¡¡REMATARON AS VACACIÓNS!! COMEZAMOS REMEMORANDO…

¡¡XA ESTAMOS AQUÍ!! ¡¡REMATARON AS VACACIÓNS PARA DAR COMEZO A UNHA NOVA TEMPADA!!

Benvidos a todos de novo!!

Esperamos que desfrutárades do verán e veñades coas pilas ben cargadas desexando retornar á rutina e dar comezo a unha nova tempada de adestramentos con novos compañeiros, novas categorías, novas competicións, ….

Moitos iniciaranse neste deporte, polo que dende o Clube queremos darlles a benvida, onde os acolleremos gustosamente como novos membros da nosa gran familia desexando que disfruten non só de todo o que poida aportar este deporte, senon do bo ambiente e compañerismo, porque non só compartimos afección, senon eventos, desafíos, logros, amizades, risas, inquietudes,…, o que fai que teñamos un compromiso non só cun mesmo senon tamén co Clube aportando dalgunha maneira o noso graniño de area.

Moitos tiveron a oportunidade de experimentar, outros de rememorar e, todos xuntos, de disfrutar deste deporte coa 1ª toma de contacto coas pistas desta tempada a través do I Campus de Verán “Atletismo Fontes do Sar” que se disputou a pasada semana na Instalacións de San Lázaro.

 

Pero, para rememorar, ímonos a remontar ás últimas competicións de Pista A.L. que cerraron a pasada tempada. Non hai mellor maneira de comezar…

 

CAMPIONATO DE GALICIA BENXAMIN, ALEVÍN E INFANTIL EN PISTA A.L.

Campionato Galego Individual disputado, en xornada de mañán e tarde, o sábado 11 de Xuño nas Pistas Municipales de Atletismo de Calabagueiros-O Barco de Valdeorras (Ourense), onde os pequenos atletas se desprazaron acompañados polos seus adestradores Diego e Santi para facerse un oco entre os mellores de Galicia.

Acadaron un total de 3 medallas: 1 de Ouro e 2 de Prata, e ,non menos importante, 2 Diplomas de Honra e 2 Quintos Postos.

Proclamáronse desta maneira:

Carmen, Campiona Galega con medalla Douro en 60 ml;

Carmen C., Subcampiona Galega con medalla de Prata en Altura;

Sofi D., Subcampiona Galega con medalla de Prata en Lonxitude;

 

 

A participación do noso Club nestas categorías foi a seguinte:

60 ml Alev.Fem.

Nombre MM Ant. Pto.Serie Marca Pto. Cat. MMP Rec. Club
CARMEN 9.12 1 9.18 1
SOFI D. 9.12 5 9.45 8

80 ml Inf.Masc.

Nombre MM Ant. Pto.Serie Marca Pto. Cat. MMP Rec. Club
NICOLÁS 10.7 4 11.08 6
PABLO 11.21 4 11.49 9

80 mv Inf.Masc.

Nombre MM Ant. Pto.Serie Marca Pto. Cat. MMP Rec. Club
NICOLÁS 16.26 3 16.81 4

1000 ml Benx.Masc.

Nombre MM Ant. Pto.Serie Marca Pto. Cat. MMP Rec. Club
ANTÓN 3.46.36 10 3.46.34 10 MMP

1000 ml Inf.Fem.

Nombre MM Ant. Pto.Serie Marca Pto. Cat. MMP Rec. Club
XIANA 3.30.96 5 3.25.87 5 MMP RC

1000 Obst. Inf.Masc.

Nombre MM Ant. Pto.Serie Marca Pto. Cat. MMP Rec. Club
XURXO R. 4.01.74 8 3.54.55 8 MMP

3000 ml Inf.Masc.

Nombre MM Ant. Pto.Serie Marca Pto. Cat. MMP Rec. Club
PABLO R. 11.32.15 12 11.43.85 12

Altura Benx.Fem.

Nombre MM Ant. Pto.Serie Marca Pto. Cat. MMP Rec. Club
CARMEN C. 1.09 2 1.05 2

Altura Alev.Fem.

Nombre MM Ant. Pto.Serie Marca Pto. Cat. MMP Rec. Club
CARMEN 1.24 4 1.21 4

Altura Inf.Masc.

Nombre MM Ant. Pto.Serie Marca Pto. Cat. MMP Rec. Club
PABLO 1.34 10 1.34 10

Lonxitude Alev.Fem.

Nombre MM Ant. Pto.Serie Marca Pto. Cat. MMP Rec. Club
SOFI D. 3.87 2 3.92 2 MMP RC

Peso 2kg Benx.Masc.

Nombre MM Ant. Pto.Serie Marca Pto. Cat. MMP Rec. Club
DAVID 5.39 8 5.38 8
JORGE IGLESIAS 5.10 14 4.57 14

2000 m Marcha Alev.Fem.

Nombre MM Ant. Pto.Serie Marca Pto. Cat. MMP Rec. Club
LIA 12.25.7 5 12.27.95 5

 

 

REMEMORAMOS TAMÉN A ACTUACIÓN DE NERE E CARLITOS NOS SEUS CORRESPONDENTES CAMPIONATOS GALEGOS DE PISTA A.L. …

… a través de fotos e vídeos que estaban pendentes de publicar.

Click aquí  para acceder á Noticia.

 

CAMPIONATO DE GALICIA VETERÁNS EN PISTA A.L.

O sábado 18 de Xuño disputouse no Estadio Municipal de Fontecarmoa en Vilagarcía de Arousa, o Campionato Galego de Veteráns, onde se desprazaron un grupo de atletas do clube, dispostos a dar todo o mellor de sí.

Acadaron un total de 20 medallas: 10 de Ouro, 3 de Prata, 7 de Bronce, 4 Diplomas de Honra e 1 Quinto Posto.

Proclamáronse deste xeito:

Neme, Campión Galego con medalla Douro en 5000 ml;

Saínza, Campión Galego con medalla Douro en Altura;

Equipo Masculino (Santi, Xavi, Gontán e CarlosB.), Campións Galegos con medalla Douro en Relevos 4×100;

Equipo Feminino (Puerto, Ana Vigo, Isa e Mary), Campionas Galegas con medalla Douro en Relevos 4×100;

 

Juanatey, Campión Galego con medalla Douro en Xavalina-800g;

J.Brandón, Subcampión Galego con medalla de Prata en 400 ml;

J.Brandón, Subcampión Galego con medalla de Prata en 1500 ml;

 

Carlos B., Subcampión Galego con medalla de Bronce en 200 ml;

Gontán, Subcampión Galego con medalla de Bronce en 10000 ml;

Sonia B., Subcampiona Galega con medalla de Bronce en 100 ml;

Silvia, Subcampiona Galega con medalla de Bronce en 100 ml;

Cristina, Subcampiona Galega con medalla de Bronce en 400 ml;

Isa, Subcampiona Galega con medalla de Bronce en 400 ml;

Mary, Subcampiona Galega con medalla de Bronce en 400 ml;

 

 

A competición disputouse durante todo o día onde homes e mulleres correron probas de 100, 400 e 1500m, atrevéndose tamén algúns con salto de altura, conseguindo o noso adestrador Saínza a primeira presea de Ouro.

 

 

Pero sería despois do xantar, cando virían a maioría das medallas, cun disputadísimo relevo 4×100 masculino, no que os nosos atletas conseguirían medalla de ouro e a marca mínina para participar no Campionato de España.

A continuación e non menos disputado, o relevo feminino, na que as nosas atletas tamén acadarían outra medalla de Ouro.

 

 

Antes xa caerían medallas nos 5000m e nos 200m e para rematar a xornada no 10000m.

Resumo da xornada:

100 ml W-35

Nombre MM Ant. Pto.Serie Marca Pto. Cat. MMP Rec. Club
SONIA B. 3 16,16 3 MMP

100 ml W-40

Nombre MM Ant. Pto.Serie Marca Pto. Cat. MMP Rec. Club
SILVIA 16.18 3 15.70 3 MMP
CRISTINA 5 17.29 5 MMP

200 ml M-40

Nombre MM Ant. Pto.Serie Marca Pto. Cat. MMP Rec. Club
CARLOS B. 3 27.86 3 MMP

400 ml M-35

Nombre MM Ant. Pto.Serie Marca Pto. Cat. MMP Rec. Club
VALIÑO 4 1.02.71 4 MMP

400 ml M-40

Nombre MM Ant. Pto.Serie Marca Pto. Cat. MMP Rec. Club
CARLOS B. 59.20 3 1.00.40 4

400 ml W-40

Nombre MM Ant. Pto.Serie Marca Pto. Cat. MMP Rec. Club
CRISTINA 3 1.27.19 3 MMP

400 ml M-45

Nombre MM Ant. Pto.Serie Marca Pto. Cat. MMP Rec. Club
JUANATEY 1.03.46 5 1.05.87 9

400 ml W-45

Nombre MM Ant. Pto.Serie Marca Pto. Cat. MMP Rec. Club
ISA 1.30.69 3 1.27.79 3 MMP
ANA VIGO 1.27.60 6 1.31.36 6

400 ml M-50

Nombre MM Ant. Pto.Serie Marca Pto. Cat. MMP Rec. Club
J.BRANDÓN 1.07.57 2 1.09.09 2

400 ml W-50

Nombre MM Ant. Pto.Serie Marca Pto. Cat. MMP Rec. Club
MARY 1.31.37 3 1.32.10 3

800 ml W-45

Nombre MM Ant. Pto.Serie Marca Pto. Cat. MMP Rec. Club
ANA VIGO 3.27.13 4 3.33.31 4

1500 ml M-35

Nombre MM Ant. Pto.Serie Marca Pto. Cat. MMP Rec. Club
VALIÑO 8 5.12.75 8 MMP

1500 ml M-45

Nombre MM Ant. Pto.Serie Marca Pto. Cat. MMP Rec. Club
JUANATEY 4.53.76 7 4.54.64 7

1500 ml M-50

Nombre MM Ant. Pto.Serie Marca Pto. Cat. MMP Rec. Club
J.BRANDÓN 5.00.93 2 5.08.79 2

5000 ml M-35

Nombre MM Ant. Pto.Serie Marca Pto. Cat. MMP Rec. Club
NEME 16.16.16 1 16.58.72 1

5000 ml M-45

Nombre MM Ant. Pto.Serie Marca Pto. Cat. MMP Rec. Club
JAVI P. 7 23.48.09 7 MMP

10000 ml M-40

Nombre MM Ant. Pto.Serie Marca Pto. Cat. MMP Rec. Club
GONTÁN 3 36.47.14 3 MMP RC

10000 ml M-45

Nombre MM Ant. Pto.Serie Marca Pto. Cat. MMP Rec. Club
J.CAO 10 39.39.97 10 MMP
JOSE N. 11 39.52.32 11 MMP

Altura M-35

Nombre MM Ant. Pto.Serie Marca Pto. Cat. MMP Rec. Club
SAINZA 1 1.35 1 MMP

Altura M-45

Nombre MM Ant. Pto.Serie Marca Pto. Cat. MMP Rec. Club
J.CAO 4 1.30 4 MMP

Xabalina 800g M-45

Nombre MM Ant. Pto.Serie Marca Pto. Cat. MMP Rec. Club
JUANATEY 1 26.26 1 MMP RC

Relevos 4×100 M-40

Nombre MM Ant. Pto.Serie Marca Pto. Cat. MMP Rec. Club
EQUIPO 1 51.69 1 MMP RC

Relevos 4×100 W-45

Nombre MM Ant. Pto.Serie Marca Pto. Cat. MMP Rec. Club
EQUIPO 3 1.14.80 1 MMP RC

 

 

 

 

 

 

CAMPIONATO DE GALICIA 5Km en Ruta.

O Concello de  Curtis acolleu o Sábado día 02 de Xullo, a celebración do Campionato de Galicia Absoluto de 5km en Ruta das categorías Xuvenil, Junior, Promesa e Veterán, que se disputou sobre un circuíto urbano de 2,5 km homologado pola RFEA.

Disputábase simultáneamente á Carreira Popular de Curtis 2016 incluída no IV Circuito de Carreiras Populares Deputación da Coruña.

Hata alí desprazouse Neme que despois dunha durísima carreira, proclamouse Subcampión Galego da súa categoría.

 

Nombre Dorsal Pto Tiempo Pto. Cat.
NEME 91 28 17.37 2

 

 

 

¡¡NORABOA A TOD@S E BENVID@S DE NOVO!!