NERE pon o broche douro.

Uns días atrás falabamos dos Campionatos Galegos de Pista A.L. que pecharon a tempada e nos que moitos dos nosos atletas foron partícipes conseguindo un bo posto no Ránking e colgándose algún metal.

 

Cando para moitos concluía a súa tempada, para NERE non facía máis ca comezar.

Como ben sabemos, A súa boa actuación e traxectoria deportiva ó longo da tempada, non pasou desapercibida. No Campionato Galego, no que se proclamou Subcampiona Galega con Medalla de Prata no 300 ml e Subcampiona Galega con Medalla de Bronce no 100 ml, estivo presente O Seleccionador da Federación Galega de Atletismo que non perdeu detalle da competición ó longo de toda a xornada para de aí seleccionar, entre outros,  a NERE para representar a Galicia no Campionato de España Cadete por Seleccións Autonómicas que se celebrou en Cartagena (Murcia) o 18 e 19 de xuño nas probas de Relevos de 4×100 e Relevos de 4×300.

Sen dúbida unha experiencia única que queremos compartir.

Na noite do Xoves 16 de Xuño embarcaban 36 rapaces e rapazas acompañados de 4 adestradores, entre eles Luis, xefe da expedición. Primeira parada en San Lázaro . Os nervos estaban latentes…

1

 

Despois dunha longa viaxe de 14 horas, tocaba concentrarse no hotel e repoñerse; esperaban dúas longas xornadas de dura competición…

 

2

 

Pola tarde tocou, baixo un sol ardente, visitar as pistas e inmortalizar ese momento cunha sesión fotográfica da Selección Galega que nos representaría nese certame, un gran equipo que  estaba a ocupar por rexistros os oito primeiros postos de cada proba e co que tiñamos moitas posibilidades de facer un bo Campionato.

 

3

 

A Primeira xornada remataba cos seguintes resultados:

  • Equipo Femenino, con 112 Ptos
  • Equipo Masculino, con 88.5 Ptos

Na xornada do domingo estivemos durante moito tempo de Primeiras, pero unha saída nula fixo que baixaramos ata o 5º Posto sen subir ningún punto ó marcador.

Había que remontar; estaban preto de acadalo e ían loitar para conseguilo. A nosa representante en Relevos máis animada ca nunca, estaba disposta a dalo todo!!!

 

4

 

Así o demostrou na súa primeira proba, un espectacular relevo de 4×100. Os resultados fixéronse agardar, houbo que recurrir á foto finish para descartar dúbidas e determinar a orde de chegada.

40 minutos despois disputaba a súa segunda proba, o relevo 4×300.

 

5   A responsabilidade de facer unha boa saída requería moita concentración …

6

E non foi en balde.

Sendo os relevos as probas que pechaban o Campionato, os das nosas rapazas  foron protagonistas e espectaculares quedando, despois de comprobar a foto finish, 3° con Medalla de Bronce no Relevo 4×100 m cun rexistro de 49.05

4X100 ml Cadete Feminino

Nombre Pto.Serie Marca Pto.Cat RG
Selección Gallega 3 49.05 3 RG

 

7     8

 

… e  4° no Relevo 4×300 m cun rexistro de 2.50.45, sendos RÉCORDS GALEGOS.

9

 

4X300 ml Cadete Feminino

Nombre Pto.Serie Marca Pto.Cat RG
Selección Gallega 4 2.50.45 4 RG

 

Ao remate do Campionato, a nivel de Seleccións, Galicia ocuparía na categoría feminina unha destacada quinta posición con 225 puntos

10

 

… e a categoría masculina serían sextos con 185,5 puntos.

Toda unha satisfacción …

 

11-copia-tile

Pero a cousa aínda non remataba aquí…

Pasados quince días, Luis recibiu da Federación un comunicado notificándolle que, tras un novo reconto, a Selección Galega Feminina Cadete coa que participou NERE quedaron SUBCAMPIONAS CON MEDALLA DE BRONCE no Campionato de España por Autonomías.

Confirmabanno na páxina da Federación  (Click aquí)

Unha fantástica noticia, sen dúbida!!!

 

13

 

  • Outras Noticias relacionadas:

– 17/06/2016 

– 20/06/2016  

Homes

Mulleres

 

Pero esta experiencia non sería máis que unha antesala ao que lle agardaba a NERE a nivel individual no Campionatao de España Cadete de Pista A.L. que se disputou en Granollers (Barcelona) na fin de semana do 9 e 10 de xullo nas probas de 100 m e 300 m para as cales conseguira as mínimas requiridas ó longo da súa tempada.

1

 

Ata alí levou a nosa Camiseta Viaxeira acompañada polo seu adestrador Luis e familiares que a acompañaron e arouparon en todo momento, e por suposto Coco, a quen quixemos facer partícipe deste gran evento.

 

2

 

Foron dúas xornadas moi longas e moi duras, con temperaturas moi elevadas e moito vento en contra.

A súa primeira xornada foi notable ó acadar unha cuarta posición na súa serie da fase clasificatoria do 100 m cun tempo de 12.91, conseguindo deste xeito o seu pase á Semifinal …

 

3-tile

 

… e un segundo posto na súa serie da semifinal do 300 m cun tempo de 42.62 non optando á final, xa que só se clasificaban a 1ª de cada serie.

 

5-tile

 

Pola tarde xogaría o seu pase a final do 100 m que se disputaría na xornada do domingo. E así foi, quedando no 2º Posto da súa serie cun tempo de 12.80 rebaixando a súa Marca Persoal establecida en 12.84.

 

7-tile

 

“Primeira vez na nosa corta historia do Clube temos unha integrante nunha final dun Campionato de España”.

As 12:10 da xornada do domingo, cunha temperatura de 33ºC e un vento en contra de 2.9, daba saída a final do 100 m no que NERE corría pola calle 8 chegando na 8ª posición cun tempo de 12.97.

 

9-tile

 

Para nós, toda unha campiona, tendo en conta de que é a 8ª cadete maís rápida de toda España e sendo a única galega e unha das máis pequenas que conseguiu chegar á final. Pódese pedir máis??

 

11-tile

Nombre Clasificatoria MM Ant. Pto.Serie Marca Pto. Cat. MMP Rec. Club
NERE 100 ml 12.84 4 12.91 14
Nombre Semifinal MM Ant. Pto.Serie Marca Pto. Cat. MMP Rec. Club
NERE 100 ml 12.84 2 12.80 5 MMP RC
Nombre Final MM Ant. Pto.Serie Marca Pto. Cat. MMP Rec. Club
NERE 100 ml 12.80 8 12.96 8
Nombre Clasificatoria MM Ant. Pto.Serie Marca Pto. Cat. MMP Rec. Club
NERE 300 ml 42.45 2 42.62 12

 

13-tile

 

 

Pero a sabendas de ata onde podía chegar, poría o seu broche douro concluíndo deste xeito a súa tempada, no Campionato Galego Absoluto de Pista A.L. que se disputou nas Pistas Josefina Salgado de Pereiro de Aguiar (Ourense) nunha abafante xornada do día 16 de xullo.

1

 

Ata alí desprazouse cos seus familiares cun obxectivo moi claro, acadar un metal e rematar a tempada baixando o seu rexistro estipulado en 12.80 no 100 m.

Era  o día perfecto en canto ó vento nos referimos, que xogaría o seu favor; e xa non temía ás competicións deste nivel.

Nada a frearía.

 

2

 

Ás 12:25 horas disputábanse as series clasificatorias; NERE, presentada como a “xovencísima atleta do Club Atletismo Fontes do Sar que o ano pasado competía en XOGADE”, tiña que medirse con atletas Xuvenís, Juniors, Promesa, … Pero iso non foi suficiente para intimidala; chegaría na súa serie cun tempo de 12.56,  rebaixando de forma notable a súa Marca Persoal co terceiro mellor tempo de tódalas series e con posibilidades de levar unha medalla do Campionato Absoluto.

 

3

 

De cabeza, NERE tomaba saída na final do 100 m entorno ás 19:05 nunha moi disputada serie, cruzando a meta en 2ª posición procramándose deste xeito SUBCAMPIONA GALEGA EN CATEGORÍA ABSOLUTA cun tempo de 12.68.

 

4-tile

Nombre Semifinal MM Ant. Pto.Serie Marca Pto. Cat. MMP Rec. Club
NERE 100 ml 12.80 1 12.56 3 MMP RC
Nombre Final MM Ant. Pto.Serie Marca Pto. Cat. MMP Rec. Club
NERE 100 ml 12.56 2 12.68 2

 

6

 

7

Cos obxectivos máis ca cumpridos …

NORABOA NERE!! UNHA GRAN TEMPADA!!

Non é ningún imposible, senon metas e obxectivos cumpridos e a recompensa a un esforzo realizado ó longo de toda unha tempada ó alcance de todos, que só se consegue con esforzo e constancia, e que pode ser acadado por calquera de vós … ÁNIMO!! ESTE ANO TEMOS QUE SER MÁIS!!