LÍA e NERE, dúas atletas destacables en dúas modalidades diferentes.

Tras a gran sobredose de competicións en Ruta, que tal un pouco de Pista?

Como ben sabedes os nosos peques xa están a pleno gas preparando as competicións que se aveciñan. Cando uns xa se estrearon, como é o caso de NERE e LÍA , outros están a puntiño coa “V Liga Galega Escolar Federada-ABANCA” que se iniciará esta fin de semana en Ferrol e á que acudirán numerosos atletas do noso Clube das categorías Benxamín, Alevín e Infantil.

Pero deixando de lado o que está por vir, ímonos a centrar nos dous acontecementos que si tiveron lugar:

 

Atletas participantes na Concentración Sector Velocidade Lugo 2016. Foto FGA

Atletas participantes na Concentración Sector Velocidade Lugo 2016. (Foto de FGA)

CONCENTRACIÓN NO SECTOR DE VELOCIDADE

Atletas do panorama galego que despuntaron na modalidade de Velocidade, se ben remataron a tempada pasada, de igual modo iniciaron a recentemente estreada sendo convocados polo responsable do Sector de Velocidade da Federación Galega de Atletismo José Carlos Tuñas, a participar nunha concentración de tres xornadas na que seguiron uns adestramentos especiais así como unhas pautas a modo de charlas…

 

(Foto FGA)

(Foto de FGA)

 

…ademáis de contar coa presenza e consellos de Oscar Husillos, atleta internacional e Campión de España Absoluto de 200m tanto en Aire Libre como en Pista Cuberta.

Entre eles non podía faltar nosa velocista NERE, sumando así unha experiencia máis no seu historial deportivo.

 

(Foto FGA)

(Foto de FGA)

 

A modo de resumo, dipoñemos duns vídeos que dan conta dalgunhas das actividades na que participaron os atletas e que se poden ver no canal de YouTube Sector de Velocidad de la Federación Gallega de Atletismo(Click aquí)

 

Pero se Nere destaca en velocidade, que dicir de LÍA, outra das nosas atletas que está a despuntar na modalidade de Marcha.

 

CIRCUITO GALEGO DE MARCHA ATLÉTICA “JOSÉ FINA ROMERO” 2015-2016.

Amante e defensora desta modalidade, e despois de completar o circuito integrado por 7 probas, LÍA  proclámase 2ª Clasificada da categoría Alevín Feminina con 55 Ptos.

A Federación Galega de Atletismo acaba de publicar a relación de gañadores das distintas categorías.

A entrega dos premios será o vindeiro 26 de Novembro en A Pobra coincidindo coa desputa do Campionato  Galego de Marcha en Pista de Inverno, onde de seguro poderemos disfrutar dunha nova actuación de Lía.

 

(Foto de Atletismo Vila de Cangas)

(Foto de Atletismo Vila de Cangas)

I TROFEO ESCOLA DE MARCHA ATLÉTICA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Pero antes dese gran día, xa a tivemos participando na primeira edición deste certame que se disputou o pasado sábado 12 de Novembro nas Pistas de atletismo do C.G.T.D. de Pontevedra para disputar os 3Km Marcha correspondentes a súa categoría, rematando o percorrido nun tempo de 19:54.28 acadando o 6º posto:

Nombre Categ. MM Ant. Pto. Cat. Marca MMP Rec. Club
LÍA Inf.Fem 6 19.54.28 MMP RC

 

(Foto Atletismo Vila de Cangas)

(Foto de Atletismo Vila de Cangas)

Sen dúbida, Boa maneira de estrear tempada e categoría.

 

¡¡Ben feito rapazas!!

Toda unha tempada por diante para seguir gozando e cultivar máis logros.