carrera Pedestre, y euforia porque por fin volvía a mi distancia favorita, a la que más satisfacciones me ha dado en mi corta carrera de runing.

 En lo referente a la carrera, solo tengo un adjetivo, impresionante, todo perfecto, la organización, la ciudad, la salida, la llegada. En resumen, la maratón de Valencia me dejó marcado, esta repito.

 Para despedirme, solo una recomendación, si tenéis ocasión de preparar una maratón, no lo dudéis, os digo que los meses de sacrificio valen la pena, llegar al final y cruzar el arco de meta, es una sensación indescriptible, euforia, euforia y más euforia.

 Hasta la siguiente”

 

JOSÉ ANTONIO JUANATEY

Clasif. Xen. Dorsal P. Catego. Nome Tempo Ofi. Tempo Real Ritmo
1325 13280 180 JUANATEY 3:03:10 3:02:48 4:20

14958087_10210132284016547_585682347_o

 

 

 

“ Decidido, imos a Valencia 2017…”

 

 

 

ÁLVARO SEARA

Clasif. Gen. Dorsal P. Catego. Nome Tempo Ofi. Tempo Real Ritmo
2854 14254 718  ALVARO 3:18:59 3:16:15 4:43


media-pontevedra-52-16-10-16

“Esta foi a miña primeira maratón. Un soño cumprido, unha gran ilusión, ademais, goceina a tope grazas aos consellos do mister e dos compañeiros de que tomara con calma a primeira parte. A verdade e que se pode dicir que a gocei (sufrindo) a tope.”

 

 

SANTIAGO GÓMEZ BEIRO

Clasif. Xen. Dorsal P. Catego. Nome Tempo Ofi. Tempo Real Ritmo
4910 3598 1128 GAUCHO 3:32:12 3:29:27 5:02


santi

 

 

“A miña sensación é que estou nun club fantástico e con un ambiente deportivo e humano excepcional.”

 

 

 

 

 MARCELINO  RIVAS POMBO

Clasif. Xen. Dorsal P. Catego. Nome Tempo Ofi. Tempo Real Ritmo
11031 17138 2173 MARCE 4:07:18 4:02:16 5:52


14958159_10210132240575461_333051768_o“Pois o domingo estaba eufórico e coa adrenalina a tope pero creo que é agora co paso dos días cando me vou dando conta do que logrei.

En dous anos pasei de facer 10 km en pouco menos dunha hora a rematar unha maratón!

As sensacións foron moi boas toda a fin de semana, tiña medo de que os nervios me xogaran unha mala pasada pero o único momento “crítico” por chamalo de algunha maneira foi o sábado cando fomos ver a meta. Pero foi máis ben un momento de emocións moi fortes visualizándome recorrendo esa alfombra azul e cruzando a meta.

O domingo levanteime tranquilo e non me entraron dúbidas en ningún momento.

Na carreira tratei de ir sempre distraído, pensando nos xeles que tiña que tomar, fixándome nos outros corredores cando nos cruzabamos,ata áa facendo turismo mirando os monumentos polos que pasabamos.

Pasáronse os quilómetros e o tempo rapidísimo.

Despois do km 33 tiven un pequeno problema por culpa da xente que  cruzaba, o que unido ao cansazo fixo que perdera o ritmo e sufrira un pouco. Nese momento empecei a pensar en toda a xente que ía estar seguindo a miña carreira, nos meus compañeiros que xa cruzaran a meta, toda a miña xente que me quere e a que non lle podía fallar. Vinme de novo sobre esa alfombra azul, apertei os dentes e seguín adiante.

Cando cheguei ao km 41 entre a cantidade de xente animando e ver que estaba feito saíu algunha bágoa e despois xa foi sorriso permanente o resto do camiño. Fíxoseme corto o recorrido pola alfombra azul e o primeiro que pensei ao cruzar a meta foi na alegría que terían tódalas persoas que estaban seguíndome.

Despois foi todo unha nube, as felicitacións dos compañeiros e dos animadores tan estupendos que estaban alí in situ, os centos de mensaxes no móbil, as chamadas, etc

Iso si que foi a verdadeira medalla que me levo, o cariño da xente, todo o esforzo destes meses valeu a pena so por notar todo ese cariño.”

 

  DIEGO PAZOS SAINZA  ( O implacabe adestrador)

2016-v-liga-escolar-federada_0381O bo de ser o adestrador dos maratonianos que competiron en Valencia é que me permitiron correr 7 maratóns nun mesmo día.

Non calcei as zapatillas en Valencia pero nestes días nos que me van contando como lles foi na carreira  case podo sentir o que eles sentiron nos momentos únicos que sempre regala a Maratón.

Polo tanto antes de nada, grazas por compartir a maratón comigo.

 Durante as semanas que dura a planificación específica todos teñen que pagar o prezo de seguir “ O LIBRO” que  lles envío. Sacrifican o seu tempo de ocio, sacrifican descansar despois dos seus traballos, sacrifican non pasar tanto tempo coas súas familias e todo por unha carreira, pero claro, é unha maratón, e a maratón é unha cousa seria. 

Non fagamos pequena a distancia e recordemos que correr 42 quilómetros o día da carreira e o adestramento que che permite correlos, levan a un desgaste físico e psicolóxico elevado polo que para  afrontar este tipo de retos con seguridade é fundamental levar un adestramento acorde ás nosas posibilidades/capacidades.

 Cambian a súa alimentación; as súas conversas son monotemáticas, maratón, maratón maratón; convértense en físios, médicos, podólogos e biomecánicos…. Que zapatillas levo? O gps marca mal os ritmos, síntome fatal de peito, teño unha dor no isquio…cambio de calcetíns? Medias de compresión? Dieta disociada si ou non?  Vou ao fisio a semana da maratón? Que fago o día anterior? Arroz ou pasta? Saio a ritmo ou saio reservón? cantos xeles tomo na carreira ? Se no 30 non vou ben paro ou acabo como sexa? Dúbidas, dúbidas e máis dúbidas que fan que a Maratón sexa tan especial, posto que noutras probas isto non pasa.

O día da competición para min, nervios. Aplicación do móbil para seguir a carreira en directo. Tempos de paso correctos, ritmo constante na media maratón, no 30 pequeno baixón no ritmo dalgúns, outros no  km 35 apertan e van a por unha marca lonxe da maioría dos corredores populares. Os novatos non o deben crer pero xa están no 40, a carreira está feita. Imaxínome a emoción desa primeira liña de meta… van chegando e con eles 7 marcas diferentes que poñen o punto e seguido desta experiencia. E digo punto e seguido xa que o bo de ser o adestrador destes  maratonianos é que van querer facer outra, vamos ter que preparar novos  “LIBROS”  que enviar e vamos ter a oportunidade de vivir todas estas emocións de novo.

 Grazas! E parabéns.

 Non podemos pechar esta nota sen nomear a dous magníficos que se quedaron a un pasiño de ir a Valencia: Carlos Becerra e Carlos  González , que, cando xa tiñan a meirande parte do traballo feito e por circunstancias alleas,  non puideron asistir á cita.

Creo que xa queda dito: VALENCIA 2017 PREPÁRATE!

E  xa sabedes, soñade, soñade moito, soñade alto, grande, soñade inmenso, porque ás veces os soños cúmprense.